Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

Vista da Limia
Vista da Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

Homenaxemullerlabrega
Homenaxe á muller labrega (Sandiás)

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Comarca da Limia
Comarca Limia
ProvinciaProvincia de Ourense
CapitalXinzo de Limia
Área801,9 km²
Poboación21.964 hab. (2014)
ConcellosBaltar
Os Blancos
Calvos de Randín
Porqueira
Rairiz de Veiga
Sandiás
Sarreaus
Trasmiras
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Xinzo de Limia

Demografía

Censo total 2014 21.964 habitantes
Menores de 15 anos 1.924 (8.76 %)
Entre 15 e 64 anos 12.246 (55.75 %)
Maiores de 65 anos 7.794 (35.48 %)

A Limia na cultura popular galega

  • Ser como os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga [1].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Limia.
Comarca da Limia
ComarcaLimiaOU
Situacion Baltar

Concello de Baltar galería

Situacion Os Blancos

Concello dos Blancos galería

Situacion Porqueira

Concello de Porqueira galería

Situacion Sandiás

Concello de Sandiás galería

Situacion Sarreaus

Concello de Sarreaus galería

Situacion Trasmiras

Concello de Trasmiras galería

Situacion Xinzo de Limia

Concello de Xinzo de Limia galería

Notas

  1. Dise dos que queren aforrar demasiado, dos forróns. Fonte: José Santiago Crespo Pozo, s. v. económico; José María Pereda Álvarez (1953), s. v. auga.

Véxase tamén

Bibliografía

  • CRESPO POZO, José Santiago: Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego con indicación de fuentes e inclusión del gallego literario (galaico-portugués). 1 (La Región, Orense 1972); 2,3,4 (Ed. do Castro, Sada, 1979/1982/1985).
  • PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
Baltar

Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baltarés.

Calvos de Randín

Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é calvense ou randinense.

Candás, Rairiz de Veiga

San Martiño de Candás é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 29 habitantes. En 2007 tiña 34 habitantes (11 homes e 23 mulleres), 7 menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Comarca da Baixa Limia

A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Guillamil, Rairiz de Veiga

Santo André de Guillamil é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 358 habitantes (178 homes e 180 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 67 habitantes en relación ao ano 2000.

Lampaza, Rairiz de Veiga

Santa María de Lampaza é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 183 habitantes (84 homes e 99 mulleres), 28 menos ca en 2000. Ten seis entidades de poboación.

Ordes, Rairiz de Veiga

Santa María de Ordes é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 175 habitantes, 71 menos ca en 2007 (122 homes e 124 mulleres) e 75 menos ca en 2000. Ten 19 entidades de poboación.

En 1061 tivo lugar nesta parroquia un caso de adelphopoiesis, un enlace celebrado pola igrexa católica entre dúas peroas do mesmo sexo.

Os Blancos

Os Blancos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 885 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1148 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é blanqués ou blanquense.

Porqueira

Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».

Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Rairiz de Veiga, Rairiz de Veiga

San Xoán de Rairiz de Veiga é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. No ano 2008 tiña 592 habitantes (289 homes e 303 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano 2007.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Sarreaus

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Trasmiras

Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é trasmirao .

Vilar de Barrio

Vilar de Barrio é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1500 habitantes (1963 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «barriés».

Vilar de Santos

Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Zapeaus, Rairiz de Veiga

Santo Adrao de Zapeaus é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 30 habitantes, 10 menos ca en 2007 (20 homes e 20 mulleres) e 34 menos ca en 2000. Ten catro entidades de poboación.

Concellos da comarca da Limia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.