Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Comarca da Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalMonforte de Lemos
Área940,5 km²
Poboación31.876 hab. (2014)
ConcellosEscudo de Bóveda.svg Bóveda
Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg Monforte de Lemos
Escudo de Pantón.svg Pantón
Escudo de A Pobra do Brollón.svg A Pobra do Brollón
Escudo do Saviñao.svg O Saviñao
Escudo de Sober.svg Sober

Xeografía

CanondoSil
O Sil ó seu paso polo sur da comarca.

A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Ríos

Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase a Ponte Vella sobre este río, un dos monumentos característicos da vila. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

Montañas

Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:

  • Alto da Veneira (1.164 m)
  • Alto da Serra (1.137 m)
  • Chao das Lagas (1.060 m)
  • Alto da Chá (1.021 m)

Clima

O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse puntualmente a superar temperaturas máximas de 40º; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

Poboación

HPIM1435
Casa do Concello de Ferreira de Pantón.

A poboación era, en 2014, de 31.876 habitantes distribuídos así:

Concello Habitantes
Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg Monforte de Lemos 19.201
Escudo do Saviñao.svg O Saviñao 4.113
Escudo de Pantón.svg Pantón 2.708
Escudo de Sober.svg Sober 2.453
Escudo de A Pobra do Brollón.svg A Pobra do Brollón 1.830
Escudo de Bóveda.svg Bóveda 1.571
Censo total 2014 31.876 habitantes
Menores de 15 anos 2.864 (8.98 %)
Entre 15 e 64 anos 17.983 (56.42 %)
Maiores de 65 anos 11.029 (34.6 %)

Localidades máis poboadas

No 2015 as entidades poboacionais máis poboadas segundo o IGE eran[1]:

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos

Comunicacións

Na comarca da Terra de Lemos únense as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.

Principais estradas

Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.

Ferrocarril

Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:

Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).

Notas

  1. [1]
Bolmente, Sober

Santa María de Boelmente é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 185 habitantes, 85 eran homes e 100 eran mulleres.

Brosmos, Sober

Santa Cruz de Brosmos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 55 habitantes, 27 eran homes e 28 eran mulleres.

Bulso, Sober

San Pedro de Bulso é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 51 habitantes, 30 eran homes e 21 eran mulleres.

Bóveda

Bóveda é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos. Ten unha poboación de 1.571 habitantes segundo o censo de 2014.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bovedés ou bovedense.

Situado ao sur da provincia linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.

Canaval, Sober

San Pedro de Canaval é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2010 tiña unha poboación de 190 habitantes, 90 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 225 habitantes.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Eixón, A Pobra do Brollón

San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo na comarca da Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 68 habitantes (31 homes e 37 mulleres) cunha densidade de 12,14 hab./km². A poboación diminuíu notablemente desde 1991, cando tiña 132 habitantes.

Ferreiros, A Pobra do Brollón

San Salvador de Ferreiros é unha parroquia da Pobra de Brollón anexa á parroquia da Ferreirúa na comarca da Terra de Lemos. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 65 habitantes (31 homes e 34 mulleres) agrupados en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 7,49 hab./km². En 1991 tiña 106 habitantes.

Limita ao norte coas parroquias da Ferreirúa, San Pedro do Incio e Trascastro polo norte, Saa polo leste, Saa e Castrosante polo sur, e Veiga polo oeste.

Figueiroá, Sober

San Salvador de Figueiroá é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 75 habitantes, 37 eran homes e 38 eran mulleres.

Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos

Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos.

A comarca da Terra de Lemos comprende os concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober

Lobios, Sober

San Xillao de Lobios é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 102 habitantes, 52 eran homes e 50 eran mulleres.

Neiras, Sober

San Salvador de Neiras é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 118 habitantes, 56 eran homes e 62 eran mulleres.

O Saviñao

O Saviñao é un concello da Provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, no ano 2017 tiña unha poboación de 3.832 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é saviñao .

Pantón

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.

Pinol, Sober

San Vicente de Pinol é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 101 habitantes, 46 eran homes e 55 eran mulleres.

Proendos, Sober

Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 216 habitantes, 98 eran homes e 118 eran mulleres.

Refoxo, Sober

Santo Estevo de Refoxo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 87 habitantes, 40 eran homes e 47 eran mulleres.

Santiorxo, Sober

San Xurxo de Santiorxo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 74 habitantes, 41 eran homes e 33 eran mulleres.

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés.

Concellos da comarca da Terra de Lemos
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.