Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Comarca de Bergantiños
Comarca Bergantiños
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalCarballo
Área742 km²
Poboación68.928 hab. (2014)
ConcellosCabana de Bergantiños
Carballo
Coristanco
A Laracha
Laxe
Malpica de Bergantiños
Ponteceso

Xeografía

Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co océano Atlántico e a comarca da Coruña, ao sur coa comarca do Xallas e a comarca da Terra de Soneira, ao leste coa comarca de Ordes e ao oeste co océano Atlántico. Os seus 742 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus 7 concellos, dende o máis pequeno, Laxe, que abrangue unha superficie de 36,9 km², ata o máis grande, Carballo, que ten unha superficie de 167,49 km².

Esteiro do Anllóns
Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

O río máis importante, e no que se artella toda a rede hidrográfica da comarca, é o río Anllóns que atravesa esta comarca de leste a oeste formando no seu discorrer polas terras de Bergantiños un val e na súa desembocadura forma un estuario, que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta, antes de desembocar na ría de Corme e Laxe. O cumio de máis importancia é o monte Castelo (598 m). Bergantiños dispón de numerosas praias, como as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio, Rebordelo en Cabana.

O clima desta comarca é de temperaturas suaves, con pequenas oscilacións térmicas e abundantes precipitacións.

Economía

Na economía desta comarca destacan sobre todo a agricultura a gandaría e a pesca. Entre os portos da comarca destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.

Lugares de interese

Entre o patrimonio histórico destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, a igrexa e as Torres de Mens. Entre os espazos naturais salientar o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, as praias de Laxe, Traba Razo e Balares, os porto de Malpica, Corme, Laxe así como as illas Sisargas xunto co cabo de Santo Adrián.

Concellos da comarca de Bergantiños

Bergantiños

Concello Poboación
(2018)
Extensión
(km²)
Densidade
(hab./km²)
Westconf1.png Cabana de Bergantiños.svg Cabana de Bergantiños 4.337 99,8 43,45
Westconf2.png Escudo de Carballo.svg Carballo 31.261 186,8 185,2
Westconf3.png Escudo de Coristanco.svg Coristanco 6.177 141,1 43,77
Westconf4.png Escudo de Laracha.svg A Laracha 11.302 125,8 89,84
Westconf5.png Laxe.svg Laxe 3.084 36,9 83,58
Westconf6.png Escudo de Malpica de Bergantiños (La Coruña).svg Malpica de Bergantiños 5.447 61,4 88,71
Westconf7.png Escudo de Ponteceso.svg Ponteceso 5.565 91,9 60,55
Bergantiños 67.173 742 90,53

Concellos da Comarca de Bergantiños

Poboación

Con 68.928 habitantes en 2014, a comarca de Bergantiños é a cuarta comarca máis poboada da provincia da Coruña e a décima de Galiza. A meirande parte da poboación da comarca concéntrase na capital, o concello de Carballo, onde reside algo máis do 45% da poboación total da mesma. Por outra banda, o concello menos poboado é o de Laxe, que con 3.207 habitantes representa menos do 5% da poboación total da comarca. A perda de poboación converteuse nunha constante na comarca, onde case todos os concellos perden poboación coas únicas excepcións de Carballo e A Laracha.

Concello N.º de
parroquias
Habitantes
1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2014
Cabana de Bergantiños 10 6.991 7.167 6.291 6.009 5.689 5.199 4.865 4.623
Carballo 18 25.713 26.962 26.033 27.287 28.497 29.985 31.303 31.288
Coristanco 15 10.314 10.271 9.334 8.416 8.098 7.582 7.102 6.706
A Laracha 13 11.710 12.007 10.521 10.791 10.666 10.803 11.337 11.443
Laxe 6 3.654 3.786 3.479 3.616 3.575 3.489 3.366 3.207
Malpica de Bergantiños 8 8.549 8.560 7.950 7.443 7.172 6.567 6.102 5.768
Ponteceso 14 8.714 8.607 8.035 7.663 7.118 6.588 6.134 5.893
Total 84 75.645 77.360 71.643 71.225 70.815 70.213 70.209 68.928

Fonte[1]: IGE e Instituto Nacional de Estadística

Censo total 2014 68.928 habitantes
Menores de 15 anos 8.053 (11.68 %)
Entre 15 e 64 anos 43.442 (63.02 %)
Maiores de 65 anos 17.433 (25.29 %)

Principais núcleos de poboación

Caion (a laracha)
Vista da vila e do porto de Caión

No ano 2014, os principais núcleos de poboación por concello eran[2]:

Historia

Debido a acidez do chan mesturada coas inmensas choivas predominantes na zona non se dispón de restos arqueolóxicos (os máis antigos que se puideron datar derón unha cronoloxía moi por debaixo dos atopados noutros sitios[3]) nin antropolóxicos no que poder fundarse para determinar a maneira e forma de vida dos primeiros poboadores da comarca.

Do período megalitico atópanse varios monumentos dos que destacan os dolmens de Dombate, Pedra da Arca, Pedra Moura e Fornela dos Mouros.

Da Idade de Bronce atópanse numerosos castros dos que destacan os de Borneiro e Pedra da Arca.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca de Bergantiños.
Comarca de Bergantiños

Situación da comarca de Bergantiños.

Carballo Galicia 006

Pazo da Cultura (Carballo).

Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco 2005

Carroza deseñada con patacas na Festa da pataca de Coristanco de 2005.

Caion (a laracha)

Vista xeral de Caión, parroquia costeira da Laracha.

Panoramica de laxe

Vista panoramica de Laxe.

Santo Hadrian coas sisargas

Capela do Santo Hadrián (Malpica de Bergantiños) coas Illas Sisargas ó fondo.

Notas

  1. Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos IGE. Consultado o 30/10/2015.
  2. Nomenclator INE. Consultado o 30/10/2015 (en castelán)
  3. Fernández Carrera, Xan X. (2001). Descubre A Comarca de Bergantiños.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Laracha

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

Aldemunde, Carballo

Santa María Madalena de Aldemunde é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 125 habitantes (47 homes e 44 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Ardaña, Carballo

Santa María de Ardaña é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 680 habitantes (332 homes e 348 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes. Segundo o IGE en 2004 tiña 734 habitantes (370 homes e 364 mulleres).

Conta con unha escola infantil en Gontade e con un centro social aínda en construción.

Artes, Carballo

San Xurxo de Artes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 623 habitantes, sendo 301 homes e 322 mulleres.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Cabovilaño, A Laracha

San Román de Cabovilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.103 habitantes (555 homes e 548 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 1.035 habitantes. En 2004 tiña 1.035 habitantes (521 homes e 514 mulleres).

Caión, A Laracha

Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 859 habitantes (442 mulleres e 417 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.

Carballo, Carballo

San Xoán de Carballo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 19.140 habitantes (9.755 mulleres e 9.385 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 14.390 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 19.176 habitantes, sendo 9.387 homes e 9.789 mulleres.

Coiro, A Laracha

San Xián de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 464 habitantes (227 homes e 237 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 473 habitantes.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Goiáns, Carballo

Santo Estevo de Goiáns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 457 habitantes (232 mulleres e 225 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 485 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 440 habitantes, sendo 223 homes e 217 mulleres.

Lema, Carballo

San Cristovo de Lema é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2009 tiña 497 habitantes (254 mulleres e 243 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 560 habitantes.

Montemaior, A Laracha

San María Madanela de Montemaior é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 778 habitantes (400 mulleres e 378 homes) distribuídos en 49 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1.014 habitantes.

Noicela, Carballo

Santa María de Noicela é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 493 habitantes (247 mulleres e 246 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 508 habitantes.

Oza, Carballo

San Breixo de Oza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 651 habitantes (223 homes e 217 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 732 habitantes (383 mulleres e 350 homes), 66 menos ca en 1999.

Soandres, A Laracha

San Pedro de Soandres é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 860 habitantes (431 mulleres e 429 homes) distribuídos en 62 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1.040 habitantes.

Sísamo, Carballo

Santiago de Sísamo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 890 habitantes (462 mulleres e 428 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 876 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 832 habitantes, sendo 400 homes e 432 mulleres.

Vilaño, A Laracha

Santiago de Vilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2013 tiña 795 habitantes (419 mulleres e 376 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 794 habitantes.

Vilela, Carballo

San Miguel de Vilela é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 249 habitantes (126 mulleres e 123 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 250 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 2014 habitantes, sendo 100 homes e 104 mulleres.

Concellos da comarca de Bergantiños
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.