Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal[1] é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Comarca do Ortegal
Comarca Ortegal
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalOrtigueira
Área392,1 km²
Poboación12.942 hab. (2014)
ConcellosCariño
Cerdido
Mañón
Ortigueira

Demografía

Censo total 2014 12.942 habitantes
Menores de 15 anos 962 (7.43 %)
Entre 15 e 64 anos 7.392 (57.12 %)
Maiores de 65 anos 4.588 (35.45 %)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca do Ortegal.
Comarca do Ortegal
De Ortegal a Bares, Galiza

De Ortegal a Bares.

Notas

  1. Decreto 65/97 do 20 de febreiro
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cantís de Loiba

Os cantís de Loiba son uns cantís singulares de interese turístico da costa galega que se encontran na parroquia de Loiba, no municipio de Ortigueira, provincia da Coruña.

Comarcas de Galicia

En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra.

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.