Comarca da Terra de Trives

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Comarca da Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
ProvinciaProvincia de Ourense
CapitalA Pobra de Trives
Área431,7 km²
Poboación4.111 hab. (2017)
ConcellosChandrexa de Queixa
Manzaneda
A Pobra de Trives
San Xoán de Río

Poboación

No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.

Concello Habitantes
2017 [1]
Chandrexa de Queixa 494
Manzaneda 906
A Pobra de Trives 2.150
San Xoán de Río 561
Total 4.111
Censo total 2017 4.111 habitantes
Menores de 15 anos 250 (6.08 %)
Entre 15 e 64 anos 2.216 (53.90 %)
Maiores de 65 anos 1.645 (40.01 %)

Xeografía

A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.

Turismo

O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives.
Comarca da Terra de Trives
ComarcaTrivesOU

Concellos de Terra de Trives.

Notas

  1. Fonte: IGE Arquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Pobra de Trives

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 2.118 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».

Cadeliña, Chandrexa de Queixa

San Pedro de Cadeliña é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 12 habitantes, deles 6 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Celeiros, Chandrexa de Queixa

San Martiño de Celeiros é unha parroquia, capital do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2010 tiña 70 habitantes (38 homes e 32 mulleres), o que supón unha diminución en relación a anos anteriores.

Nesta parroquia está a casa consistorial de Chandrexa de Queixa.

Cernado, Manzaneda

Santa María de Cernado é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres) nunha única entidade de poboación.

Cesuris, Manzaneda

Santa María de Cesuris é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 139 habitantes (66 homes e 73 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación.

Chandrexa, Chandrexa de Queixa

San Pedro de Chandrexa é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 65 habitantes, deles 41 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O seu topónimo deriva de "chan da igrexa".

Chandrexa de Queixa

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, no ano 2018 tiña 466 habitantes (854 en 2003).

Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives

Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives.

A comarca da Terra de Trives comprende os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Manzaneda, Manzaneda

Manzaneda é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives.

Paradela, Manzaneda

Santo Antonio de Paradela é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 26 habitantes (15 homes e 11 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Placín, Manzaneda

Santiago de Placín é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 88 habitantes (41 homes e 47 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Queixa, Chandrexa de Queixa

Santa Cruz de Queixa é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 41 habitantes (23 homes e 18 mulleres), tres menos ca en 2006.

O seu topónimo deriva de "Queixada, depresión en forma de caixa", facendo referencia á orografía do lugar, no val do río Navea.

Rabal, Chandrexa de Queixa

San María de Rabal é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives , na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 67 habitantes, deles 33 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Reigada, Manzaneda

Santa María Madanela de Reigada é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 113 habitantes (62 homes e 51 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 31 habitantes en relación ao ano 2000.

Requeixo, Manzaneda

San Bartolomeu de Requeixo é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 45 habitantes (22 homes e 23 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

San Martiño de Manzaneda, Manzaneda

San Martiño de Manzaneda é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives.

San Xoán de Río

San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é riés.

Soutipedre, Manzaneda

San Marcos de Soutipedre é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 44 habitantes (22 homes e 22 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Concellos da comarca da Terra de Trives
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.