Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Comarca de Ferrol
Comarca Ferrol
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalFerrol
Área623,5 km²
Poboación159.422 hab. (2014)
ConcellosAres
Cedeira
Fene
Ferrol
Moeche
Mugardos
Narón
Neda
San Sadurniño
As Somozas
Valdoviño
Concellos da Comarca de Ferrol
Concellos da comarca de Ferrol:
1. Ares
2. Cedeira
3. Fene
4. Ferrol
5. Moeche
6. Mugardos
7. Narón
8. Neda
9. San Sadurniño
10. As Somozas
11. Valdoviño

Descrición

A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:

  • Ferrolterra, integrada por Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda, mira cara a ría de Ferrol; os concellos están moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977.
  • Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas.
  • A terceira consiste en Cedeira.

En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de mallor importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Demografía

Censo total 2014 159.422 habitantes
Menores de 15 anos 19.444 (12.19 %)
Entre 15 e 64 anos 100.688 (63.16 %)
Maiores de 65 anos 39.290 (24.64 %)

Concellos

Pertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol
Concellos da Comarca de Ferrol

Concellos da comarca de Ferrol.

Comarca de Ferrol

undefined

Véxase tamén

Bibliografía

Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1986. Catalogación arqueolóxica da Ría de Ferrol. Sada, Museo Arqueolóxico Provincial - Concello de A Coruña (Monografía urxentes do Museu, 2).

Ligazóns externas

Abade, Moeche

Santiago de Abade é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 282 habitantes (145 mulleres e 137 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Ares

Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes (2845 homes e 2896 mulleres)(en 2012 5839, 5673 no 2009, 5405 no 2006, 5301 no 2005, 5265 no 2004, 5188 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «aresán».

As Somozas

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

As Somozas, As Somozas

Santiago Seré das Somozas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 638 habitantes (304 mulleres e 334 homes) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 644 habitantes.

Cedeira, Cedeira

Santa María do Mar de Cedeira é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 4824 habitantes (2408 mulleres e 2416 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 4998 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Cervo, Cedeira

Santalla de Cervo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Esteiro, Cedeira

San Fiz de Esteiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 562 habitantes (284 homes e 278 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 588 habitantes.

Moeche

Moeche é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 1.226 habitantes (1.401 no 2010, 1.437 no 2006, 1.469 no 2005, 1.461 no 2004, 1.478 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é modestino.

Montoxo, Cedeira

San Xiao de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 504 habitantes.

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

Piñeiro, Cedeira

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.

Régoa, Cedeira

Santa María de Régoa é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 398 habitantes (201 homes e 197 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 442 habitantes.

San Román de Montoxo, Cedeira

San Román de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 447 habitantes (226 homes e 221 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 489 habitantes.

San Sadurniño

San Sadurniño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 tiña 3.019 habitantes (3.098 no 2010, 3.182 no 2006, 3.179 no 2005, 3.229 no 2004, 3.272 en 2003).

Serantes, Ferrol

San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.901 habitantes (961 mulleres e 940 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.066 habitantes.

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Vilaboa, Valdoviño

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Viladonelle, Neda

Santo André de Viladonelle é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Neda na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 106 habitantes (50 homes e 56 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Concellos da comarca de Ferrol
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.