Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.[1]

Comarca de Caldas
Comarca Caldas
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalCaldas de Reis
Área288,7 km²
Poboación34.757 hab. (2014)
ConcellosCaldas de Reis
Catoira
Cuntis
Moraña
Pontecesures
Portas
Valga

Demografía

Caldas alcaldes
     PSdeG      PPdeG
Censo total 2014 34.757 habitantes
Menores de 15 anos 4.576 (13.16 %)
Entre 15 e 64 anos 22.317 (64.21 %)
Maiores de 65 anos 7.864 (22.63 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Caldas
Comarca de Caldas
Concellos da Comarca de Caldas

Concellos da comarca de Caldas.

Caldas County in Pontevedra Province-gl

Concellos e localización na provincia de Pontevedra.

Notas

  1. DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997)
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arcos, Cuntis

San Breixo de Arcos de Furcos é unha parroquia que se localiza no concello de Cuntis. Limita coas parroquias de Cuntis, Couselo, Piñeiro e Portela, e co concello da Estrada no nordeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas.

En 1836 tiña unha poboación de feito de 725 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 799 a 662, o cal significou unha perda do 17,1 %. Segundo o IGE en 2011 tiña 642 habitantes (336 mulleres e 306 homes).

Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso.

Arcos da Condesa, Caldas de Reis

Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres, distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto ao ano 2004 cando tiña 424 habitantes, malia que aínda por embaixo dos datos de 1999, con 469.

Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de Marán. Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais. Actualmente é unha das 9 entidades locais menores de Galiza, recoñecida como tal por Decreto de 18 de xaneiro de 1946.

Caldas de Reis

Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 9.834 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é caldense.

Catoira

Catoira é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «catoirense».

Catoira, Catoira

San Miguel de Catoira é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.201 habitantes (596 homes 605 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.060 habitantes.

Cosoirado, Moraña

Santa María de Cosoirado é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 49 habitantes, sendo 26 homes e 23 mulleres.

Couselo, Cuntis

San Miguel de Couselo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 189 habitantes (102 mulleres e 87 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

Cuntis

Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cuntense» .

Dimo, Catoira

San Pedro de Dimo é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 973 habitantes (469 homes e 504 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

O último domingo de maio celébrase a romaría de San Cibrán.

Galería de imaxes da comarca de Caldas

Galería de imaxes da comarca de Caldas.

A comarca de Caldas comprende os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Moraña

Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».

Oeste, Catoira

Santa Baia de Oeste é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 767 habitantes (376 homes e 391 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Piñeiro, Cuntis

San Mamede de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 370 habitantes (195 mulleres e 175 homes), 84 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 480 persoas.

Limita coas parroquias de Estacas, Cuntis, Couselo e Arcos e co concello da Estrada .

Pontecesures

Pontecesures é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo datos do IGE en 2015 tiña 3062 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurés».

Portas

Portas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal, no ano 2014 tiña unha poboación de 3.025 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portense».

Portela, Cuntis

Santa Eulalia de Portela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 210 habitantes (117 mulleres e 93 homes), 101 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 327 persoas.

Saiáns, Moraña

San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.857 habitantes, sendo 924 homes e 933 mulleres.

Troáns, Cuntis

Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.

En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).

Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Concellos da comarca de Caldas
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.