Columna vertebral

A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano[1] situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.

Gray 111 - Vertebral column-coloured
Debuxo representativo dos segmentos da columna vertebral, vista lateral esquerda: rexión cervical (laranxa); rexión dorsal (índigo); rexión lumbar (amarelo); rexión sacra (verde); rexión coccíxea (violeta). Th#: vértebra dorsal. Os sacrum: óso sacro. Coccyx: cóccix.

Rexións da columna

A columna vertebral consta de cinco rexións, contando con 33 vértebras, dividíndose en:

  • Rexión cervical (7 vértebras, C1-C7)
  • Rexión dorsal (12 vértebras, T1-T12)
  • Rexión lumbar (5 vértebras, L1-L5)
  • Rexión sacra (5 vértebras, S1-S5)
  • Rexión coccíxea (4 vértebras, inconstantes)

Cada rexión ten unha serie de características propias, as cales se van superpoñendo naquelas vértebras próximas á outra zona (por exemplo C7, T12 ou L5).

ACDF oblique annotated english
visión oblicua

Rexión cervical

Véxase tamén fractura de Jefferson
Existen 7 vértebras cervicais, con 8 nervios espiñais, en xeral pequenas e delicadas. Os seus procesos espiñentos son curtos (con excepción de C2 e C7, os cales teñen procesos espiñentos mesmo palpables). Nomeados de cefálica a caudal como C1 a C7, o atlas (C1) e o axe (C2), son as vértebras que lle permiten a mobilidade do pescozo. Na maioría das situacións, é a articulación atlantooccipital que lle permite á cabeza moverse de arriba a abaixo, mentres que a unión atlantoaxidoidea permite ao pescozo moverse e virar de esquerda a dereita. No axe atópase o primeiro disco intervertebral da columna espinal. Todos os mamíferos salvo os manatís e os preguiceiros teñen 7 vértebras cervicais, sen importar a lonxitude do pescozo.

A vértebras cervicais posúen o forame transverso por onde transcorren as arterias vertebrais que chegan até o foramen magnum para finalizar no polígono de Willis. Estes forámenes son os máis pequenos, mentres que o forame vertebral ten forma triangular. Os procesos espiñentos son curtos e con frecuencia están bifurcados (salvo o proceso C7, onde se ve claramente un fenómeno de transición, asemellándose máis a unha vértebra torácica que a unha vértebra cervical prototipo).

Gray90
Esquema dunha vértebra torácica

Rexión dorsal

Véxase Vértebra torácica
As 12 vértebras torácicas e os seus procesos transversos teñen unha superficie para articular coas costelas. Algunha rotación pode ocorrer entre as vértebras desta zona, pero en xeral, posúen unha alta rixidez que prevén a flexión ou a excursión excesiva, formando en conxunto coas costelas a caixa torácica, protexendo os órganos vitais que existen a este nivel (corazón, pulmón e grandes vasos). Os corpos vertebrais teñen forma de corazón cun amplo diámetro anteroposterior. Os forámenes vertebrais teñen forma circular.

Rexión lumbar

Véxase Vértebra lumbar
As 5 vértebras lumbares teñen unha estrutura moi robusta, debido ao gran peso que teñen que soportar por parte do resto de vertebras proximais. Permiten un grao significativo de flexión e extensión, ademais de flexión lateral e un pequeno rango de rotación. É o segmento de maior mobilidade a nivel da columna. Os discos entre as vértebras constrúen a lordose lumbar (terceira curva fisiolóxica da columna, con concavidade posterior).

Rexión sacra

Véxase Vértebra sacra
Son cinco ósos que na idade madura do ser humano atópanse fusionados, sen disco intervertebral entre cada unha delas.

Cóccix

Véxase Cóccix
En xeral, son 4 ósos (en casos máis raros poden haber 3 ou 5 vértebras), sen discos intervertebrais. Moitos animais mamíferos poden ter un maior número de vértebras a nivel desta rexión, denominándoselles "vértebras caudais". A dor a nivel desta rexión denomínaselle coccigodinia, a cal pode ser de diversa orixe.

Funcións

As funcións da columna vertebral son varias. Principalmente intervén como elemento de sostén estático e dinámico, proporciona protección á medula espinal recubríndoa, e é un dos factores que axudan a manter o centro de gravidade dos vertebrados.[2]

A columna vertebral é a estrutura principal de soporte do esqueleto que protexe a medula espinal e permite ao ser humano desprazarse en posición erguida, sen perder o equilibrio.

A columna vertebral serve tamén de soporte para o cranio.

Constitución

A columna vertebral está constituída por pezas óseas superpuestas e articuladas entre si, chamadas vértebras (vertebræ PNA), cuxo número considerado erroneamente case constante é de 33 pezas aproximadamente, dependendo da especie.[3][4]

As vértebras están conformadas de tal maneira que a columna goza de flexibilidade, estabilidade e amortiguación de impactos durante a locomoción normal do organismo.[5]

A columna vertebral dun humano adulto mide máis ou menos 75 cm de lonxitude.

Curvaturas da columna vertebral humana

As curvaturas da columna vertebral non se producen só debido á forma das vértebras, senón tamén á forma dos discos intervertebrais.

En humanos, a columna conta con dous tipos principais de curvaturas: anteroposteriores (ventrodorsales) e laterolaterais[6]:

Curvaturas anteroposteriores

Descríbense dous tipos de curvaturas: cifose e lordose. A cifose é a curvatura que dispón ao segmento vertebral cunha concavidade anterior ou ventral e unha convexidade posterior ou dorsal. A lordose, ao contrario, dispón ao segmento vertebral cunha convexidade anterior ou ventral e unha concavidade posterior ou dorsal. A columna vertebral humana divídese en catro rexións, cada unha cun tipo de curvatura característica:

  • Cervical: lordose.
  • Torácica: cifose.
  • Lumbar: lordose.
  • Sacrococcíxea: cifose.

No home acabado de nacer, a columna cervical só conta cunha gran cifose. A lordose lumbar e sacrococcíxea aparecen logo.

Curvaturas laterolaterais

En humanos, a columna vertebral presenta unha curvatura torácica imperceptible de convexidade contralateral á beira funcional do corpo. Debido ao predominio da condición destra na poboación, a maioría presenta unha curvatura laterolateral torácica de convexidade esquerda.

Anormalidades

Ocasionalmente a coalescencia das láminas non se logra completar e consecuentemente queda unha hendidura nos arcos vertebrais, pola cal protúe as meninxes (dura nai e aracnoide) e xeralmente a propia medula espinal, constituíndo unha malformación denominada espiña bífida. A condición é máis común a nivel lumbosacro, pero pode ocorrer noutras rexións.

As seguintes corresponden a curvaturas anormais:

  • Hipercifose: é unha esaxerada cifose a nivel torácico, coloquialmente coñéceselle como chepa, común en persoas maiores e secundaria á osteoporose.
  • Hiperlordose: lordosis esaxerada a nivel lumbar. A hiperlordose resulta común entre as mulleres embarazadas.
  • Listese: pode ser anterolistese ou retrolistese, dependendo se o desprazamento do corpo vertebral é cara a adiante ou cara atrás con respecto á vértebra adxacente.
  • Escoliose: curvatura lateral, é a máis común das curvatura anormais e ocorre nun 0,5%. É máis frecuente en mulleres e pode ser o produto dun crecemento desigual dunha ou máis vértebras. Pode provocar atelactasias pulmonares e problemas respiratorios de tipo restritivos.

Notas

  1. [1] Anatomía humana: descritiva, topográfica e funcional, Volume 2;Volume 11 Henry Rouvière, A. Delmas, Vincent Delmas. Páxina 54. ( books.google.es )
  2. A Fundación Kovacs: Costas.org - Como é e como funciona as costas
  3. Segundo Delmas & Rouvière, a cifra está suxeita a unha gran variacion poboacional, só o 65% dos individuos teñen entre 35 e 33 vértebras. A maior variación numérica dáse nas porcións máis inferiores da columna vertebral. Rouvière H & Delmas A: Anatomía humana: descritiva, topográfica e funcional, Masson, 9ª, Barcelona, 1996. T2, páx. 8. ISBN 84-458-0506-2
  4. Serían 29 se se considera ao cóccix como un só óso: Xeneralidades da Columna Vertebral [2]
  5. Centro de saúde de Barcelona para a prevención da dor de costas, columna e tensión. [3] Arquivado 26 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  6. Anatomía humana: Michael Latarjet e A. Ruiz Liard - 4° edición - Buenos Aires: Médica Panamericana, 2004; Tomo 1, Páxina 43.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Medina, Valentín Ramos; Rando, José Luis Palomo (2009). "Autopsia del raquis". Revista española de medicina legal: órgano de la Asociación Nacional de Médicos Forenses 35 (2): 76–82. ISSN 0377-4732. (require subscrición (?)).
Aleta

Denomínase aleta a cada un dos membros ou apéndices externos que posúen os peixes e, por extensión, os mamíferos mariños, aínda que nestes últimos as aletas posúen unha orixe e estrutura moi diferentes. As aletas cumpren unha función locomotora e estabilizadora, se ben nalgúns casos sofren notables modificacións para adaptarse a funcións particulares dalgunhas especies.

Aorta

A aorta é a arteria de maior calibre. Sae do ventrículo esquerdo, ascende formando un arco e despois descende pegada á columna vertebral por detrás do corazón. Atravesa o diafragma (hiato aórtico do diafragma) na parte máis posterior deste músculo. A partir de entón denominarase aorta abdominal. Ó longo do seu traxecto dá numerosas ramas. Termina nas arterias ilíacas comúns.

Caluga

A caluga é a parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.

Nela únese a cabeza coa columna vertebral mediante as vértebras cervicais, que son sete na maioría dos mamíferos. En anatomía topográfica, delimítaa por riba unha liña que pasa polo occipicio (protuberancia do óso occipital) e por baixo outra que pasa pola apófise espiñosa da sétima vértebra cervical.

En galego recibe tamén os nomes de: brouca, cerviz, cocote, coliga, couquizo, e noca (este último do latín científico nucha, e á súa vez do árabe clásico nuẖā‘, medula).

Cifose

A cifose ou quifose (do grego κύφος, "convexo", e o sufixo -se, que indica "estado, proceso") é unha desviación da columna vertebral que provoca un avultamento á altura da parte posterior da rexión torácica O vulto producido nas costas coñécese vulgarmente coma corcova ou chepa. Tamén coma carrela, carrumba, gobelo, gobia, lomba, marrá ou xiba A columna presenta catro curvaturas fisiolóxicas (ou "normais"): dúas curvaturas dirixidas cara a fóra do corpo denominadas cifoses que están presentes na columna dorsal e sacra, e dúas curvaturas chamadas lordoses dirixidas cara a dentro do corpo e situadas na rexión lumbar e cervical. A escoliose (curvaturas cara aos lados) sempre se considera patolóxica ("anormal"). Neste caso, a deformidade en flexión da columna vertebral provoca unha curvatura con prominencia dorsal, moitas veces acompañada de patoloxía cardiopulmonar como complicación da deformidade vertebral.

As alteracións da columna vertebral pódense dar en dous planos; o medial e o frontal. Dentro do plano frontal atopamos a escoliose. Mentres que a cifose e a lordose son vistas desde un plano medial (lateral). Cando a curva fisiolóxica tórnase patolóxica denomínase hipercifose.

Costas

As costas ou o lombo son a grande área posterior do corpo humano, erguéndose desde o alto das nádegas até a base do pescozo e os ombros. Ela constitúese na superficie oposta ao peito, sendo a súa altura definida pola columna vertebral (comunmente denominada "espiña" ou "espiña dorsal") e sendo soportada a súa largura pola caixa torácica e ombros. O canal medular pasa a través da columna vertebral e prové nervios para o resto do corpo.Ademais da súa obvia importancia fisiolóxica, esta parte da anatomía humana tamén desenvolveu unha importancia social e artística, servindo para a arte corporal no corpo humano.

Escoliose

A escoliose (en grego: skoliōsis, de skolios, "torto") é unha desviación do raque que ten como resultado que a columna vertebral dunha persoa se curve de lado a lado. Aínda que é unha complexa deformidade tridimensional, nunha radiografía vista dende atrás, a columna vertebral dunha persoa con escoliose típica pode verse máis como un "S" ou un "C" que unha liña recta. Xeralmente, clasifícase en conxénita (causada por anomalías vertebrais presentes ó nacer), idiopática (de causa descoñecida, sub-clasificada á súa vez como infantil, xuvenil, adolescente ou adulto segundo a data de inicio na que se produciu) ou neuromuscular (ten desenvolto como síntoma secundario doutra enfermidade espiña bífida, parálise cerebral, atrofia muscular espiñal o un trauma físico). A escoliose afecta aproximadamente a 7 millóns de persoas nos Estados Unidos.

Farinxe

A farinxe é un tubo musculoso situado no pescozo e revestido dunha membrana mucosa; conecta o nariz e a boca coa traquea e o esófago. Pola farinxe pasan tanto o aire coma os alimentos, polo que forma parte tanto do aparello dixestivo coma do aparello respiratorio. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do cranio ata a 6ª ou 7ª vértebra cervical, situándose diante da columna vertebral.

Gorxa

Na anatomía dos vertebrados, a gorxa (do latín gŭrga, garganta) ou garganta é a parte anterior do pescozo, en fronte da columna vertebral. Anatomicamente, contén a farinxe e a larinxe, ademais doutras estruturas óseas, musculares e sanguíneas. Unha característica importante da garganta é a epiglote, unha aba que separa o esófago da traquea e evita o paso á larinxe de alimentos ou bebidas.

Invertebrado

Un invertebrado é un animal desprovisto de columna vertebral. Pode ser unicelular ou pluricelular. Este termo non ten valor taxonómico, sendo definido por oposición ó vertebrados, que si o ten. Os artrópodos constitúen o meirande grupo de invertebrados por número de especies.

Medula espiñal

A medula espiñal é a continuación do encéfalo desde o foramen magnum occipital, ó nivel da decusación das pirámides do bulbo raquídeo, ata a rexión lumbar. Alóxase no conduto vertebral. No ser humano é un cordón nervioso cunha lonxitude que non coincide coa da columna vertebral. No corpo humano adulto a medula espiñal chega aproximadamente ata a vértebra lumbar L1, aínda que no nadón pode chegar ata a L3 e ten forma case cilíndrica (a medida que a medula se separa do bulbo raquídeo adquire forma máis cilíndrica); a partir dese nivel a medula continúa formando un filamento delgado chamado filamento terminal, que está unido ao cóccix. En realidade é un tanto aplanada, aínda conservando a súa forma cilíndrica, o seu diámetro é lixeiramente maior nas rexións cervical e lumbar, principalmente debido ao incremento do número de neuronas e axóns nestas rexións para a innervación dos moitos músculos dos membros superiores e inferiores.

A medula espiñal é a encargada de levar os impulsos nerviosos desde as diferentes rexións do corpo cara ó encéfalo, e do encéfalo ós segmentos distais do corpo, aspecto dunha grande importancia clínica. Tamén se encarga de controlar as actividades motoras involuntarias mediante o chamado acto reflexo. Ademais transmite información do sistema nervioso simpático e parasimpático.

Polo nome pode confundirse coa medula ósea aínda que sexan totalmente distintas. Esta última fabrica as células sanguíneas e non ten ningunha función nerviosa. Tampouco se debe confundir coa espiña dorsal, que é outro nome que se lle dá á columna vertebral.

Músculo trapecio

O músculo trapecio é un músculo da parte posterior do pescozo, tronco e extremidade superior. As súas funcións son as da rotación, retroceso, elevación, e abdución da escápula.

Músculos romboides

Os músculos romboides son dous músculos do membro superior humano, pertencentes ao ombreiro. Insírense na parte interna da columna vertebral e descenden cara fóra, ata insertarse na escápula, por debaixo da inserción do músculo elevador da escápula.

O romboide menor orixínase na parte inferior do ligamento nucal e nas apófises espiñentas C7 e T1. Pola súa banda, o romboide maior insírese máis abaixo, nas vértebras T2 a T5 e no ligamento supraespiñento disposto entre eles. Despois descende cara fóra, ata inserirse na escápula, na parte posterior, entre a espiña e o ángulo inferior.

Ambos músculos están inervados polo nervio dorsal da escápula, que é unha póla do plexo braquial, e por pólas directas dos nervios espiñais procedentes das raíces anteriores da medula espiñal.

Teñen a mesma función, elevar e retraer a escápula.

Raque

Raque é a designación dada ao eixo central de estruturas biolóxicas ramificadas, como plumas das aves, follas pinnuladas e formas biolóxicas semellantes.

Deste xeito, raque pode ser:

Botánica — o pecíolo primario (común) das follas compostas;

Botánica — o eixo principal das espigas de algunhas gramíneas e das inflorescencias de Musaceae

Paleontoloxía — a parte central do corpo dun trilobite, situada entre as dúas pleuras;

Anatomía — a espiña dorsal, ou columna vertebral, dun animal;

Zooloxía — o eixo central dunha pluma de ave.

Traumatoloxía

A traumatoloxía é a especialidade médica que se ocupa do estudo, tratamento e efectos dos traumatismos óseos e dos tendóns dos membros superiores, inferiores, cadeiras e columna vertebral causados por accidentes ou pola violencia contra unha persoa. Nalgúns países está considerada unha especialidade da cirurxía ortopédica.

Tronco (anatomía)

En anatomía, o tronco ou torso é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o ser humano), de onde se proxectan a cabeza e os membros (superiores e inferiores ou, nos cuadrúpedes, anteriores e posteriores). Está subdividido na caixa torácica (ou tórax) e no abdome. Estas dúas partes (que internamente son a cavidade torácica e a cavidade abdominal) están separadas por un músculo, en forma de bóveda, chamado diafragma.

Tórax

O tórax é a parte do corpo humano que está entre a base do pescozo e o diafragma. Contén os pulmóns, o corazón, grandes vasos sanguíneos como a arteria aorta (ascendente, arco e descendente), a vea cava inferior, a cadea ganglionar simpática de onde saen os esplácnicos, a vea ácigos maior e menor, o esófago, o conduto torácico e a súa división é o mediastino.

Ten a forma de cono truncado ou pirámide cuadrangular e a súa parede está formada polas costelas e os músculos intercostais polos lados, que se unen por diante ao óso esterno por medio das cartilaxes costais, e por detrás á columna vertebral dorsal. A función desta "caixa" é a de protexer os órganos internos de traumatismos mecánicos.

A caixa torácica ten a particularidade de ensancharse para permitir a inspiración. Ademais, o último par de costelas denomínase flotante, xa que só está unido ás vértebras na parte posterior. Anteriormente, este par é libre: isto permite o seu ensanchamento no embarazo.

Vertebrados

Os vertebrados (Vertebrata) ("os que teñen vértebras"), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Inclúe case 62 000 especies actuais e moitas máis fósiles.

Aínda que procedentes do medio dulciacuícola, os vertebrados conseguiron evolucionar no mar e pasar, posteriormente, ao medio terrestre, onde dominan na actualidade logrando colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos.

O termo Vertebrata, usado en sentido amplo, é sinónimo de Craniata, e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; pero de usarmos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluírse dito grupo. Porén, hai evidencias de que os mixíns deben seren incluídos.

Vertebratus

Vertebratus é unha variedade de nubes caracterizada por ter unha aparencia de columna vertebral ou sucesión de vértebras.

Só está presente no xénero cirrus.

Vértebra

As vértebras son cada un dos ósos que conforman a columna vertebral. Nos mamíferos hai 33 vértebras, que se agrupan de acordo coas rexións que ocupan en cervicais (7 vértebras), torácicas (12 vértebras) e lumbares (5 vértebras), ás que seguen as cinco que están fusionadas para conformar o sacro e as catro vértebras coccíxeas que conforman o cóccix.

As vértebras únense entre si polos seus corpos e polas súas apófises articulares. Entre unha vértebra e outra existen uns ligamentos interóseos que se denominan discos intervertebrais.

Con excepción das primeira e segunda vértebras cervicais, as chamadas vértebras verdadeiras ou movibles (pertencentes ás citadas tres rexións superiores) presentan certos trazos comúns que son mellor recoñecidos examinando unha vértebra do medio da rexión torácica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.