Coliflor

A coliflor (Brassica oleracea var. botrytis) e unha variedade de col (Brassica oleracea) da familia das Brassicaceae. Outras variedades da mesma planta son o brócoli, o repolo, as verzas ou as coias de Bruxelas, todas elas importantes hortalizas e esenciais na gastronomía galega. Existen en galego algunhas variedades dialectais coma: culliflor, culiflor e coubeflor (en portugués couve-flor)[1].

Trátase dunha planta anual pero encóntrase no seu mellor momento entre os meses de setembro e febreiro, aínda que se pode dispor dela durante todo o ano. Parécese ó brócoli e está emparentada con el.

A planta está composta por unha cabeza redondeada, denominada masa, que é a única parte comestible, rodeada de grosas follas verdes. A cor da masa pode ser branca amarelada, verde o violeta segundo a variedade cultivada, pero se ten manchas, inflorescencias separadas ou partes brandas na masa, significa que está vella. O seu tamaño pode alcanzar os 30 centímetros de diámetro e pode chegar a pesar más de 2 kg. Ten un sabor suave e, en ocasións, lixeiramente dulzón.

Coliflor crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía104 kJ (25 kcal)
5 g
Azucres1.9 g
Fibra alimentaria2 g
0.3 g
1.9 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
4%
0.05 mg
Riboflavina (B2)
5%
0.06 mg
Niacina (B3)
3%
0.507 mg
Ácido pantoteico (B5)
13%
0.667 mg
Vitamina B6
14%
0.184 mg
Ácido fólico (B9)
14%
57 μg
Vitamina C
58%
48.2 mg
Vitamina E
1%
0.08 mg
Vitamina K
15%
15.5 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
22 mg
Ferro
3%
0.42 mg
Magnesio
4%
15 mg
Manganeso
7%
0.155 mg
Fósforo
6%
44 mg
Potasio
6%
299 mg
Sodio
2%
30 mg
Cinc
3%
0.27 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga92 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Coliflor
Bloemkool

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. olearacea
Nome binomial
'Brassica oleracea'
Nome trinomial
Brassica oleracea var. botrytis

Notas

  1. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=Coliflor&tipo_busca=lema

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Agricultura de Galicia

Tradicionalmente, a agricultura galega, caracterizada polo minifundismo, baseouse no policultivo e no traballo intensivo. Nos últimos tempos, o sector experimentou cambios profundos de cara á súa modernización.

Bechamel

O bechamel (pronunciado [ be.ʃaˈmɛl ], bexamel) é un mollo branco que se elabora mesturando fariña e manteiga en leite quente até espesar, ao que se lle pode engadir noz moscada ou outros condimentos. O mollo bechamel emprégase coma salsa básica e é un dos mollos máis populares da cociña francesa. Dende finais do século XX popularizouse por todo o mundo, sendo tamén introducido na cociña galega en pratos importados como a lasaña, os canelóns, as croquetas e coma acompañamento doutras preparacións de verduras (coma coliflor ou brócoli) e incluso marisco (coma mexillóns ou vieiras). Ademais de preparase na casa, pode atoparse envasado (xeralmente en tetrabrick) e pronto para ser empregado, na zona de refrixerados de tendas de alimentación.

Brassica

Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.

Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.

Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus).

Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.

As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.

Brócoli

O brócoli ( pronunciación ) (Brassica oleracea var, italica), do latín brachium (brazo), é unha planta da familia das brasicáceas, antes chamadas crucíferas. Outras especies desta familia son o repolo, a coliflor ou as coles de Bruxelas.

O brócoli posúe abundantes cabezas florais carnosas de cor verde, dispostas en forma de árbore, sobre pólas que nacen dun groso talo comestíbel. É moi semellante á coliflor, mais verde no canto de branca. Dáse en climas frescos, polo que prospera pobremente durante os veráns calorosos. Habitualmente tómase fervido ou ao vapor, pero pódese consumir cru. Ten un alto contido de vitamina C, vitamina E e fibra solúbel.

Brócoli romanesco

O romanesco é a inflorescencia comestible da Brassica oleracea var. botrytis, unha variedade da especie Brassica oleracea á que pertencen tamén a coliflor, o brócoli, a col, o repolo ou a col de Bruxelas. É unha variedade verde de coliflor, da familia das brasicáceas, de forma singular. Como todas as especies desta familia, é rico en nutrientes, vitamina C, fibra soluble, potasio, fósforo, ácido fólico e carotenoides. Consómese cocido ou ao vapor normalmente, inda que tamén se pode utilizar como verdura crúa, en ensalada.

É orixinario de Italia, máis precisamente de Roma. En 1834 o poeta italiano que escribía en romanesco Giuseppe Gioacchino Belli menciona esta verdura nun poema e de aí vén o seu nome. Hai rexistros da súa utilización desde o século XVI, mais só nas últimas décadas veu sendo dispoñible e coñecido noutros países.

A súa forma xeométrica é moi decorativa, e a súa disposición espiralada é moi citada como exemplo de forma fractal na natureza, e ilustra as leis da filotaxia.A cantidade de inflorescencias do que se compón o brócoli romanesco é un número Fibonacci.

Col

A col ou coia é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe os nomes dialectais de coia, coella, coube e coubella.

Cova de El Soplao

El Soplao é unha cova situada nos concellos de Rionansa, Valdáliga e Herrerías en Cantabria (España). Considérase unha cavidade única a nivel mundial pola calidade e cantidade das formacións xeolóxicas (espeleotemas) que alberga nos seus 17 quilómetros de lonxitude total, aínda que só 6 están abertos ao público. Nela atópanse formacións pouco comúns como helíctitas (estatalactitas excéntricas que desafían a gravedade) e "draperies" (sábanas ou bandeiras traslúcidas colgando do teito). A súa formación data do Mesozoico, concretamente do período Cretáceo, fai 240 millóns de anos.

El Soplao forma parte das 6.500 covas do subsolo cántabro que, sen dúbida, son un paraíso para a espeleoloxía.

Cumulus

Os cumulus ou cúmulos, abreviadamente Cu, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por seren nubes con contornas ben definidas, encopetadas e densas. Desenvólvense verticalmente a xeito de protuberancias, cúpulas ou torres. As súas zonas superiores aseméllanse con frecuencia a unha coliflor. As partes iluminadas polos raios do Sol teñen unha coración branca intensa, namentres que a súa base e plana e de cor escuro. Ás veces, aparecen esgazados polo vento.

Esclerocio

Un esclerocio é unha masa compacta de micelio endurecido que contén reservas alimenticias. Un papel dos esclerocios é sobrevivir en períodos ambientais extremos. Nalgúns fungos superiores como Claviceps, os esclerocios despréndense e fican en dormencia até se daren as condicións favorábeis para o desenvolvemento dun novo micelio. Outros fungos que producen esclerocios son patóxenos nas colleitas de colza. Estes fungos adoitan ser controlados co uso de funxicidas e a rotación de culturas.

Sclerotinia sclerotiorum é outro fungo produtor de esclerocios que pode producir importantes doenzas en cultivos de pataca, feixón, leituga, tomate, aipo, coliflor e repolo.

Flor

A flor ( pronunciación ) (tamén chor en uso literario) é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gomo foliar modificado.

O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

Luci

Luci é unha comedia de situación emitida pola Televisión de Galicia dende abril de 2014 (cun episodio piloto en 2013).

Nube

Unha nube é un conxunto visible de partículas minúsculas de auga en estado líquido ou sólido, ou ambos ao mesmo tempo, en suspensión na atmosfera despois de se teren condensado en virtude de fenómenos atmosféricos. Este conxunto pode tamén conter partículas de auga líquida ou de xeo en maiores dimensións, e partículas procedentes, por exemplo, de vapores industriais, de fumeiras ou de po.

As nubes presentan diversos aspectos que varían dependendo esencialmente da natureza, dimensións, número e distribución no espazo das partículas que a constitúen e das correntes de ventos atmosféricos. Depende tamén da intensidade e da cor da luz que a nube recibe, ben como das posicións relativas do observador e da fonte de luz (sol e a lúa) en relación á nube.

Paella

Denomínase paella en valenciano (do latín patella, "especie de ferrada") a un recipiente de metal (xeralmente ferro), con dúas asas ou un mango, de pouca profundidade e grande superficie, semellante a unha tixola, moi empregada en gran parte do País Valenciano (onde, de feito, paella significa "tixola"). Nesta paella adoita cociñarse unha grande variedade de arroces, algúns dos cales toman o seu nome: a paella de polo e coello, a paella de verduras, a paella de marisco, a paella de coliflor e bacallau etcétera.

Por este motivo, paella pasou a designar en galego un prato típico do País Valenciano, cociñado no recipiente do que toma o nome (de igual maneira ó que acontece con pucheiro). Trátase dun refogo de carne (polo o coello), verduras (tomate, feixón verde, pemento), azafrán e aceite, ó cal se engade auga e tras un tempo de cocción, o arroz, continuando a cocción ata que o arroz absorba todo o caldo. Adoita ter verduras e carne ou marisco, pero os ingredientes básicos son o arroz, o azafrán e o aceite de oliva, ós que se engaden as cousas que se encontran a man en cada caso.

A paella provén da época de dominación árabe: existía o costume de facer este prato con cus-cus, pero a falta deste ingrediente na península, empezaron a empregar o arroz. Coa paella, humilde e exquisito prato da horta que a finais do século XIX saltou das barracas e alquerías ás casas de comidas, barracóns e merendeiros de toda a costa valenciana.

O conxunto de especialidades que ofrecen os restaurantes urbanos, as arrocerías ó uso e os chiringuitos de praia son difíciles de encadrar dentro dunha listaxe. Hai arroces caldosos, cociñados en caldeiros, pucheiros, caldeiras e potas, coma o famoso arròs amb fesols i naps, e arroces melosos preparados en potas fondas de barro, do estilo do arròs al forn (arroz ó forno) ou o arròs amb costra (arroz con costra), cuxas receitas gardan unha enorme similitude co arròs en cassola al forn que figura no Llibre de Coch, de Robert de Nola (1520).

Potasio

O potasio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é K (do latín Kalium) e cuxo número atómico é 19. É un metal alcalino, branco-prateado que abunda na natureza, nos elementos relacionados coa auga salgada e outros minerais. Oxídase rapidamente no aire, é moi reactivo, especialmente en auga, e parécese quimicamente ao sodio. É un elemento químico esencial.

Pradejón

Pradejón é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España.

Quefir

O quefir, búlgaros ou iogur dos paxariños é un produto lácteo fermentado orixinario da rexión do Cáucaso. Tamén reciben este nome os gránulos empregados para a súa elaboración.

Elabórase tradicionalmente a partir de leite de egua (aínda que se comercialice o elaborado a partir doutras especies, como vaca ou cabra). Presenta un sabor característico debido á presenza de alcohol (ó redor do 1%).

O quefir ten un aspecto semellante á coliflor aínda que máis brando. Trátase dunha combinación de bacterias probióticas e lévedos nunha matriz de proteínas, lípidos e azucres. O Lactobacillus acidophilus é a bacteria e Saccharomyces kefir o lévedo (fungo unicelular) máis habituais no quefir, aínda que varían segundo as rexións e culturas.

Existen tres tipos de quefir: o quefir de leite, o quefir de auga e o quefir de té ou Kombucha.

En Galiza produce Kefir a cooperativa Santa María de Loureiro de Ourense e Casa Grande de Xanceda.

Valtierra

Valtierra é unha concello da Comunidade Foral de Navarra, España, situada no meiriñado de Tudela, entre as desérticas paisaxes das Bardenas Reales e o val do Ebro. Segundo o INE, en 2008 tiña 2.542 habitantes. Ten unha extensión de 49,9 km², e limita coas localidades de Arguedas, Alfaro, Cadreita, Castejón e Tudela.

Verdura

As verduras son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Vitamina B7

A biotina, vitamina H ou vitamina B7 é unha vitamina, estable á calor, soluble en auga e alcol e susceptible á oxidación, que intervén no metabolismo dos hidratos de carbono, graxas e aminoácidos e purinas. Biotina deriva do grego bios (vida).

Alivia dores musculares, o eccema e a dermatite e tamén axuda a combater a depresión e a somnolencia. É esencial para a síntese e degradación de graxas e a degradación de certos aminoácidos. Non se levaron a cabo estudos definitivos sobre os requirimentos de biotina pola falta de coñecemento sobre a dispoñibilidade dela nos alimentos e a contribución microbiana, pero recoñécese que unha inxesta segura e adecuada desta vitamina é de 200-300 μg diarios.

Hai tres formas de biotina: biotina libre (a única útil para os seres humanos), biocitina (e-biotina-L-Lisina) e dous sulfóxidos L e D da biotina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.