Comarca da Terra de Melide

A comarca da Terra de Melide é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Melide. Pertencen a esta comarca os concellos de Melide, Santiso, Sobrado e Toques.

Comarca de Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalMelide
Área367,2 km²
Poboación12.533 hab. (2014)
ConcellosMelide
Santiso
Sobrado
Toques

Demografía

Censo total 2014 12.533 habitantes
Menores de 15 anos 1.245 (9.93 %)
Entre 15 e 64 anos 7.503 (59.86 %)
Maiores de 65 anos 3.785 (30.2 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Melide
Comarca da Terra de Melide
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Pena Grande, Grixalba, Sobrado

A Pena Grande é un lugar da parroquia de Grixalba, no concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2018 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres).

Adamonde, Grixalba, Sobrado

Adamonde é un lugar da parroquia de Grixalba, no concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2018 tiña 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres).

As Varelas, Melide

San Martiño das Varelas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Melide, na comarca da Terra de Melide. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 131 habitantes (70 homes e 61 mulleres).

Codesoso, Sobrado

San Miguel de Codesoso é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2014 tiña 199 habitantes (106 homes e 93 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 226 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Farlá, Grixalba, Sobrado

Farlá é un lugar da parroquia de Grixalba, no concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide.

Furelos, Melide

San Xoán de Furelos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2013 tiña 195 habitantes (98 mulleres e 97 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Galería de imaxes de Santiso

Galería de imaxes do concello de Santiso na provincia da Coruña.

Melide

Melide é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o INE, en 2015 tiña 7.538 habitantes (7.838 no 2010, 7.931 no 2006, 7.866 no 2005, 7.809 no 2004, 8.345 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é melidense, melidao e melidá.

Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes

O mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes é un mosteiro cisterciense situado no concello de Sobrado, na comarca da Terra de Melide.

O Casal de Abaixo, Grixalba, Sobrado

O Casal de Abaixo é un lugar da parroquia de Grixalba, no concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2018 tiña 25 habitantes (12 homes e 13 mulleres).

Santa María de Melide, Melide

San María de Melide é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Melide na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2013 tiña 205 habitantes (97 homes e 108 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 264 habitantes.

Santalla de Agrón, Melide

Santalla de Agrón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Melide na comarca da Terra de Melide. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 73 habitantes (35 mulleres e 38 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 108 habitantes.

Sante, Grixalba, Sobrado

Sante é un lugar da parroquia de Grixalba, no concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2018 tiña 28 habitantes (14 homes e 14 mulleres).

Santiso

Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.

Sobrado

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».

Toques

Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.

Vitiriz, Melide

San Vicente de Vitiriz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Melide na comarca da Terra de Melide. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 37 habitantes (22 homes e 15 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 48 habitantes.

Zas de Rei, Melide

San Xiao de Zas de Rei é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Melide na comarca da Terra de Melide. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 113 habitantes (56 mulleres e 57 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 170 habitantes.

Concellos da comarca da Terra de Melide
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.