Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Comarca de Verín
Comarca Verín
ProvinciaProvincia de Ourense
CapitalVerín
Área1.007,2 km²
Poboación27.555 hab. (2014)
ConcellosCastrelo do Val
Cualedro
Laza
Monterrei
Oímbra
Riós
Verín
Vilardevós

Demografía

Tiña en 2014 unha poboación de 27.555 habitantes, deles 13.823 son homes e 13.732 son mulleres.

Con 14.707 habitantes (INE 2012) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (52,03%). O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.653 habitantes (2012) ten o 37% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

A poboación estranxeira ascendía en 2014 a 2.458 habitantes. A idade media ascendía a 50,4 anos.

Censo total 2014 27.555 habitantes
Menores de 15 anos 2.670 (9.69 %)
Entre 15 e 64 anos 16.181 (58.72 %)
Maiores de 65 anos 8.704 (31.59 %)

Particularidades

Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Verín
ComarcaVerínOU

Concellos da comarca de Verín.

Comarca de Verín

undefined

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arzádegos, Vilardevós

Santa Baia de Arzádegos é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 300 habitantes (153 homes e 147 mulleres), 5 máis ca no ano anterior.

Camba, Laza

San Salvador de Camba é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Carraxo, Laza

San Bieito de Carraxo é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 56 habitantes (34 homes e 22 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 36 habitantes en relación ao ano 2000.

Castrelo do Val

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003).|O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é castrelexo.

Cerdedelo, Laza

Santa María de Cerdedelo é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.

Enxames, Vilardevós

San Xoán de Enxames é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 169 habitantes, deles 92 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Laza

Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).

Laza, Laza

San Xoán de Laza é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2009 tiña 591 habitantes (298 homes e 293 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano 2000.

Lucenza, Cualedro

Santa María de Lucenza é unha parroquia do concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 256 habitantes (130 homes e 126 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 52 habitantes en relación ao ano 2000.

Moialde, Vilardevós

Santa María de Moialde é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2016 según o INE tiña 85 habitantes, deles 45 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2006.

Monterrei

Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterreiés, montederrense ou montederreguense.

Osoño, Vilardevós

San Pedro de Osoño é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 308 habitantes, deles 140 eran homes e 168 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É a parroquia máis poboada do concello de Vilardevós.

Oímbra

Oímbra é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2020 habitantes (1991 en 2003).

Retorta, Laza

Santa María de Retorta é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 232 habitantes (106 homes e 105 mulleres) 21 menos ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Soutochao, Vilardevós

Santa María de Soutochao é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 152 habitantes (84 homes e 68 mulleres), un máis ca en 2006.

Terroso, Vilardevós

Santa Cruz do Terroso é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 250 habitantes (133 homes e 117 mulleres), tres menos ca en 2006. Ten dúas entidades de poboación.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vilardevós

Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilarexo ou vilarense .

Vilardevós, Vilardevós

San Miguel de Vilardevós é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 265 habitantes, deles 124 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Concellos da comarca de Verín
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.