Comarca de Pontevedra

A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade (fusionado co concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2012 tiña 124.094 habitantes.

Concello Nº de
parroquias
Barro 6
Campo Lameiro 6
Cotobade 13
A Lama 10
Poio 5
Ponte Caldelas 9
Pontevedra 19
Vilaboa 5
Total 73
Comarca de Pontevedra
Comarca Pontevedra
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalPontevedra
Área624 km²
Poboación124.094 hab. (2014)
ConcellosBarro
Campo Lameiro
Cotobade
A Lama
Poio
Ponte Caldelas
Pontevedra
Vilaboa

Demografía

Pontevedra alcaldes
     PSdeG      PPdeG      BNG
Censo total 2014 124.094 habitantes
Menores de 15 anos 18.179 (14.65 %)
Entre 15 e 64 anos 81.312 (65.52 %)
Maiores de 65 anos 24.603 (19.83 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Pontevedra
Comarca de Pontevedra

Localización da comarca.

Pontevedra County in Pontevedra Province-gl

Municipios e localización da comarca na provincia.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Lama

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

Agudelo, Barro

San Martiño de Agudelo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Barro na comarca de Pontevedra. Segundo INE de 2016 tiña 453 habitantes (234 mulleres e 219 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha perda en relación ao ano 2004 cando tiña 464 habitantes.

Barro

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso . Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Campo

O termo campo pode referirse a:

En agricultura, unha leira ou agro, terreo que se cultiva;

En física, un campo de influencia dun sistema físico;

En heráldica, o campo dun escudo;

En deporte, o campo é o terreo de xogo.Amais, como topónimo pode referirse a:

Campo Lameiro, concello da comarca de Pontevedra;

Campo, parroquia do concello de Arzúa;

Campo, parroquia do concello de Covelo;

Campo, parroquia do concello do Irixo;

Campo, parroquia do concello de Taboada;

Campo, parroquia do concello de Trazo;

O Campo, parroquia do concello de Campo Lameiro;

O Campo, parroquia do concello de Marín;

Campo Redondo, parroquia do concello de Ribadavia;

San Miguel do Campo, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín;

San Xoán do Campo, parroquia do concello de Lugo;

Campo, lugar da parroquia de Dorra, no concello de Antas de Ulla;

Campo, lugar da parroquia da Veiga, no concello de Celanova;

Campo, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis;

Campo, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín;

O Campo, lugar da parroquia de Abeledo, no concello de Abadín;

O Campo, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín;

O Campo, lugar da parroquia de Quende, no concello de Abadín;

O Campo, lugar da parroquia de Arteixo, no concello de Arteixo;

O Campo, lugar da parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo;

O Campo, lugar da parroquia de Sorrizo, no concello de Arteixo;

O Campo, lugar da parroquia do Barro, no concello da Baña;

O Campo, lugar da parroquia de Santalla de Pena, no concello de Begonte;

O Campo, lugar da parroquia de Virís, no concello de Begonte;

O Campo, lugar da parroquia de Sorga, no concello da Bola;

O Campo, lugar da parroquia de Soutomel, no concello da Bola;

O Campo, lugar da parroquia do Barón, no concello do Carballiño;

O Campo, lugar da parroquia de Ponte Veiga, no concello do Carballiño;

O Campo, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo;

O Campo, lugar da parroquia de Berdillo, no concello de Carballo;

O Campo, lugar da parroquia de Entrecruces, no concello de Carballo;

O Campo, lugar da parroquia de Noicela, no concello de Carballo;

O Campo, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

O Campo, lugar da parroquia de Santa Tegra de Abeleda, no concello de Castro Caldelas;

O Campo, lugar da parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde;

O Campo, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada;

O Campo, lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cerdedo-Cotobade;

O Campo, lugar da parroquia de Meavía, no concello de Forcarei;

O Campo, lugar da parroquia de Trasparga, no concello de Guitiriz;

O Campo, lugar da parroquia de Donsión, no concello de Lalín;

O Campo, lugar da parroquia de Gresande, no concello de Lalín;

O Campo, lugar da parroquia de Torás, no concello da Laracha;

O Campo, lugar da parroquia de Asadur, no concello de Maceda;

O Campo, lugar da parroquia de Mogor, no concello de Mañón;

O Campo, lugar da parroquia da Mezquita, no concello da Merca;

O Campo, lugar da parroquia de Vilachá, no concello de Monfero;

O Campo, lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme, no concello das Neves;

O Campo, lugar da parroquia de Burgueira, no concello de Oia;

O Campo, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras;

O Campo, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón;

O Campo, lugar da parroquia de Fornelas, no concello da Pobra do Brollón;

O Campo, lugar da parroquia de Veiga, no concello da Pobra do Brollón;

O Campo, lugar da parroquia de Ribadeume, no concello das Pontes de García Rodríguez;

O Campo, lugar da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son;

O Campo, lugar da parroquia de Negreiros, no concello de Silleda;

O Campo, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Silleda;

O Campo, lugar da parroquia de Siador, no concello de Silleda;

O Campo, lugar da parroquia de Pinol, no concello de Sober;

O Campo, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

O Campo, lugar da parroquia de Cabanas, no concello do Vicedo;

O Campo, lugar da parroquia de Loño, no concello de Vila de Cruces;

O Campo, lugar da parroquia de Vilamateo do concello de Vilarmaior;

O Campo, lugar da parroquia de Bamiro do concello de Vimianzo;

O Campo, lugar da parroquia de Candamil, no concello de Xermade;

O Campo, lugar da parroquia de Roupar, no concello de Xermade;

O Campo da Barrosa, lugar da parroquia de Ladra, no concello de Vilalba;

O Campo da Costa, lugar da parroquia de Caión, no concello da Laracha;

O Campo da Cova, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez;

Campo da Cruz, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Cedeira;

Campo da Cruz, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada;

O Campo da Cruz, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de San Amaro;

O Campo da Eirexe, lugar da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada;

O Campo da Ferreira, lugar da parroquia de Valongo, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Campo da Igrexa, lugar da parroquia dos Casás, no concello de Cerdido;

O Campo da Lanza, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Boimorto;

O Campo da Pena, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba;

O Campo da Porta, lugar da parroquia de Lendo, no concello da Laracha;

O Campo da Ran, lugar da parroquia de Erboedo, no concello da Laracha;

Campo das Mantas, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada;

O Campo das Ratas, lugar da parroquia de Castro, no concello de Narón;

O Campo das Ratas, lugar da parroquia de Trasancos, no concello de Narón;

O Campo das Rodas, lugar da parroquia do Obre, no concello de Noia;

Campo de Árbore, lugar da parroquia de Cascallá, no concello de Becerreá;

Campo de Arriba, lugar da parroquia de Saavedra, no concello de Begonte;

Campo de Arriba, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo;

O Campo de Berdeogas, lugar da parroquia de Berdeogas, no concello de Dumbría;

Campo de Cortes, lugar da parroquia de Muros, no concello de Muros;

Campo de Cosme, lugar da parroquia de Nogueirosa, no concello de Pontedeume;

Campo de Leis, lugar da parroquia de Lubre, no concello de Bergondo;

O Campo de Medado, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha;

Campo de Muro, lugar da parroquia de Rubián, no concello de Bóveda;

O Campo de Noia, lugar da parroquia de Boa, no concello de Noia;

O Campo de Patas, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no concello de Porto do Son;

O Campo de San Pedro, lugar da parroquia de Cances, no concello de Carballo;

Campo de Sar, lugar da parroquia de Soñeiro, no concello de Sada;

Campo de Veiga, lugar da parroquia de Veiga, no concello da Bola;

Campo do Chao, lugar da parroquia de Agüela, no concello de Antas de Ulla;

O Campo do Hospital, lugar da parroquia de Montoxo, no concello de Cedeira;

O Campo do Monte, lugar da parroquia da Montouto, no concello de Abegondo;

O Campo do Monte, lugar da parroquia da Pedra, no concello de Cariño;

O Campo do Mouro, lugar da parroquia de Mouriscados, no concello de Mondariz;

O Campo do Ollo, lugar da parroquia dos Dormeá, no concello de Boimorto;

O Campo do Prado, lugar da parroquia de Nebra, no concello de Porto do Son;

O Campo do Souto, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira;

Campo Galán, lugar da parroquia de Lubre, no concello de Bergondo;

Campo Labrado, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño;

O Campo Verde, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz;Fóra de Galicia

Campo, concello da provincia de Huesca.

Campo Lameiro

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo (fusionado co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada e Forcarei. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.

Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Cangas. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Comarcas de Galicia

En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra.

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Covelo, A Lama

San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.

Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".

como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño,, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

Galería de imaxes da comarca de Pontevedra

Galería de imaxes da comarca de Pontevedra.

A comarca de Pontevedra comprende os concellos de Barro, Campo Lameiro, Concello de Cotobade (fusionado co Concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

Galería de imaxes de Pontevedra

Imaxes do concello de Pontevedra na provincia de Pontevedra.

Paredes, Vilaboa, Vilaboa

Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2015 tiña 631 habitantes (314 homes e 317 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela. De feito até a década de 1950 houbo no lugar un paso a nivel.

A carón deste lugar atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Concellos da comarca de Pontevedra
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.