Colexio de Santiago Alfeo

O Colexio de Santiago Alfeo ou Colexio Novo, coñecido na actualidade maioritariamente como Colexio de Fonseca (e como pazo de Fonseca ao edificio que o albergaba), foi un Colexio Maior, xerme da Universidade de Santiago de Compostela, fundado polo arcebispo Alonso III de Fonseca en 1526.

O edificio segue formando parte da Universidade; é a sede da Biblioteca Xeral, e tamén alberga, no antigo refectorio e na capela, a ambos os lados do vestíbulo, salas de exposicións temporais.

Santiago de Compostela - Colegio de Fonseca (o de Santiago Alfeo)Biblioteca General de la Universidad 2
Porta principal do Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca.

Historia

Véxase tamén: Universidade de Santiago de Compostela.

Orixes

A finais do século XV Lopo Gómez de Marzoa, membro do Concello de Santiago promoveu a creación na cidade dun Colexio de Estudantes Pobres, motivo polo cal se dirixiu ao abade do bieito mosteiro de San Martiño Pinario frei Juan de Melgar na procura do seu apoio.

Deste xeito, o 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón nas que se fixaron as contribucións económicas que debían as partes para a fundación. Os de San Martiño doaron como sé o Convento de San Paio de Antealtares, agás a igrexa, e o notario doou bens por un valor total de 50.000 marabedís de renda anual.

Este estudio de San Paio tivo unha vida moi curta, xa que o 18 de xullo de 1499 os relixiosos, en capítulo presidido polo prior xeral e reformador xeral da orde de San Bieito para o Reino de Galicia, acordaron anular o contrato e instalar en San Paio ás monxas bieitas de Galicia.

O Estudio Vello

O 17 de xullo de 1501 de novo Lopo Gómez de Marzoa, xunto con Diego de Muros II, bispo de Canarias, e Diego de Muros III, deán de Santiago, fixeron unha segunda fundación, na que configuraron un Estudio Xeral coa súa propia normativa e a súa sé nunha casa da Rúa Nova onde se impartiron clases de Gramática e Cánones. En 1504 unha bula do papa Xulio II confirma a fundación de dito estudio.

Fundación polo arcebispo Alonso III de Fonseca

Alonso III de Fonseca 1
Monumento de Ramón Conde a Alonso III de Fonseca, no claustro do Colexio de Santiago Alfeo.

En 1522 o arcebispo de Santiago Alonso III de Fonseca comeza a xestionar a creación dun Colexio Novo, ao que denominaría Colexio de Santiago Alfeo.

Fonseca conseguiu que o papa Clemente VII aprobara, mediante bula outorgada o 15 de marzo de 1526, a fundación do Colexio, na que se autorizaba a construír un colexio novo ou ampliar o existente Estudio Vello, que quedou englobado no Novo, ao que se lle anexionaron as rendas, e a establecer as ensinanzas de Artes, Teoloxía e Dereito, e outorgándolle os mesmos privilexios que o colexio fundado polo Cardeal Cisneros en Alcalá de Henares.[1] Nacía así a Universidade de Santiago.

O terceiro dos Fonseca fixou o proxecto do novo Colexio no seu testamento de 1531, incluíndo a dotación os executores e o proxecto de construción, pero á súa morte, no ano 1534, en Alcalá de Henares aínda non se puxera en marcha.

Nos anos 1551 e 1552 algúns testamenteiros reuníronse co patrón do Colexio, Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca conde de Monterrei e sobriño do arcebispo Fonseca III, co obxecto de poñer en marcha o colexio. O edificio xa estaba feito pero carecían da normativa organizativa, polo que chegaron a valorar a entrega da institución aos xesuítas para que fosen eles os que a organizaran. Finalmente, o 25 de outubro de 1553 promulgáronse as primeiras ordenanzas, pero estas non chegaron a aplicarse. Xa había tempo que o Colexio de Santiago Alfeo estaba construído nos terreos doados polo propio Fonseca do soar familiar da Rúa do Franco.

As reformas de Cuesta e Portocarrero

As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuítas, principalmente o arcebispo Xoán Álvarez de Toledo, e os testamenteiros, fixo que o cabido recorrese á arbitraxe de Filipe II. Este, por medio da provisión real do 26 de xuño de 1555, encomendoulle ao doutor Andrés Cuesta o estudo e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciándoo da propia Universidade. Só os colexiais do devandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperar a consolidación definitiva até o 10 de decembro de 1567, cando o Consello Real estableceu as graduacións da Universidade de Santiago de Compostela. A Coroa foi desde entón o principal patrón da institución.

No ano 1577 solicitouse de novo a intervención da Coroa para reformar os estatutos da universidade. A consecuencia foi a visita de Pedro Portocarrero e a posterior aprobación da súa reforma en outubro de 1588. Nela especificábanse mais polo miúdo as competencias e funcións dos diferentes órganos e establecíase a residencia para teólogos e xuristas no Colexio Maior de Santiago Alfeo e a dos artistas no de San Xerome, deixándolle a ensinanza de Gramática á Compañía de Xesús.

Ao longo do século XVI a universidade chegou a ter, durante varios cursos, 3.000 estudantes, que procedían principalmente de Galicia e Asturias.

No século XVII a universidade consolidouse coa incorporación das facultades de Leis e Medicina ás xa existentes de artes, Teoloxía e Cánones, e contaba con até cinco colexios: o de antigo Alfeo, o de San Xerome, o de San Clemente, o de San Patricio dos Irlandeses e o efémero de San Salvador. A finais do século non chegaba a 300 o número de estudantes.

A Universidade Ilustrada

O século XVIII trouxo consigo unha profunda transformación na Universidade de Santiago de Compostela, completándose así o proceso de secularización da institución ao afastarse do control eclesiástico. A dinámica centralizadora á que se vían sometidas as institucións nesta época contribuíu a que a Universidade perdera certa autonomía. Foi daquela cando Carlos III lle concedeu a condición de rexia á Universidade de Santiago de Compostela, engadindo ao seu distintivo a coroa real que, sobre as armas de Castela, León e Galicia, e xunto aos emblemas heráldicos dos seus fundadores máis salientados, integrouse no escudo.[2]

Despois da expulsión dos xesuítas ordenada por Carlos III, o monarca español concedeulle á Universidade os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago de Compostela, pasando a constituír o centro da nova universidade ilustrada. De inmediato realizouse un novo plan de estudos que recuperaba disciplinas cedidas a certas congregacións relixiosas, creou graos académicos e introduciu novas ensinanzas prácticas e científicas, como Física Experimental ou Química.

O edificio

Santiago de Compostela - Colegio de Fonseca (o de Santiago Alfeo), Biblioteca General de la Universidad 1
Claustro do Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca.
Santiago-Patio de Fonseca
Outra vista do Claustro, coa torre do edificio, con bandeiras. Ao fondo, as torres da catedral.

O Pazo, de estilo renacentista con trazos platerescos, está unido ao Colexio de San Xerome e posúe dous corpos en altura e un gran patio interior arroupado por un fermoso claustro rematado por unha cristaría plateresca.

Nos muros exteriores ábrense vans con arcos de medio punto apoiados en columnelas que animan, xunto coa porta principal, a seriedade do muro.

O edificio construíuse sobre a casa onde nacera o arcebispo Fonseca III (lugar hoxe indicado por unha lápida) on trazas de Juan de Álava, que supervisou Alonso de Covarrubias, continuándose a construción entre 1522 e 1544 polos mestres de obras Alonso de Guntín e Jácome García.

Na fachada, rematada máis tarde (1688) por Diego de Romay, destaca a porta principal, de gran xenerosidade ornamental, nunha especie de enxalzamento do cristianismo. A porta, arco triunfal de acceso, está coroada por un friso onde está, no entro, o escudo do fundador rodeado das figuras de San Gregorio o Grande, Santo Ambrosio, Santo Agostiño e San Xerome, os catro doutores da Igrexa latina, e enmarcada por columnas exentas acanaladas, apoiadas en importantes basas que sosteñen o corpo superior.

As dúas figuras inferiores corresponden a Santiago Alfeo e á Virxe dos Praceres, e as que coroan o conxunto son San Pedro, Santa Catarina, Santo Ildefonso e San Paulo. O resto da ornamentación compóñena as figuras duns enigmáticos dragóns (que algúns autores identifican con imaxes de inspiración maia).

me mostró sus estatuas y relieves
primorosos, encanto del artista;
y del gran Hospital, la incomparable
obra del genio, ante mis tristes ojos
en el espacio dibujose altiva.

A porta dá paso a un vestíbulo, con bóveda de crucería, que separa, á esquerda, o Salón Artesoado (o Antonio refectorio e, despois, Sala de Graos) con artesoado de tipo mudéxar, hoxe destinado a sala de exposicións, e a Capela gótica, obra tamén de Diego Romay, cunha fermosa bóveda de crucería, tamén usada na actualidade como sala de exposicións.

Máis adiante sáese ao patio, rodeado polo claustro: a súa dupla arcada superposta de estilo tipicamente plateresco, con arcos rebaixados e enxutas decoradas mediante medallóns e bustos, e que se completa cunha cristaría na parte superior.

Usos posteriores do pazo

O edificio tivo diversos usos ao longo da súa historia:

  • Colexio Maior.
  • Convento da nobreza.
  • Hostal para campesiños e comerciantes.
  • Lugar de acollida dos católicos irlandeses que estudaban en Santiago desde tempos de Filipe II, cando o seu Colexio Maior, chamado Colexio de San Patricio ou Colexio dos Irlandeses, resultou destruído durante a Guerra da Independencia.
  • Seminario de Estudos Galegos.
  • Facultade de Medicina.
  • Facultade de Farmacia.

Na actualidade, o edificio do Colexio de Fonseca segue formando parte da Universidade de Santiago e dedicado a diversos usos: fundamentalmente, é a sede da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, e tamén alberga, como quedou dito, salas de exposicións.[3]

Despois do franquismo, nos primeiros anos da autonomía de Galicia, o Salón Artesonado de Fonseca foi a sede do Parlamento de Galicia. Foi a segunda sede do Parlameto tras o Pazo de Xelmírez (sede entre 1981 e 1982) e até o seu traslado en 1989 ao Pazo do Hórreo, edificio da Escola de Veterinaria de Santiago, suprimida en 1924 e transformado o edificio en cuartel de infantaría.[4]

Notas

  1. AER Arquivo AGS, Sinatura CRC,458,13 de data 1556.
  2. O escudo da universidade pode verse, entre outros lugares, na decoración do teito do antigo Paraninfo, o tamén en: Universidade de Santiago de Compostela (2007): Sigillum: Memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, capítulo Tempos e figuras da Universidade de Compostela (Ramón Villares Paz). Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978 84 9750 784 4, p. 19.
  3. Santiago Virtual. Colegio de Fonseca (en castelán).
  4. La Escuela de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924)[Ligazón morta] (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barreiro, Xosé Ramón (coord.) (1999): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Volume I. De los orígenes al siglo XIX. Santiago: USC. ISBN 84-8121-777-8.
  • Fraguas Fraguas, Antonio (1956): Historia del Colegio de Fonseca, anexo XI de Cuadernos de Estudios Gallegos.
  • Fraguas Fraguas, Antonio (1995): O colexio de Fonseca. Santiago: Consorcio de Santiago / IEGPS / USC. ISBN 84-8121-278-4
  • Fraguas Fraguas, Antonio (1974): Gran Enciclopedia Gallega, Silverio Cañada, Tomo 13. ISBN 84-7286-122-8. Voz "Fonseca", pp. 159–160.
  • García, Xosé M. e Xoán M. Monterroso (2000): Fonseca: patrimonio e herdanza. Arquitectura e iconografía dos edificios universitarios composteláns (séculos XVI-XX). USC. ISBN 84-8121-861-8.
  • Menéndez Pidal, Ramón (1979): Historia de España. Tomo XX. La España de Carlos V. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4828-5.

Outros artigos

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Facultade de Dereito de Santiago de Compostela

A Facultade de Dereito de Santiago de Compostela é o edificio da Universidade de Santiago de Compostela no que se imparten os estudos de Dereito. Desde mediados do século XX está situada no Campus Sur, na avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri. Anteriormente ocupaba o andar inferior da actual Facultade de Xeografía e Historia.

Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela

A Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela é a Facultade onde se imparte a docencia da Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.

O seu edificio está situado no Campus Sur de dita Universidade, na praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n.

Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela

A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, onde se imparte o grao en Filosofía e máis varios másteres, é unha das últimas pólas segregadas da antiga Facultade de Filosofía e Letras, na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela foi fundada no ano 1974, a partir da antiga Facultade de Filosofía e Letras na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

Fonseca

Fonseca (etimoloxicamente 'fonte seca', do latín fons sicca) pode referirse a:

TopónimosFonseca, lugar da parroquia de Santa Comba da Órrea, no concello de Riotorto.+

Fonseca, localidade en Minglanilla, Cuenca.

Casas de Fonseca, localidade de Castela e León

Fonseca, localidade de Colombia

Fonseca, golfo no Océano Pacífico, ao oeste de América Central, limitado ao noroeste polo Salvador, ao noreste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.ApelidosAlonso de Fonseca ou Alonso I de Fonseca, (1418 - 1473), bispo de Ávila, arcebispo de Santiago de Compostela e de Sevilla e Señor de Coca.

Alonso de Fonseca e Acevedo ou Alonso II de Fonseca (? - 1512), arcebispo de Santiago de Compostela e sobriño de Alonso I.

Alonso de Fonseca e Ulloa ou Alonso III de Fonseca, (1476 - 1534), arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo, fillo de Alonso de Fonseca e Acevedo e de María de Ulloa e impulsor da USC.

Alonso Ulloa de Fonseca Quijada (? - 1505) (ás veces chamado Alonso de Fonseca Quijada).

Carlos Fonseca Amador, profesor, político e revolucionario nicaraguano.

Cristóbal de Fonseca, escritor español do século XVI.

Deodoro da Fonseca, primeiro presidente da República Brasileña (1889-1891).

Xoán Rodríguez de Fonseca, primeiro organizador da política colonial castelá nas Indias.InstituciónsColexio de Santiago Alfeo ou Colexio de Fonseca, Colexio Maior, fundado por Alonso III de Fonseca, xerme da Universidade de Santiago de Compostela.

Colexio Maior de Santiago o Zebedeo ou Colexio de Fonseca, Colexio Maior da Universidade de Salamanca, tamén fundado por Alonso III de Fonseca.XurisprudenciaPreito Tabera - Fonseca

Gallaecia Fulget (álbum)

Gallaecia fulget é un álbum do grupo tradicional galego Milladoiro gravado no ano 1995 en Galiza, nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende. É unha composición temática, encargo da Universidade de Santiago de Compostela para a exposición conmemorativa dos 500 anos da súa fundación . Dividida en catro movementos, o cuarto é unha suite de temas tradicionais galegos. Milladoiro conta neste álbum coa colaboración de voces solistas, coros de canto gregoriano e pandeireteiras. Foi lanzado no mercado xaponés pola editorial Marquee/Belle Antique.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.