Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Comarca de Valdeorras
Comarca Valdeorras
ProvinciaProvincia de Ourense
CapitalO Barco de Valdeorras
Área969,2 km²
Poboación27.000 hab. (2014)
ConcellosO Barco de Valdeorras
O Bolo
Carballeda de Valdeorras
Larouco
Petín
A Rúa
Rubiá
A Veiga
Vilamartín de Valdeorras
Xentiliciovaldeorrés/valdeorresa

Xeografía

O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais. O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del, os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio. O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil. Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca.

Poboación da Comarca de Valdeorras
Concello    2014
O Barco de Valdeorras 13.899
O Bolo   1.013
Carballeda de Valdeorras   1.697
Larouco      544
Petín   961
A Rúa   4.634
Rubiá   1.494
A Veiga   965
Vilamartín de Valdeorras   1.793
TOTAL  27.000
Fonte: IGE
Censo total 2014 27.000 habitantes
Menores de 15 anos 2.931 (10.85 %)
Entre 15 e 64 anos 16.780 (62.15 %)
Maiores de 65 anos 7.289 (27 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Valdeorras
Comarca de Valdeorras
DO Valdeorras

Viño de denominación de orixe Valdeorras. Na comarca de Valdeorras, e en concreto nas ribeiras do río Sil, o cultivo da vide é unha das principais actividades económicas.

ComarcaValdeorrasOU

Concellos da comarca.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Docampo Paradelo, Gustavo e Picouto, Millán (1992). O Barco e a terra de Valdeorras. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-87674-23-5.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Rúa

A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».

A Veiga

A Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 907 habitantes (459 homes e 448 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «veiguense».

Alixo, O Barco de Valdeorras

San Martiño de Alixo é unha parroquia que se localiza no leste do concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 96 habitantes (50 mulleres e 46 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 67 habitantes, sendo 30 homes e 37 mulleres.

Candeda, Carballeda de Valdeorras

San Bernabeu de Candeda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 29 habitantes (17 homes e 12 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 46 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 24 habitantes, sendo 14 homes e 10 mulleres.

Carballeda, Carballeda de Valdeorras

San Vicenzo de Carballeda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 96 habitantes (50 mulleres e 56 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 64 habitantes, sendo 28 homes e 36 mulleres.

Carballeda de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego ou valdeorrés.

Curra, A Veiga

San Miguel de Curra é unha parroquia que se localiza no concello ourensán da Veiga na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2010 tiña 8 habitantes (3 mulleres e 5 homes) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 9 habitantes.

Freixido, Petín

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Petín na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (27 homes e 35 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Larouco.

Galería de imaxes da comarca de Valdeorras

Galería de imaxes da comarca de Valdeorras.

A comarca de Valdeorras comprende os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

Godello

Godello é unha variedade galega de vide de uva branca. Dáse na ribeira do río Sil, principalmente na provincia de Ourense, pero é na comarca de Valdeorras onde o Godello alcanza o seu máximo esplendor[Cómpre referencia].

Larouco

Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

O Bolo, O Bolo

Santa María do Bolo é unha parroquia que se localiza no centro do concello ourensán do Bolo na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 167 habitantes (85 homes e 82 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 151 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 165 habitantes, sendo 85 homes e 80 mulleres.

Petín

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2014 era de 961 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Prada, A Veiga

Santo André de Prada é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga, comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2010 tiña 32 habitantes (18 mulleres e 14 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes; isto supón que nunha década esta pequena parroquia perdeu o 44,77% da súa poboación.

Rubiá

Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rubiao».

Tuxe, O Bolo

San Pedro de Tuxe é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Bolo na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2009 tiña 49 habitantes (29 mulleres e 20 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes.

Vilamartín de Valdeorras

Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 1.793 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».

Concellos da comarca de Valdeorras
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.