Comarca de Chantada

A comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.

Comarca de Chantada
Comarca Chantada
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalChantada
Área462,3 km²
Poboación14.055 hab. (2014)
ConcellosCarballedo
Chantada
Taboada

Demografía

Censo total 2014 14.055 habitantes
Menores de 15 anos 1.194 (8.5 %)
Entre 15 e 64 anos 8.008 (56.98 %)
Maiores de 65 anos 4.853 (34.53 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Chantada
Concellos da Comarca de Chantada

Concellos da comarca de Chantada.

Comarca de Chantada

undefined

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cova, Carballedo

San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE.

Ningún dos lugares da parroquia leva o nome de A Cova.

As entidades de poboación (Nomenclátor) Cima de Vila, Fondo de Vila, A Vila, O Mallo, San Cristovo, A Carballeira son todas elas casas arredor de Papelle.

A Grade, Chantada

San Vicente da Grade é unha parroquia do concello lugués de Chantada na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 79 habitantes. Segundo o INE en 2017 eran 57 habitantes, 32 mulleres e 25 homes.

Aguada, Carballedo

Santa Baia de Aguada é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 324 habitantes (163 homes e 161 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes. En 2016 Tiña 263 habitantes, 124 mulleres e 139 homes, segundo o INE.

A xente da comarca acostuma dicir A Aguada, con artigo.

Carballedo

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés.

Cartelos, Carballedo

Santo Estevo de Cartelos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. En 2018, segundo o INE, tiña 60 habitantes (30 homes e 3 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación; en 2017, 66. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 e en 1999 91.

Castro, Carballedo

San Cristovo de Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 209 habitantes (101 homes e 108 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes. En 2016 segundo o INE tiña 191 habitantes, 97 mulleres e 94 homes.

Chouzán, Carballedo

Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Erbedeiro, Carballedo

San Pedro de Erbedeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en2016 tiña sete habitantes (cinco homes e dúas mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, oito menos ca en 2004 (nove homes e seis mulleres) e once menos ca en 1999.

Lobelle, Carballedo

San Cristovo de Lobelle é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 63 habitantes (28 homes e 35 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación. En 2014 65 (31 homes e 34 mulleres). En 2004 89 (47 mulleres e 42 homes) e en 1999 97 habitantes. En 2017 eran 60 (34 mulleres e 26 homes) segundo o INE. En 2018 66 (37 mulleres e 29 homes).

Marzás, Carballedo

Santa María de Marzás é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 43 habitantes (25 homes e 18 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes. Segundo o IGE, no 2014a súa poboación descendera ata os 34 habitantes, sendo 18 homes e 16 mulleres. No ano 2016 tiña 32 habitantes, 13 mulleres e 19 homes, segundo o INE.

Milleirós, Carballedo

Santa Xoán de Milleirós é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 55 habitantes (29 homes e 26 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 63 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 53 habitantes, sendo 26 homes e 27 mulleres. En 2016 tiña 46 habitantes (13 mulleres e 13 homes) segundo o INE.

Pradeda, Carballedo

Santiago de Pradeda é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 111 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 91 habitantes, sendo 40 homes e 51 mulleres. No 2016 a poboación era de 82 habitantes (46 mulleres e 36 homes) segundo o INE, en 2018 eran 80 (43 mulleres e 27 homes).

San Mamede de Lousada, Carballedo

San Mamede de Lousada é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (47 mulleres e 43 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes. En 2016 tiña 67 habitantes, 33 mulleres e 34 homes, segundo o INE.

San Romao de Campos, Carballedo

San Romao de Campos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 42 habitantes (21 homes e 21 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 45 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 26 habitantes, sendo 11 homes e 15 mulleres. En 2016 tiña 22 habitantes, 13 mulleres e 9 homes, segundo o INE.

Taboada

Taboada (do latín tabulatam, aplicado a un terreo chairo, de tabula, "táboa") é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. No 2017 contaba con 2.862 habitantes.

É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da serra do Faro e na beira occidental do encoro de Belesar sobre o río Miño.

Veascós, Carballedo

Santa Mariña de Veascós é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 138 habitantes (78 homes e 60 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 99 habitantes, sendo 55 homes e 44 mulleres. En 2016 tiña 97 habitantes, 43 mulleres e 54 homes, segundo o INE.

Vilaquinte, Carballedo

Santa María de Vilaquinte é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 130 habitantes (70 mulleres e 60 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 50 homes e 51 mulleres. En 2016, segundo o INE, tiña 97 habitantes, 49 mulleres e 48 homes.

Concellos da comarca de Chantada
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.