Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Concellos da Comarca de Betanzos
Concellos da comarca
1 Aranga.svg Aranga
2 Escudo de Betanzos.svg Betanzos
3 Bandeira de Oza-Cesuras A Coruña.svg Oza-Cesuras
4 Escudo de Coirós.svg Coirós
5 Escudo de Curtis.svg Curtis
6 Escudo de Irixoa.svg Irixoa
7 Miño.svg Miño
8 Escudo de Paderne (1967).svg Paderne
9 Escudo de Vilarmaior.svg Vilarmaior
10 Escudo de Vilasantar.svg Vilasantar
Comarca de Betanzos
Comarca Betanzos
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalBetanzos
Área669,3 km²
Poboación38.768 hab. (2014)
ConcellosAranga
Betanzos
Coirós
Curtis
Irixoa
Miño
Oza-Cesuras
Paderne
Vilarmaior
Vilasantar

Demografía

Censo total 2014 38.768 habitantes
Menores de 15 anos 4.210 (10.86 %)
Entre 15 e 64 anos 23.683 (61.09 %)
Maiores de 65 anos 10.875 (28.05 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Betanzos
Comarca de Betanzos

Situación en Galiza.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aranga

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».

Betanzos, Betanzos

Betanzos é unha parroquia do concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 373 habitantes (5 408 mulleres e 4 965 homes) distribuídos nunha entidade de poboación.

Cambás, Aranga

San Pedro de Cambás é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 439 habitantes (219 mulleres e 220 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.

Coirós

Coirós é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1747 habitantes (1765 no 2012, 1771 no 2011, 1722 no 2010). O seu xentilicio é coirense (non oficial).

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Doroña, Vilarmaior

Santa María de Doroña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 363 habitantes.

Foxado, Curtis

Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Goimil, Vilarmaior

San Cristovo de Goimil é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 42 habitantes (23 homes e 19 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, O Cabo da Aldea, O Casal, Gulfín, O Nogueirido, A Pena Grande e O Penedo; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.

Irixoa

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Irixoa, Irixoa

San Lourenzo de Irixoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Irixoa na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2017 tiña 180 habitantes (97 mulleres e 83 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 206 habitantes.

Miño

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñense».

O Mascoto, Curtis, Curtis

O Mascoto, tamén coñecido coma o Penedo do Mascoto, é un lugar da parroquia de Curtis, no concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos.

O Outeiro, Curtis, Curtis

O Outeiro é un lugar da parroquia de Curtis, no concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos.

O Río, Curtis, Curtis

O Río, tamén coñecido coma o Penedo do Río, é un lugar da parroquia de Curtis, no concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos.

Oza-Cesuras

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Vilamateo, Vilarmaior

Santiago de Vilamateo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2011 tiña 126 habitantes (68 homes e 58 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Vilarmaior

Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vilarmaiorés.

Zafrela, Fisteus, Curtis

Zafrela é un lugar da parroquia de Fisteus no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos.

Concellos da comarca de Betanzos
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.