Comarca de Deza

A comarca de Deza[1] é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Comarca de Deza
Comarca Deza
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área1.026,8 km²
Poboación41.412 hab. (2014)
ConcellosAgolada
Dozón
Lalín
Rodeiro
Silleda
Vila de Cruces
Deza alcaldes
     PSdeG      PPdeG      CxG

Xeografía

Fervenzas do Toxa Silleda
Fervenzas do río Toxa.

A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.

Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros etc.

Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos a comarca do sur ao norte. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa que baixa desde o Candán e na súa caída ao Deza forma unha das máis significativas fervenzas de Galicia (fervenza do Toxa).

Historia

Carta geométrica de Galicia 1834 facsímil 1974 hoja 11
Carta xeométrica de Galicia co topónimo Tierra de Deza

Os límites do Deza só experimentaron cambios insignificantes ao longo dos séculos e xa antes do século VI tiveron unha densidade de poboación relativamente alta.

Pouco ten chegado aos nosos días dos séculos da Alta Idade Media, nos que se sucederon os gobernos dos suevos, os visigodos e nos últimos momentos destes tempos foi gobernado por diversos nobres no nome do rei, ata que no ano 1165 Fernando II doou as terras á Igrexa de Santiago como ofrenda ao Apóstolo Santiago. Porén a maioría das parroquias seguiron a depender da sé lucense, dependencia herdada dende tempos dos romanos.

Seis freguesías da comarca son mencionadas no testamento do bispo Odoario como repoboadas por el a mediados do século VIII.

Monastery of Carboeiro
Mosteiro de Carboeiro.

Entre os séculos X a XII os vales da confluencia dos ríos Ulla e Deza acollen a unha numerosa poboación ermitá e monástica. Por varias fontes téñense testemuñas da existencia de mosteiros e cenobios nos lugares de: Picosacro, San Xoán da Cova, Ledesma, San Xusto de Cornado, Brandaríz, Piloño, Alcobre, Camanzo, Oirós, San Martín do Hermo (Losón), Madriñán, Ansemil...

Nesta especie de Ribeira Sacra do Ulla foi onde floreceu o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, aló polo ano 936.

Etimoloxía

Existen as etimoloxías populares que lle atribúen o nome da comarca a Dhais, fillo de Brigo ou ao xeneral romano Décimo Xunio Bruto, que iniciou a incorporación da Gallaecia ao Imperio Romano a mediados do século II a.C. Pode que veña do substantivo latino decius, que significa 'dono de terras'.

Cultura

Terra de gran tradición musical, nesta comarca formáronse preto de trinta bandas de música, a maioría no século XIX, aínda que na actualidade só se atopan en activo nove agrupacións.

Demografía da comarca

A comarca do Deza contaba en 2014 con 41.412 habitantes.

Censo total 2014 41.412 habitantes
Menores de 15 anos 4.327 (10.45 %)
Entre 15 e 64 anos 25.517 (61.62 %)
Maiores de 65 anos 11.568 (27.93 %)

As principais entidades poboacionais son:

Por concellos, Lalín é o máis poboado, seguido de Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e o menos poboado dos seis é Dozón.

Núcleo Poboación
Lalín 21.216
Silleda 9.248
Vila de Cruces 6.437
Rodeiro 3.092
Agolada 2.995
Dozón 1.781
Total 44.769

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Deza
Comarca do Deza

Comarca de Deza.

Concellos da Comarca do Deza

Concellos da comarca de Deza.

Deza County in Pontevedra Province-gl

Municipios e localización da comarca na provincia de Pontevedra.

Notas

  1. Decreto 65/1997 do 20 de febreiro

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vázquez Crespo, Armando e González Alén, Daniel (1989). A Comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-89690-21-9.
A Carballeira, Cira, Silleda

A Carballeira é un lugar dentro da parroquia de Cira no concello de Silleda, provincia de Pontevedra na comarca de Deza. No ano 2007 non tiña ningún habitante.

Asociación Cultural O Naranxo

A Asociación Cultural O Naranxo é unha asociación cultural creada en Lalín en 1986.

Os seus fin son a recuperación da cultura popular, a defensa do patrimonio histórico e natural, o impulso e apoio a novos creadores e a cobertura e apoio a iniciativas culturais novidosas na Comarca de Deza.

Entre as súas actividades destaca a organización do Entroido, o San Xoán, o Magosto e a Alagarabía.

Da súa preocupación pola recuperación do patrimonio histórico e cultural nacen as publicacións:

Guía dos Castros de Lalín de Carmen Buxán, 1989.

Razón. Periódico independiente (edición facsímile), 1998.

O Naranxo de Ramón de Valenzuela, 2002.

Comarcas de Galicia

En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.

Daniel González Alén

Daniel González Alén, nado en Lalín o 14 de agosto de 1951, é un escritor e investigador galego.

Fernando Rodríguez García

Fernando Rodríguez García, nado en Costoia (Silleda) o 19 de agosto de 1963, é un escultor e pintor galego. As súas obras, tanto pictóricas como escultóricas, están marcadas por un carácter minimalista mesturado coa longa tradición dos canteiros de Pontevedra. Así mesmo, tamén se aprecia a súa sensibilidade pola natureza, sobre todo polo seu contorno, a comarca de Deza, onde naceu e onde vive.

Galería de imaxes da comarca de Deza

Galería de imaxes da comarca do Deza.

A comarca do Deza comprende os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Graba, Silleda

Santa María de Graba é unha parroquia do concello de Silleda na comarca de Deza provincia de Pontevedra. Situase no Val do río Toxa, o seu topónimo procede das minas usadas na zona desde a romanización de Galicia para extraer varios materiais, entre eles a grava[Cómpre referencia]. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 246 habitantes (122 homes e 124 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación.

Luis Blanco López

Luis Blanco López, nado en Xixón en 1918 e finado en Pontevedra o 3 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.

Luís Frade

Luís Frade Pazos, nado en Bendoiro (Lalín) o 10 de decembro de 1894 e falecido en Tenorio o 9 de novembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Manuel Igrexas

Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.

Miguel Nicolás Esperante

Miguel Nicolás Esperante, coñecido como Corcheiro, nado en Taragoña (Rianxo) o 29 de marzo de 1915 e falecido en Siador (Silleda) o 9 de abril de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro

O mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é unha das obras arquitectónicas do románico serodio, de transición ao gótico, máis destacables de Galicia. Trátase dun mosteiro beneditino fundado no século X e que viviu os seus momentos de maior esplendor entre os séculos XI e XIII do que se conserva en moi bo estado a súa igrexa e algúns dos departamentos monacais, grazas aos traballos de restauración e recuperación realizados a partir da segunda metade do século XX.

Roberto Vilameá

Roberto Vilameá Ponte, nado na Estrada, é un político galego do BNG.

Santa Mariña, Graba, Silleda

Santa Mariña é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o IGE no 2016 tiña 37 habitantes (18 homes e 19 mulleres) o que supón a diminución no número de habitantes con respecto a 2010 cando contaba con 39.

Sino, Ponte, Silleda

Sino é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda (Comarca de Deza). Tiña 31 habitantes no ano 2017 segundo datos do IGE dos cales eran 17 homes e 14 mulleres. Isto supón un descenso no número de habitantes con respecto ao ano 2000. Baixo este nome queda englobado tamén o núcleo poboacional da Aldea de Riba.

Vilar, Graba, Silleda

Vilar é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o IGE do 2010 tiña 15 habitantes dos que 3 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón a perda de habitantes con respecto a 2008 cando había 6 homes e 12 mulleres.

Xestoso, Silleda

Santa María de Xestoso é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 61 habitantes (35 mulleres e 26 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 79 habitantes.

No límite da parroquia cos concellos de Forcarei e A Estrada están situadas as Brañas de Xestoso, espazo natural protexido.

Xulio Carballo Arceo

Luís Xulio Carballo Arceo, nado en Silleda en 1955, é un arqueólogo galego.

Bandas de música da comarca do Deza (Pontevedra)
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.