Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Comarca de Santiago
Comarca Santiago
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalSantiago de Compostela
Área689 km²
Poboación166.692 hab. (2017)
ConcellosAmes
Boqueixón
Brión
Santiago de Compostela
Teo
Val do Dubra
Vedra

Datos da comarca

  • Extensión: 688,8 km²
  • Poboación (2014): 165.083 habitantes
  • Temperatura máxima (media anual): 18,2 °C
  • Temperatura mínima (media anual): 6,7 °C
  • Precipitacións (media anual): 2.178 mm³

Situación

No sur da provincia da Coruña, linda polo norte coa comarca de Ordes, polo oeste coas de Xallas, A Barcala e Noia, polo sur coas do Sar e Tabeirós - Terra de Montes, e polo leste coas de Arzúa e Deza.

Situada no sector centro-occidental de Galicia, a comarca de Santiago presenta un relevo de formas suaves e onduladas, lixeiramente incididas polos numerosos ríos que a sucan. O río Tambre percorre o norte, establecendo o límite coas comarcas de Ordes e A Barcala; e, tras recibir as augas do seu afluente o Dubra, o seu curso vai encaixado polas terras de Ames e Brión, onde é represado no encoro Barrié de la Maza.

Polo sur o río Ulla, límite natural entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, percorre un fértil val para encaixarse profundamente na Ponte Ulla, ao pé do Pico Sacro. Tamén fértil é o val de Amahía, que se estende polo concello de Ames e é percorrido polo río Sar que, xunto co Sarela rega as terras de Santiago. Augas abaixo, xa fóra da comarca, o Sar achega o seu caudal ao Ulla. A abundancia de cursos fluviais e o clima chuvioso durante o outono e inverno favorece unha vexetación frondosa e sempre verde que caracteriza a paisaxe desta comarca.

Acceso á comarca

Pola súa localización xeográfica a comarca conta con varias comunicacións. Ademais do aeroporto internacional de Lavacolla, Santiago é o centro dunha importante rede de vías de comunicación tanto por estrada como por ferrocarril que a achegan a todas as cidades galegas e a comunican co exterior. As principais vías son:

Estrada

Ferrocarril

Distancias aproximadas

  • Ames: dende A Coruña 85,3 km, dende Lugo 113,5 km, dende Ourense 107,2 km, dende Pontevedra 59,4 km.
  • Boqueixón: dende A Coruña 79,4 km, dende Lugo 98,9 km, dende Ourense 92,4 km, dende Pontevedra 73,5 km.
  • Brión: dende A Coruña 89 km, dende Lugo 117,2 km, dende Ourense 111 km, dende Pontevedra 58,8 km.
  • Santiago de Compostela: dende A Coruña 72,8 km, dende Lugo 101,4 km, dende Ourense 98,6 km, dende Pontevedra 62,2 km.
  • Teo: dende A Coruña 86,6 km, dende Lugo 114,8 km, dende Ourense 100,3 km, dende Pontevedra 54,41 km.
  • Val do Dubra: dende A Coruña 55 km, dende Lugo 131 km, dende Ourense 122,5 km, dende Pontevedra 82,2 km.
  • Vedra: dende A Coruña 84,9 km, dende Lugo 113,1 km, dende Ourense 94,7 km, dende Pontevedra 57,8 km.

Demografía

Censo total 2014 165.083 habitantes
Menores de 15 anos 24.007 (14.54 %)
Entre 15 e 64 anos 110.867 (67.16 %)
Maiores de 65 anos 30.209 (18.3 %)

Historia

Como en boa parte do territorio galego, a presenza de diversos castros poñen de manifesto unha temperá ocupación humana da comarca, que se remonta cando menos á Idade de Ferro. Un bo exemplo disto constitúeo o castro romanizado de Francos, no concello de Teo, así coma outros diseminados polo Val do Dubra.

A historia da comarca gravita en torno ao xurdimento da cidade de Santiago, na que o factor relixioso foi determinante. Ó redor do ano 813 descóbrese o sepulcro do Apóstolo Santiago e o bispo Teodomiro traslada a sé episcopal de Iria a Compostela. Durante os séculos XI e XII este núcleo inicial consolídase e experimenta unha etapa de forte expansión urbana.

A comarca

Declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, a riqueza histórica e monumental da cidade de Santiago, vinculada ás peregrinacións ou rutas xacobeas dende o medievo, convértena nun dos principais destinos turísticos da Comunidade galega, especialmente nos que se celebra o Ano Santo (cando o 25 de xullo coincide en domingo).

Fóra de Santiago, os ríos que percorren a comarca orixinan paraxes naturais, como as formadas polo río Ulla en Ponte Ledesma, no concello de Boqueixón, onde se ergue tamén o singular Pico Sacro. Para descubrir este concello pódese realizar algunha das rutas de sendeirismo que percorren as súas parroquias e os máis de 60 muíños dispersados polos numerosos regatos que o sucan.

Seguindo o curso do Ulla augas abaixo diríxese ao concello de Vedra polo Paso da Cova, nas inmediacións da Ponte Ulla, e continúa por Teo con interesantes paraxes como o seu paso baixo a ponte de Pontevea, obra dos séculos XIV e XV, o Coto de Couso, lugar de pesca do salmón ou da troita, ou a ponte colgante do Xirimbao. A fertilidade e microclima deste val favoreceu o xurdimento de casas e pazos, entre os que destaca o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, do que se pode visitar os seus frondosos xardíns, con exemplares centenarios entre os que destaca un amplo paseo de oliveiras.

Á outra banda da comarca, o río Sar percorre o concello de Ames pasando pola súa capital, Bertamiráns, e o lugar de Ponte Maceira, situado ao norte, sobre o curso do río Tambre e a Ruta de Riamonte, en torno ás ribeiras deste río. Nas súas inmediacións o concello de Brión, de grande tradición ecuestre, atópanse as ruínas das Torres de Altamira, o concorrido e venerado santuario de Santa Minia, os pazos de Armental, Armesto e Trasouteiro, ou a igrexa de Bastavales, cuxas campás son protagonistas duns versos de Rosalía de Castro.

Polo norte, o río Tambre, recibe as augas do río Dubra, orixinando tamén recunchos fluviais no concello de Val do Dubra, por onde se pode realizar varias rutas de sendeirismo, para continuar despois polo norte dos concellos de Ames (Praia fluvial de Tapia e Ponte Maceira) e Brión, onde é represado no encoro Barrié de la Maza.

Entre as numerosas festas que teñen lugar na comarca, hai que resaltar de xeito especial a celebración de Santiago Apóstolo, que ten como acto principal a queima da “fachada” do Obradoiro feita de fogos artificiais o 24 de xullo, e ao día seguinte a ofrenda ao Apóstolo. De grande tradición e moi popular é a celebración do Entroido no concello de Teo, onde ao igual que en todo o val do Ulla ten lugar o peculiar ”Entroido dos Xenerais”, que consiste nunha tropa montada a cabalo e presidida por xenerais, que pasean por aldeas e vilas facendo paradas ante as vivendas dos veciños, os que lles corresponden con donativos para a festa.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca de Santiago.
Comarca de Santiago
Ames

Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».

Bastavales, Brión

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 338 habitantes (618 homes e 720 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Biduído, Ames

Santa María de Biduído é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,8 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 13.722 habitantes (6606 homes e 7116 mulleres). A parroquia ten 16 entidades de poboación, sendo O Milladoiro a máis habitada.

Boqueixón

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.

Boqueixón, Boqueixón

San Vicente de Boqueixón é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 296 habitantes (138 homes e 158 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Bugallido, Ames

San Pedro de Bugallido é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 8,04 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.557 habitantes (750 homes e 807 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.307 habitantes.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Donas, Boqueixón

San Pedro de Donas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 16 habitantes (6 homes e 10 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 22 habitantes.

Gastrar, Boqueixón

Santa Mariña de Gastrar é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 112 habitantes (52 homes e 60 mulleres), 18 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Lamas, Boqueixón

Santa María de Lamas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 299 habitantes (148 homes e 151 mulleres) distribuídos en 42 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 85 habitantes.

Loureda, Boqueixón

San Pedro de Loureda é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 226 habitantes (122 homes e 104 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 254 habitantes.

Oural, Boqueixón

Santa María de Oural é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (218 homes e 217 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 646 habitantes.

Pousada, Boqueixón

San Lourenzo de Pousada é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 223 habitantes (107 homes e 116 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 56 habitantes.

Sergude, Boqueixón

San Breixo de Sergude é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 816 habitantes (399 homes e 417 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 923 habitantes.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Val do Dubra

Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Vigo, Boqueixón

Santa Baia de Vigo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 150 habitantes (76 homes e 74 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes.

Concellos da comarca de Santiago
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.