Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Comarca da Terra Chá
Comarca Terra Chá
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalVilalba
Área1.823,1 km²
Poboación40.336 hab. (2018)
ConcellosAbadín.svg Abadín
Escudo de Begonte.svg Begonte
Castro de Rei.svg Castro de Rei
Escudo de Cospeito.svg Cospeito
Guitiriz.svg Guitiriz
Muras Coat of Arms.svg Muras
Escudo de A Pastoriza.svg A Pastoriza
Escudo de Vilalba (Lugo).svg Vilalba
Escudo de Xermade.svg Xermade

Demografía

Censo total 2014 42 336 habitantes
Menores de 15 anos 3641 (8,6 %)
Entre 15 e 64 anos 25 066 (59,21 %)
Maiores de 65 anos 13 629 (32,19 %)

Cultura

O poeta Manuel María adicoulle á comarca o poemario Terra Chá, onde fala das súas terras e as súas xentes:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Terra Chá.
Vistadesdecarballido

Vista da Terra Chá desde Carballido.

Ponte Vella de Martiñán

Ponte do século XVII sobre o río Batán, entre os concellos de Abadín e Vilalba.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Frouseira, Sancovade, Vilalba

A Frouseira é un lugar da parroquia de Sancovade, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 75 habitantes (42 homes e 33 mulleres).

A Pastoriza

A Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015: 3.274 habitantes (3.726 no 2006, 3.787 no 2005, 3.856 no 2004, 3.911 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pastoricense» ou «pastoricego».

Abadín, Abadín

Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 268 habitantes en 2015 (136 homes e 132 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas sete entidades de poboación 269 veciños (138 homes e 131 mulleres).

Abeledo, Abadín

Santa María de Abeledo é unha parroquia do concello lugués de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 137 habitantes en 2015 (66 homes e 71 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2009 cando tiña 159 habitantes (92 mulleres e 67 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, e en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes. A a densidade media de poboación en 2015 é de 14,396 hab/km².

Begonte

Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontés ou begontino.

Cabreiros, Xermade

Santa Mariña de Cabreiros é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 285 habitantes, deles 143 eran homes e 142 eran mulleres, o que supón unha diminución de 79 habitantes en relación ao ano 2000.

Castro de Rei

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o seu xentilicio é «castrexo».

Corvelle, Vilalba

San Bartolomeu de Corvelle é unha parroquia do concello lugués de Vilalba na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 278 habitantes (138 mulleres e 140 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 399 habitantes.

Galería de imaxes da comarca da Terra Chá

Galería de imaxes da comarca da Terra Chá.

A comarca da Terra Chá comprende os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

Goiriz, Vilalba

Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.

Guitiriz

Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.564 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guitiricense.

Labrada, Guitiriz

Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 287 habitantes (149 mulleres e 138 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 314 habitantes.

Muras

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

O Castro, Begonte

Santa María do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 115 habitantes (63 homes e 52 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres.

Romariz, Abadín

San Xoán de Romariz é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 147 habitantes en 2015 (68 homes e 79 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 149 habitantes (67 homes e 82 mulleres), e 46 habitantes menos que en 2004.

San Salvador de Lanzós, Vilalba

San Salvador de Lanzós é unha parroquia do concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 42 habitantes (22 mulleres e 20 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 57 habitantes. Ten menos dun km² de superficie.

Seivane de Vilarente, Abadín

San Xoán de Seivane de Vilarante é unha parroquia do concello de Abadín, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE no ano 2004 tiña 240 habitantes, distribuídos en 8 entidades de poboación e 19 lugares, cunha densidade media de 45,3 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 207 habitantes, sendo 102 homes e 105 mulleres.

A poboación distribuíase do seguinte xeito: Cabanela (26), Cabaza (22), Fabega (9), A Pedrosa (36), O Rego das Pedras (12), Rieiro (34), A Touceira (27) e Vilaseñor (41).

Trobo, Begonte

Santa María de Trobo é unha parroquia do concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 171 habitantes (90 homes e 81 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 143 habitantes, sendo 80 homes e 63 mulleres.

Xermade

Xermade é un concello da provincia de Lugo, pertence á Comarca da Terra Chá.

Concellos da comarca da Terra Chá
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.