Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.[1]

Comarca de Fisterra
Comarca Fisterra
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalFisterra
Área339,8 km²
Poboación22.461 hab. (2014)
ConcellosCee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Muxía

Demografía

Censo total 2014 22.461 habitantes
Menores de 15 anos 2.474 (11.01 %)
Entre 15 e 64 anos 14.171 (63.09 %)
Maiores de 65 anos 5.816 (25.89 %)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca de Fisterra.
Comarca de Fisterra
Concellos da Comarca de Fisterra

Concellos da comarca de Fisterra.

Notas

  1. Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. p. 77. ISBN 978-84-9914-163-3.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Ameixenda, Cee

Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 526 habitantes (275 mulleres e 251 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.

A Pereiriña, Cee

San Xián da Pereiriña é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 811 habitantes (414 homes e 397 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 862 habitantes (439 homes e 423 mulleres). En 1999 tiña 907 habitantes.

É unha parroquia predominantemente agrícola e forestal. Está atravesada pola ruta seguida polos peregrinos que tras facer o camiño de Santiago se achegan a Fisterra.

No alto de San Pedro consérvase unha pequena capela, cunha fonte preto dela.

Bardullas, Muxía

San Xoán de Bardullas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 109 habitantes (63 mulleres e 46 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 147 habitantes, e 1999 cando tiña 150 habitantes.

Brens, Cee

Santa Baia de Brens é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 967 habitantes (522 mulleres e 445 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1137 habitantes, e 1999 cando tiña 1212 habitantes.

Na parroquia está a fábrica de carburos de Brens, da empresa FerroAtlántica.

Caberta, Muxía

San Fins de Caberta é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Cee, Cee

Santa María de Cee é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 4.411 habitantes (2.321 mulleres e 2.090 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación aos anos 2004, cando tiña 3.641 habitantes, e 1999 cando tiña 3412 habitantes.

Comarca do Xallas

A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391 km² e no 2014 tiña 14.008 habitantes. Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Coucieiro, Muxía

San Pedro de Coucieiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 392 habitantes (197 homes e 195 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Fisterra

Fisterra (do latín finis terrae 'fin da terra') é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».

Frixe, Muxía

Santa Locacia de Frixe é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 214 habitantes (114 mulleres e 100 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 264 habitantes, e 1999 cando tiña 315 habitantes.

Leis de Nemancos, Muxía

San Pedro de Leis de Nemancos é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en 2009 tiña 110 habitantes (58 mulleres e 52 homes), cinco menos ca en 2004 e 18 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Muxía

Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».

Nemiña, Muxía

San Cristovo de Nemiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o INE en 2009 tiña 129 habitantes (65 mulleres e 64 homes) distribuídos en 4 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 141 habitantes, e 1999 cando tiña 154 habitantes.

Salgueiros, Dumbría

San Mamede de Salgueiros é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Dumbría na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 269 habitantes (143 mulleres e 126 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Santiso de Vuiturón, Muxía

Santiso de Vuiturón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 59 habitantes (33 mulleres e 26 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 73 habitantes, e 1999 cando tiña 83 habitantes.

Vilastose, Muxía

San Cibrán de Vilastose é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE de 2013 tiña 364 habitantes (183mulleres e 181 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 435 habitantes, e 1999 cando tiña 496 habitantes.

Concellos da comarca de Fisterra
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.