Comarca da Mariña Occidental

A comarca da Mariña Occidental é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Comarca da Mariña Occidental
Comarca Mariña Occidental
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalViveiro
Área494,4 km²
Poboación25.792 hab. (2018)
ConcellosCervo
Ourol
O Vicedo
Viveiro
Xove

Demografía

No ano 2014 segundo o IGE tiña 26.729 habitantes. Dentro dos movementos naturais da poboación pódese destacar que no ano 2014 houbo 140 nacementos en contra de 341 óbitos, cun saldo vexetativo negativo de -201 persoas.

Censo total 2014 26.729 habitantes
Menores de 15 anos 2.914 (10.90 %)
Entre 15 e 64 anos 16.936 (63.36 %)
Maiores de 65 anos 6.879 (25.74 %)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Mariña Occidental.
Concellos da Comarca da Mariña Occidental

Concellos da Comarca da Mariña Occidental

Comarca da Mariña Occidental
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cabanas, O Vicedo

Santa María de Cabanas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 100 habitantes (56 homes e 44 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2006 cando tiña 132.

Celeiro, Viveiro

Santiago de Celeiro é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 1.917 habitantes (942 homes e 975 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 112 habitantes en relación ao ano 2000.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Covas, Viveiro

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 3.684 habitantes (1.806 homes e 1.878 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento de 39 habitantes en relación ao ano 2000.

Galdo, Viveiro

Santa María de Galdo é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 578 habitantes (274 homes e 304 mulleres) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Galería de imaxes da comarca da Mariña Occidental

Galería de imaxes da comarca da Mariña Occidental.

A comarca da Mariña Occidental comprende os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Landrove, Viveiro

San Xiao de Landrove é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 326 habitantes (160 homes e 166 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 18 habitantes en relación ao ano 2000.

Magazos, Viveiro

Santa María de Magazos é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 698 habitantes (339 homes e 359 mulleres) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Miñotos, Ourol

San Pedro de Miñotos é unha parroquia do concello de Ourol, na comarca da Mariña Occidental. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística en 2013 tiña 176 habitantes (86 homes e 90 mulleres), distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 248 habitantes.

Mosende, O Vicedo

San Pedro de Mosende é unha parroquia do concello do Vicedo na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 55 habitantes (26 homes e 29 mulleres), cinco menos ca no ano anterior.

O Vicedo

O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vicedao ou vicedense.

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

San Miguel de Negradas, O Vicedo

San Miguel de Negradas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 230 habitantes.

Está situada no extremo noroeste da provincia de Lugo, lindando coa ría do Barqueiro e co concello de Mañón. Rexístranse poboamentos xa desde a época prerromana, incluído un castro na illa de San Martiño. Foi concello independente ata mediados do século XIX.

Suegos, O Vicedo

Santa María de Suegos é unha parroquia do concello do Vicedo na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 321 habitantes (155 homes e 166 mulleres), un menos ca no ano anterior.

Valcarría, Viveiro

Santo Estevo de Valcarría é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 132 habitantes (70 homes e 62 mulleres) distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Vieiro, Viveiro

San Cibrao de Vieiro é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 595 habitantes (294 homes e 301 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 35 habitantes en relación ao ano 2000.

Xerdiz, Ourol

Santa María de Xerdiz é unha parroquia do concello de Ourol na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 219 habitantes, deles 101 eran homes e 118 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2007.

Xove

Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.456 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense.

Concellos da comarca da Mariña Occidental
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.