Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.[1]

Comarca da Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalVimianzo
Área372,2 km²
Poboación18.386 hab. (2014)
ConcellosCamariñas
Vimianzo
Zas.

Etimoloxía

Carta geométrica de Galicia 1834 facsímil 1974 hoja 06
Folla da Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán co topónimo Terra de Soneira

O topónimo Soneira aparece recollido en textos medievais como Somnaria, Sonaria ou Subnaria. Existen dúas teorías sobre a etimoloxía do topónimo. O estudoso Fernando Cabeza Quiles faino derivar de Seminaria, que se le nun documento do século IX. Outros autores inclínanse pola expresión Sub Neria, por estar situada na parte baixa da comarca poboada polos nerios.[2][3]

Xeografía

A Soneira interior está composta principalmente polo val do río Grande ou río do Porto, separado da comarca do Xallas pola serra de Santiago. Aí está o punto máis alto da comarca, o pico de Meda. A zona sur da comarca forma parte do val do río Xallas, no que se construíu o encoro da Fervenza.[4]

A parte litoral da comarca comprende basicamente o concello de Camariñas, situado sobre unha península que limita a ría de Camariñas. A costa norte da península, que comeza co cabo Vilán é unha zona montañosa de granito aberta ao océano.[5]

Historia

Estela de Victorino
Estela de Tines, que se conserva no Museo Arqueolóxico da Coruña

Os restos máis antigos que se coñecen da poboación da Terra de Soneira son do neolítico, do que se conservan mámoas. Con todo, a pegada máis importante é da cultura castrexa. A romanización da comarca foi máis tardía que no resto de Galicia.[6]

A toponimia (Zas, Gomariz, Gundar…) revela a presenza de asentamentos suevos, mais a primeira mención que se conserva da comarca non chegou ata o século IX, nun documento no que o rei Afonso III divide o distrito dos Coporos en dúas partes, Soneira e Nemancos. En 899 aparece un documento que cita o comisso (circunscrición) de Soneira. Tamén se coñece a parroquia extensa de Soneira, que dependía do bispo de Iria. Este territorio abranguía a comarca actual máis os concellos de Laxe e parte de Cabana.[7]

Durante a Idade Media a Terra de Soneira viu as loitas polo poder entre o arcebispo de Compostela e algunhas das principais familias galegas da época, os Traba, os Mariño ou os Moscoso. En 1554 creouse a xurisdición señorial de Vimianzo, gobernada por un meiriño nomeado polo conde de Altamira.[8]

Durante a guerra da Independencia houbo enfrontamentos en Camariñas ou na Ponte Olveira. No campo de Paizás instalouse o cuartel xeral da milicia popular. Tras a guerra volveron as xurisdición señoriais ata 1835, cando se crearon os concellos actuais. Nese momento os concellos de Laxe e Cabana pasaron ao partido xudicial de Carballo, mentres os demais pasaron ao de Corcubión.[9]

Arte

Torres do Allo, Zas
Torres do Allo

A Terra de Soneira é unha das comarcas con maior presenza de monumentos megalíticos, como a arca da Piosa ou o dolmen de Pedra Cuberta. Existen tamén varios castros e algúns restos da presenza romana, especialmente en Brandomil, identificado posiblemente co Grandimirum da vía romana XX. No adro de Tines atopouse unha necrópole romano-sueva.[10]

As principais igrexas románicas son as de Cereixo, Xaviña e Baíñas, conservadas completamente. Pola contra, o gótico chegou tardiamente nunha variedade coñecida como "gótico mariñeiro", presente na comarca nalgunhas bóvedas de crucería. Outras estruturas góticas son o cruceiro dos Santos, entre Bamiro e Vilar e o castelo de Vimianzo. Pouco despois da reconstrución deste castelo as Torres do Allo, con elementos renacentistas, inician a era dos pazos galegos. Neste estilo tamén destaca a fachada da igrxa do Allo.

Igual que no resto de Galicia, o barroco ten unha gran presenza nesta zona, destacando as igrexas de Cambeda e a vella de Baio ou as Torres de Romelle en Loroño. O neoclasicismo en cambio está presente en moitos retablos, mais en poucos edificios, entre os que destaca a capela da Concepción en Trasouteiro.

Algunhas obras destacadas a partir do século XIX son a ponte sobre o río Grande en Baio (1851-1853), o faro de cabo Vilán (1890-1896) ou a casa do concello de Zas (1951).

Economía

Visión dende o Castelo de Vimianzo 13VII2013
Vista da AC-552 polo núcleo urbano de Vimianzo

O sector agrario é a principal actividade económica dos concellos de Vimianzo e Zas. En Camariñas son importantes a pesca e o marisqueo, destacando os portos de Camariñas e Camelle.[11]

A industria está reducida a empresas situadas nos polígonos industriais de Vimianzo e O Allo. O sector servizos ten presenza nas vilas da comarca, Vimianzo, Baio, A Ponte do Porto e Camariñas.[12]

Comunicacións

A comarca atópase comunicada coa Coruña a través da autoestrada da Costa da Morte e a AC-552, que atravesa Baio e Vimianzo e que coincide co camiño real que se recolle na Carta xeométrica de Galicia. A comunicación con Santiago de Compostela realízase a través das estradas AC-545 e AC-443.[13]

No primeiro terzo do século XX chegouse a aprobar un proxecto ferroviario que uniría A Coruña, Carballo e Cee, que contou con defensores como Plácido Castro Rivas e José Miñones e que nunca se realizou.[14]

Poboación

Con 18.386 habitantes no ano 2014, a poboación repartíase entre os 7.710 de Vimianzo, os 5.774 habitantes de Camariñas e os 4.902 cos que contaba Zas.

Censo total 2014 18.386 habitantes
Menores de 15 anos 1.748 (9.51 %)
Entre 15 e 64 anos 11.254 (61.21 %)
Maiores de 65 anos 5.384 (29.28 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Soneira
Comarca da Terra de Soneira
Arca da Piosa0

Arca da Piosa

Dolmen Pedra Cuberta

Dolmen de Pedra Cuberta

Cereixo. Vimianzo. Galiza-2

Igrexa románica de Cereixo

Igrexa de Santa María de Xaviña, Camariñas

Igrexa románica de Xaviña

Castelo dos Moscoso

Castelo de Vimianzo

Cambeda 02

Igrexa de Cambeda

Faro de Cabo Vilán 3n 1996 - Camariñas

Faro de cabo Vilán

Casa Concello Zas

Casa do concello de Zas

Notas

  1. Lema et al. 2010, p. 11
  2. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017.
  3. Lema et al. 2010, p. 13
  4. Lema et al. 2010, pp. 39-50
  5. Lema et al. 2010, p. 53
  6. Lema et al. 2010, pp. 73-74
  7. Lema et al. 2010, pp. 77-78
  8. Lema et al. 2010, pp. 78-87
  9. Lema et al. 2010, pp. 103-108
  10. Lema et al. 2010, pp. 119-126
  11. Lema et al. 2010, p. 62
  12. Lema et al. 2010, p. 63
  13. Lema et al. 2010, pp. 66-68
  14. Un siglo detrás del tren de las «3 C»

Véxase tamén

Bibliografía

Bamiro, Vimianzo

San Amedio de Bamiro é unha parroquia do concello de Vimianzo, na Comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 442 habitantes (232 mulleres e 210 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 463 habitantes.

Baíñas, Vimianzo

Santo Antoíño de Baíñas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2015 tiña 757 habitantes (389 mulleres e 368 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2009 cando tiña 829 habitantes (418 mulleres e 411 homes).

Berdoias, Vimianzo

San Pedro de Berdoias é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 247 habitantes (125 mulleres e 122 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

Brandomil, Zas

San Pedro de Brandomil é unha parroquia do concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2010 tiña 290 habitantes (165 mulleres e 125 homes), 92 menos ca en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Calo, Vimianzo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 504 habitantes (261 homes e 243 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 561 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 417 habitantes, sendo 206 homes e 211 mulleres.

Camariñas

Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán ou camariñés.

Cambeda, Vimianzo

San Xoán de Cambeda é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 422 habitantes (226 mulleres e 196 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 460 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 379 habitantes, sendo 180 homes e 199 mulleres.

Carantoña, Vimianzo

San Martiño de Carantoña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 742 habitantes (371 mulleres e 371 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 755 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 649 habitantes, sendo 310 homes e 339 mulleres.

Carnés, Vimianzo

San Cristovo de Carnés é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Accédese a través da estrada que leva ao concello de Camariñas e cruzando a ponte do Porto, a 3 km desta vila porteña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 733 habitantes (397 mulleres e 336 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 590 habitantes, sendo 283 homes e 307 mulleres.

A festa principal celébrase do 9 ó 12 de xullo, celebrando a festividade de San Cristovo o día 10 e precedido o día 9 da festa gastronómica popular dos callos.

Castrelo, Vimianzo

San Martiño de Castrelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 300 habitantes (158 mulleres e 142 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 277 habitantes, sendo 146 homes e 131 mulleres.

Cereixo, Vimianzo

Santiago de Cereixo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 516 habitantes (269 mulleres e 247 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes.

Gándara, Zas

Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 369 habitantes, sendo 187 homes e 182 mulleres.

Lamastredo, Xaviña, Camariñas

Lamastredo é un lugar da parroquia de Xaviña no concello coruñés de Camariñas (comarca da Terra de Soneira). Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

Sansobre, Vimianzo, Vimianzo

Sansobre é un lugar da parroquia de Vimianzo no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 36 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 17 homes e 19 mulleres.

Santa Irena, Salto, Vimianzo

Santa Irena é un lugar da parroquia de Salto no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 25 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 11 homes e 14 mulleres.

Serramo, Vimianzo

San Sebastián de Serramo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 300 habitantes (153 homes e 147 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 390 habitantes.

Vimianzo, Vimianzo

San Vicenzo de Vimianzo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.998 habitantes (1.026 mulleres e 972 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.880 habitantes.

Vimianzo, Vimianzo, Vimianzo

Vimianzo é un lugar da parroquia de Vimianzo no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 1395 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 687 homes e 708 mulleres.

Zas

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.902 habitantes (5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é zaseiro ou salense.

Concellos da comarca da Terra de Soneira
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.