Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Comarca de Viana
Comarca Viana
ProvinciaProvincia de Ourense
CapitalViana do Bolo
Área746,3 km²
Poboación5.916 hab. (2017)
ConcellosA Gudiña
A Mezquita
Viana do Bolo
Vilariño de Conso

Demografía

A comarca de Viana tiña 5.916 habitantes en 2017. É unha área de forte envellecemento, pois en 2014 o 37.14 % da poboación (2.363 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 444 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 6.98 %. En 2014 rexistrou 17 nacementos e 129 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -112. A idade media ascendía a 52,9 anos en 2014.

Posición Concello Habitantes Porcentaxe
Viana do Bolo 2.964 50.10 %
A Gudiña 1.360 22.99 %
A Mezquita 1.034 17.48 %
Vilariño de Conso 558 9.43 %
Total Comarca de Viana 5.916 -

Galería de imaxes

Comarca de Viana
ComarcaVianaOU

Concellos da comarca de Viana.

A Gudiña

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

A Mezquita

A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).

Bembibre, Viana do Bolo

Santo André de Bembibre é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2015 tiña 62 habitantes (35 homes e 27 mulleres).

O seu topónimo procede do galaico Paemeiobris, co significado de "oppidum entre ríos".

Caldesiños, Viana do Bolo

Santa Cristina de Caldesiños é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 69 habitantes, deles 28 eran homes e 41 eran mulleres.

Covelo, Viana do Bolo

San Lourenzo de Covelo é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 67 habitantes, deles 30 eran homes e 37 eran mulleres.

Lubián, Zamora

Lubián é un concello da provincia de Zamora, situado na zona das Portelas, na comarca da Seabra. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Aciveiros, Chaos, As Hedradas, Edroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Paradela, Viana do Bolo

San Pedro de Paradela é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 58 habitantes, deles 35 eran homes e 23 eran mulleres.

Penouta, Viana do Bolo

San Bartolomeu de Penouta é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 93 habitantes, deles 48 eran homes e 45 eran mulleres.

Pexeiros, Viana do Bolo

Santa María de Pexeiros é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 142 habitantes, deles 73 eran homes e 69 eran mulleres.

Pinza, Viana do Bolo

Santa María de Pinza é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 49 eran homes e 61 eran mulleres.

Punxeiro, Viana do Bolo

San Marcos de Punxeiro é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 75 habitantes, deles 37 eran homes e 38 eran mulleres.

Quintela de Hedroso, Viana do Bolo

San Cosmede de Quintela de Hedroso é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 24 eran homes e 17 eran mulleres.

Rubiais, Viana do Bolo

San Cibrao de Rubiais é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 60 habitantes, deles 27 eran homes e 33 eran mulleres.

San Mamede, Viana do Bolo

Santiago de San Mamede é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 54 habitantes, deles 28 eran homes e 26 eran mulleres.

Sever, Viana do Bolo

San Lourenzo de Sever é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 62 habitantes, deles 31 eran homes e 31 eran mulleres.

Viana do Bolo

Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.929 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».

Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.

Viana do Bolo, Viana do Bolo

Santa María de Viana do Bolo é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2009 tiña 1.453 habitantes, deles 688 eran homes e 765 eran mulleres, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano anterior, 2008.

Vilariño de Conso

Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña unha poboación de 535 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.

Vilaseco da Serra, Viana do Bolo

San Vicenzo de Vilaseco da Serra é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 30 habitantes, deles 16 eran homes e 14 eran mulleres.

Concellos da comarca de Viana
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.