Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Comarca da Coruña
Comarca Coruña
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalA Coruña
Área469,6 km²
Poboación397.254 hab. (2014)
ConcellosAbegondo
Arteixo
Bergondo
Cambre
Carral
A Coruña
Culleredo
Oleiros
Sada
Concellos da Comarca da Coruña
Concellos da Comarca da Coruña
1.Abegondo
2.Arteixo
3.Bergondo
4.Cambre
5.Carral
6.A Coruña
7.Culleredo
8.Oleiros
9.Sada
Anillos coruna
Aneis metropolitanos da Coruña.

Territorio e superficie

Unha característica común dos concellos costeiros do "Arco Ártabro" é a da súa reducida extensión, regra que sen problemas se pode empregar cos concellos que conforman a comarca da Coruña. De tódolos xeitos os seus 469,6 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus concellos, dende o máis pequeno, Sada, que abrangue unha superficie de 27,4 km², ata o máis grande, o xa plenamente atlántico Arteixo, que ten unha superficie de 93,4 km².

No ano 2014, o máis densamente poboado, o concello da Coruña acumula 6.510,9 habitantes/km² nos seus 37,6 km² de extensión, o que lle confire o título de concello con maior densidade de poboación de Galicia. Tamén a comarca da Coruña é a máis densamente poboada de toda Galicia cunha densidade de poboación de 845,9 persoas por quilómetro cadrado.

Poboación

A comarca da Coruña é a segunda comarca máis poboada de Galicia por detrás da comarca de Vigo. Os datos sobre a súa demografía mostrados nesta sección proveñen do Instituto Galego de Estatística.

Indicadores demográficos

Censo total 2014 397.254 habitantes
Menores de 15 anos 54.922 (13.82 %)
Entre 15 e 64 anos 259.257 (65.26 %)
Maiores de 65 anos 83.075 (20.91 %)
  • Habitantes: 397.254 (2014)
  • Idade media: 44 anos (2014)
    • Porcentaxe de poboación menor de 16 anos: 12,9 (2008)
    • Porcentaxe de poboación entre 16 e 64 anos: 68,7 (2008)
    • Porcentaxe de poboación de máis de 65 anos: 18,4 (2008)
  • Taxa bruta de mortalidade: 9,3 (2012)
  • Taxa bruta de natalidade: 8,8 (2012)
    • Taxa xeral de fecundidade: 31,8 (2004)
    • Idade media á maternidade: 32,2 (2007)
    • Índice sintético de fecundidade: 1,0 (2004)
  • Taxa bruta de nupcialidade: 4,8 (2007)
    • Idade media ao primeiro matrimonio (homes): 34,2 anos (2012)
    • Idade media ao primeiro matrimonio (mulleres): 32,3 anos (2012)

Evolución nos últimos lustros[1]

Concello 1991 1996 2001 2006 2011 2014
Abegondo 5.466 5.467 5.694 5.773 5.709 5.585
Arteixo 17.931 20.898 22.709 26.739 30.482 30.857
Bergondo 5.392 5.732 6.179 6.539 6.722 6.702
Cambre 12.330 14.972 18.691 22.092 23.649 24.029
Carral 5.229 5.184 5.282 5.579 6.064 6.118
A Coruña 246.953 243.785 239.434 243.320 246.028 244.810
Culleredo 14.631 18.513 22.076 26.547 29.207 29.434
Oleiros 18.480 23.057 26.886 31.264 34.133 34.563
Sada 8.935 9.997 11.351 13.134 14.870 15.156
Total 335.347 347.605 358.302 380.987 396.864 397.254

Emigración

Inmigración

(Fonte: IGE - Instituto Galego de Estatística)

Notas

  1. Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos IGE. Consultado o 30/10/2015.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Abegondo, Abegondo

Santaia de Abegondo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 744 habitantes (365 homes e 379 mulleres) distribuídos en 24 entidades das cales están efectivamente poboadas 16, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 685 habitantes e ao ano 1999 cando tiña 588 habitantes.

Anceis, Cambre

San Xoán de Anceis é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.286 habitantes (632 homes e 654 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior. Ten 10 lugares.

Andeiro, Cambre

San Martiño de Andeiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 296 habitantes (149 homes e 147 mulleres). A parroquia ten 9 lugares.

Bergondo

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés.

Brexo, Cambre

San Paio de Brexo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 949 habitantes (480 homes e 469 mulleres), o que supón unha diminución en 10 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia ten 15 lugares.

Bribes, Cambre

San Cibrán de Bribes é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 793 habitantes (392 homes e 401 mulleres). A parroquia ten 20 lugares.

Cabanas, Abegondo

San Xián de Cabanas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 116 habitantes (59 homes e 57 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación das cales están efectivamente poboadas 2, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 134 habitantes e ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.

Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.

Cerneda, Abegondo

San Salvador de Cerneda é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 77 habitantes (32 mulleres e 45 homes) distribuídos en 5 entidades das cales están efectivamente poboadas 2, o que supón un diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 90 habitantes e un aumento respecto do ano 1999, cando tiña 83 habitantes.

Culleredo

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/) é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O seu xentilicio é culleredés ou culleredense.

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.

Cullergondo, Abegondo

Santa María de Cullergondo é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 4,61 km². Segundo o IGE en 2016 tiña 134 habitantes (72 mulleres e 62 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 168 habitantes.

Leiro, Abegondo

Santaia de Leiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 166 habitantes (82 mulleres e 84 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 230 habitantes.

Limiñón, Abegondo

San Salvador de Limiñón é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 231 habitantes (116 homes e 115 mulleres), 89 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Mabegondo, Abegondo

San Tirso de Mabegondo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 966 habitantes (470 homes e 496 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 892 habitantes.

Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2015 tiña 34.693 habitantes (33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Presedo, Abegondo

Santa María de Presedo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 140 habitantes (73 mulleres e 67 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 135 habitantes.

Vigo, Cambre

Santa María de Vigo é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 293 habitantes (144 homes e 149 mulleres). A parroquia ten 23 lugares.

Vilacova, Abegondo

San Tomé de Vilacova é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 116 habitantes (55 mulleres e 61 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 173 habitantes.

Viós, Abegondo

San Salvador de Viós é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 227 habitantes (111 mulleres e 116 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 238 habitantes.

Nela atópase o centro educativo abegondés do IES de Viós.

Concellos da comarca da Coruña
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.