Colexiata de Santa María de Vigo

A colexiata de Santa María de Vigo é un templo católico situado na cidade de Vigo. Desde 1959 ten a consideración de concatedral, compartindo a sede catedralicia da diocese de Tui-Vigo coa catedral de Tui. Foi construída entre 1816 e 1834, substituíndo a antiga colexiata, danada trala explosión dunha polvoreira en 1809.

O actual edificio foi deseñado por Melchor de Prado y Mariño, membro da Real Academia de San Fernando. O seu estilo principal é o neoclásico, se ben as torres son barrocas.

Colexiata de Santa María de Vigo
Colexiata, Vigo
Colexiata de Santa María dende A Pedra.
Datos xerais
TipoConcatedral
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónGalicia Vigo
Coordenadas42°14′22″N 8°43′34″O / 42.239444444444, -8.7261111111111Coordenadas: 42°14′22″N 8°43′34″O / 42.239444444444, -8.7261111111111
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construción1816-1834
EstiloBarroco, neoclásico

Historia

Colexiata de Santa María de Vigo
Fachada.

Os primeiros rexistros da existencia dun templo vigués baixo a advocación de Santa María datan do século XII. Nun documento de 1156 o bispo Paio Mendes e o seu cabido repártense as parroquias da diocese de Tui. Noutro documento de 1170 o rei Fernando II de Galiza outorga a igrexa ao bispado como compensación por outros territorios tomados para a coroa. Tamén aparece mencionada en distintos documentos dos mosteiros de Melón e Oia.

A ese templo seguiulle outro de estilo gótico, construído a finais do século XIV e finalizado en 1403, que conservaba varias capelas e os transeptos do anterior. O 11 de xuño de 1497 constituíuse como colexiata, sendo o seu primeiro prior Jaime González de Pedroso. En 1589 a igrexa foi saqueada polo pirata Francis Drake. Cara a 1680 efectúanse numerosas reformas no templo. En 1809 explotou unha polvoreira próxima, situado no castelo do Castro. A igrexa sufriu graves danos, polo que tivo que proxectarse unha nova.

O proxecto foi encargado ao santiagués Melchor de Prado y Mariño, que o presentou en 1811, se ben non se iniciaron as obras até 1816 debido á Guerra da Independencia Española. Tamén se achatou o terreo para crear a pequena praza dianteira. As obras remataron en 1838, coa construción do tabernáculo e os altares laterais.

Arquitectura

Igrexa antiga

Museo Pontevedra, 6 Edificio, 05-01a, tímpano Santa María de Vigo
Tímpano gótico da colexiata, hoxe exposto no Museo de Pontevedra.

O templo gótico, existente entre o século XV e o XIX, estaba formado por unha nave central e unha serie de naves laterais coroadas con bóvedas de cantaría. O tímpano de entrada representaba a Anunciación máis a Adoración do Magos.[1] O altar maior estaba formado por un retablo dourado que representaba a Santa Trindade e a Asunción da Virxe coroado por un crucifixo de vidro. Detrás do altar había un pequeno nicho ou camarín cunha imaxe da Virxe. No sagrario estaban representados os doce apóstolos e os anxos. A ambos os dous lados do altar maior había dous altares laterais, dos que destacaba o de San Bieito, de ouro e alabastro, no que un altorrelevo representaba o Via crucis e que estaba acompañado de numerosas figuras de personaxes relixiosos. Este altar fora doado polo arcebispado de Londres, polo que estaba coroado polo escudo de Inglaterra. O outro altar lateral estaba dedicado a Santa Catarina e San Sebastián, e nel tamén estaban representados a Quinta Angustia, Santo Amaro e a Madalena.

A ambos os dous lados da nave principal situábase unha serie de capelas laterais decoradas con pinturas murais. A capela de Santa Ana tiña tres esculturas de pedra de Santa Ana, Santo Antón e San Roque. A capela do Rosario tiña imaxes de madeira do Rosario e de San Martiño.

Colexiata, torre norte, Vigo
Detalle, torre norte.

A capela de San Martiño tiña imaxes de San Martiño, San Pedro e Santiago, unha estatua de San Brais e o altar da Resurrección. Había unha capela dedicada ao seu patrocinador, Gregorio de Paços, na que estaban representados Santa Ana, San Miguel, Santo Antón e San Gregorio. A capela do Anxo Custodio acollía un retablo cos doce apóstolos e maila Virxe e un altar adicado á Madalena. Outra capela estaba dedicada a San Bertomeu, San Xoán e Santiago, cunha imaxe de Santo Estevo.

Dentro do templo tamén destacaban a cantaría perpiaño do coro e o órgano.

No exterior, a igrexa estaba coroada por unha única torre de planta cadrada que tiña no alto un reloxo de campá, así como dúas campás grandes e dúas pequenas.

No centro do adro había unha oliveira centenaria, que sobreviviu até o século XIX, que chegou a converterse nun símbolo da cidade. A actual oliveira de Vigo saíu dun esgallo desta. En outubro de 2016, o Concello de Vigo plantou novamente unha oliveira bicentenaria ao carón da colexiata de Santa María, no lugar onde estivo orixinalmente a que deu nome á cidade.[2]

Igrexa actual

O actual templo destaca pola súa robustez, e de feito foi pensado como posible praza forte, dado o contexto de recente finalización da Guerra de Independencia.

A estrutura do edificio presenta unha planta rectangular: o altar está flanqueado por dúas sancristías, e aos seus pés aparece a nave principal, que ten aos seus lados unha serie de capelas laterais situadas baixo dúas naves máis estreitas paralelas á central. Aos pés desta encóntrase o pórtico, desde cuxos laterais se accede ás torres. As bóvedas central e laterais, de canón, están sustentadas sobre filas de columnas toscanas de porte sobrio coroadas por capiteis dóricos. A marxe entre o altar e a nave central está definida por un único arco. O altar maior, decorado con mosaicos de Padrós, que rememoran feitos da Guerra da Independencia, está presidido polo Cristo da Vitoria, de gran devoción en Vigo.

Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, Nicolás Taboada Leal, 1840.pdf&page=165
Íntegro en pdf: Descripcíon topografico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores.

A fachada presenta un esquema sinxelo e simétrico. No centro sitúase unha ampla e única portada baixo o frontón, ambos os dous franqueados a cada lado polas dúas torres, único elemento barroco que contrasta coa sobriedade neoclásica do resto do conxunto.

Notas

  1. "La Diputación encarga una réplica del tímpano de la antigua colegiata de Santa María"
  2. "O Concello planta unha oliveira bicentenaria na Concatedral onde estaba a que deu nome á cidade". Xornal Vigo. 6 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Iglesias Rouco, L. S. (1979). "La iglesia colegiata (concatedral) de Vigo" (pp. 514–519), en Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA. Valladolid, Universidad de Valladolid.
  • Santiago y Gómez, J. (2006). Historia de Vigo y su comarca Valladolid, Ed. Fray Luis de León. ISBN 84-9761-285-X.
  • Taboada Leal, Nicolás (1840). "Antigüedades y noticias históricas de la población de Vigo" (pp. 165–185), en Descripcíon topografico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores.

Outros artigos

Arciprestados de Galicia

Os arciprestados de Galicia son as agrupacións de parroquias eclesiásticas en que se subdividen as dioceses da Igrexa Católica con xurisdición en Galicia. Algúns dos topónimos fan referencia á comarca, a vila de cabeceira, ou a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.

Catedral de Mondoñedo

Non confundir coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo.A catedral de Mondoñedo é un templo católico da vila de Mondoñedo, unha das sés episcopais da diocese de Mondoñedo-Ferrol xunto coa Concatedral de Ferrol. Foi declarada Monumento Nacional en 1902 e nomeada basílica por Xoán XXIII cunha bula datada o 9 de marzo de 1959.

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Catedral de Tui

A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do río Miño. É sé da diocese de Tui-Vigo, convertida en sede episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico, e foi finalizada cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, ano no que foi consagrada polo bispo Esteban Egea. En 1931 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

Concatedral de San Xiao de Ferrol

A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao. Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.

Diocese católica latina de Lugo

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Diocese católica latina de Tui-Vigo

A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Diocese de Iria

A diocese de Iria (en latín: Diocesis Iriensis) foi unha sede territorial galega da Igrexa Católica, predecesora da Diocese de Santiago de Compostela e finalmente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Oliveira de Vigo

A oliveira de Vigo é unha árbore senlleira da especie Olea europaea que se atopa no Paseo de Afonso XII, no centro da cidade de Vigo. A cidade foi coñecida co sobrenome de “Cidade da oliva”, e hoxe en día coñécese coma “Cidade olívica” por mor da monumental oliveira que se atopaba no adro da colexiata de Santa María de Vigo. Esta árbore, símbolo da cidade, figura no escudo de Vigo.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Vigo Centro, Vigo

Vigo Centro é unha parroquia do concello de Vigo que limita coas parroquias de Coia, Freixeiro, Lavadores, San Paio, San Xoán Do Monte, Sárdoma e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Centro.

Ten aproximadamente 260.000 veciños (2003).

O Casco Vello constitúe o primeiro núcleo da cidade. Os monumentos máis destacados son a Colexiata de Santa María de Vigo, do 1816, e a imaxe do Cristo da Vitoria, realizada en torno ó 1680. No Castro varias escavacións arqueolóxicas remataron co achado de construcións pertencentes ós séculos II a.C. ata o III d.C. Tamén, en pleno centro urbano, localizouse un importante sitio arqueolóxico romano baixo restos dos séculos XIX, XVII e medievais.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos
Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.