Coles

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Coordenadas: 42°24′44″N 7°50′23″O / 42.41222, -7.83972

Coles
Escudo de Coles
Casa do Concello de Coles
Casa do Concello de Coles.
Situacion Coles
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación3.049 hab. (2018)
Área38,1 km²
Densidade80,03 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Capital do concelloVilarchao
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Rodríguez Vázquez (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Coles
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes61,05%
Na rede
http://www.concellodecoles.gal/

Xeografía

O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro. A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.

O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km. O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes. Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.

Demografía

Segundo o dicionario de Madoz, a mediados do século XIX tiña 4.635 habitantes. Na década de 1950 había 5.114, e en 1.960 a poboación descendeu a 4.608. En 1970 eran 3.491, e 3.487 en 1975. A finais da década de 1980 comezou un leve aumento da poboación procedente da capital ourensá.

Censo Total (Habitantes) 3.150 (2014)
Menores de 15 anos 316 (10.03 %)
Entre 15 e 64 anos 1.841 (58.44 %)
Maiores de 65 anos 993 (31.52 %)
Evolución da poboación de Coles   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.273 4.954 4.810 3.369 3.252 3.150 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Antes da romanización as terras estaban habitadas nos poboados castrexos de Santa Águeda, A Madalena, San Lourenzo e Adro Vello.

NO século XII constituíuse na comarca o arcediagado de Búbal, baixo a influencia da orde de Santiago e dos mosteiros de Ribas do Miño, Oseira e Celanova. O topónimo aparece documentado de distintos modos a mediados do século XIII: Coonis (1233), Coonas (1242) e Columpnis (1257).

Durante o antigo réxime, as parroquias do actual concello pertencían ás xurisdicións da Barra (orde de Santiago, a través da encomenda da Barra), Gustei (bispado de Ourense), Melias (condado de Lemos e mosteiro de Oseira), Ribela (condado de Lemos) e A Peroxa (condado de Ribadavia), pertencentes á provincia de Ourense.

En 1812 constituíronse os concellos de Gustei e Melias, que foron retomados entre 1820 e 1823. En 1835 consituíuse definitivamente o actual concello de Coles.

Patrimonio

Cultura castrexa

O castro da Madalena foi catalogado en 1925 por Florentino López Cuevillas para o Seminario de Estudos Galegos. As súas defensas víronse danadas por mor dunhas obras de minería na procura de cuarzo levadas a cabo en 1870 por Daniel de Aguiar e Silva. Está situado a uns 45o m de altitude. Atopáronse restos de vivendas e de cerámica con decoración. É un castro dun só recinto cun terraplén de 8 m de alto no oeste e ata 40 no leste. No norte e oeste e na metade hai un chanzo estreito que fai a modo de glacis, e ó seu pé corre un foxo de trece a quince metros de ancho cunha escarpa de tres a dez metros de alto. Na parte sur non hai foxo, pois conta coa defensa natural dun regato. Ten forma circular, cuns 120 m de diámetro.

O castro de Santa Águeda está situado no outeiro do mesmo nome, a unha altitude de 682 m, servindo de fronteira cos concellos de Vilamarín e A Peroxa. Ten uns 75 m de diámetro e conta con tres recintos. Foi estudado por Xesús Ferro Couselo, e actualmente a espesa vexetación dificulta a súa visita. Realizáronse 9 catas, descubríndose restos de edificacións, dous amarradoiros do gando, unha machada pulida semellante aos machados neolíticos e dous pulidores. Tamén un colar de pasta vítrea e paredes decoradas con sucos incisos formando bandas. Tamén se atopou a planta da antiga capela adicada á santa que da nome ao lugar.

O castro de San Lourenzo non está escavado. Atopáronse restos de tégulas e de cerámica, que non foron analizadas. Preto do castro hai unha capela cunha ventá prerrománica.

O castro do Adro Vello está situado preto da actual igrexa de Coles, entre Paradela e Seoane.

Pazos

O pazo de Fontefiz está situado na parroquia de Ucelle. Xa no século X aparece referenciado o Casal de Fonte Felici. No século XV pertencía ao mosteiro de San Clodio, e en 1597 foi aforado a Gregorio de Nóvoa, veciño da Peroxa, que fundaría a liñaxe de Fontefiz. No século XVIII consolidouse a potencia económica da casa de Fontefiz mercede ás rendas de varias poboacións dos arredores, e mellorouse a construción. Pechouse o eido, construíuse e canalizouse unha présa de auga para o servizo da casa, fixéronse as cortes, o cabaceiro, a tulla de pedra os maineis da casa e o retablo da capela. Amais, anexáronse diversas leiras. Mais no século XIX comezou a decadencia. En 1866, trala morte de Pedro Ventura de Puga, pasou ao marquesado de Leis. Actualmente é o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia pertencente á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

No interior da leira hai un pombal. O edificio principal ten planta en U, patio pechado por muro con portalón exterior coroado por un escudo e outra interior cara outras dependencias da leira. No patio interior están os escudos das familias que o posuíron: Nóvoa, Vilamarín, Temes, Raxó e Deza, cun balcón sostido por canzorros e dous reloxos de Sol. No interior do edificio destaca a escaleira nobre e a lareira, feitas en cantería. A cheminea da lareira, na fachada suroeste, ten seis metros de altura.

Economía

No sector primario destaca a existencia de prados para a gandería, ademais do cultivo de millo, patacas e viñedos. Abondan as fragas de piñeiros, carballos, eucaliptos e castiñeiros. No campo da industria destaca o sector da madeira. A comezos do século XX había medio centenar de talleres relacionados con este produto, destacando os da zona de Melias.

Comunicacións

O concello está atravesado pola estrada que une Ourense e Santiago de Compostela (N-525) e a vía Ourense - Lugo (N-540). Tamén está comunicado polo ferrocarril cara a Compostela.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Coles.
Igrexa de Santiago de Gustei

Igrexa de Santiago de Gustei.

Igrexa de Santa María de Ucelle, Coles

Igrexa de Santa María de Ucelle.

Placa altimétrica Coles

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Coles

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Coles vexa: Lugares de Coles.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Coles". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Barra, Coles

Santa María da Barra é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 187 habitantes (95 homes e 92 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Albán, Coles

San Paio de Albán é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 127 habitantes (74 homes e 53 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Bamio de Cima, Santo Eusebio da Peroxa, Coles

Bamio de Cima é un lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa no concello ourensán de Coles na comarca de Ourense. Tiña 14 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 8 mulleres.

Bamio de Fondo, Santo Eusebio da Peroxa, Coles

Bamio de Fondo é un lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa no concello ourensán de Coles na comarca de Ourense. Tiña 17 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 8 mulleres.

Barra de Miño, Santo Eusebio da Peroxa, Coles

Barra de Miño é un lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, no concello ourensán de Coles.

Tiña 10 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 13 habitantes.

En Barra de Miño hai un apeadoiro de Adif.

Cambeo, Coles

Santo Estevo de Cambeo é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 356 (168 homes e 188 mulleres), 18 máis ca en 2007 (164 homes e 174 mulleres) e 21 máis ca en 2000.

Col

A col ou coia é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe os nomes dialectais de coia, coella, coube e coubella.

Coles, Coles

San Xoán de Coles é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 223 habitantes (115 homes e 108 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento de 33 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Estación de Barra de Miño

Barra de Miño é unha estación de tren de Adif situada en Barra de Miño, no concello de Coles, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Gueral, Coles

San Martiño de Gueral é unha parroquia do concello ourensán de Coles. Segundo o IGE en 2014 tiña 3 habitantes (3 homes) nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, forma parte da parroquia eclesiástica de Gueral, xunto cos 5 lugares da parroquia de Gueral do concello da Peroxa.

Gustei, Coles

Santiago de Gustei é unha parroquia situada no concello de Coles na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal de 2005 tiña 875 habitantes (461 homes e 414 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación: Gustei, Pobadura, Seara Vella, Sequeiros, Sobral, Vilarnaz, Boncomezo e Soutullo de Arriba.

Durante o antigo réxime a parroquia pertenceu á xurisdición de Gustei, dependente da diocese de Ourense. En 1812 e 1820 constituíuse como concello de seu, integrándose en 1835 no de Coles.

Melias, Coles

San Miguel de Melias é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 510 habitantes (239 homes e 271 mulleres) 19 menos ca en 2000. Ten 16 entidades de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (O Pereiro de Aguiar).

Raúl Castro Cao

Raúl Castro Cao, coñecido como Arxentino, nado na Arxentina en 1914 e finado en Coles o 20 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Ribela, Coles

San Xillao de Ribela é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 210 habitantes (109 homes e 103 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento de 4 habitantes en relación ao ano 2000.

Santa Mariña de Albán, Coles

Santa Mariña de Albán é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 159 habitantes (72 homes e 87 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 14 habitantes en relación ao ano 2000.

Santo Eusebio da Peroxa, Coles

Santo Eusebio da Peroxa é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 568 habitantes (284 homes e 284 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento de 32 habitantes en relación ao ano 2000.

Ucelle, Coles

Santa María de Ucelle é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 97 habitantes (44 homes e 53 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

No Pazo de Fontefiz de Ucelle, está o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

Vilarchao, Santo Eusebio da Peroxa, Coles

Vilarchao é un lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, no concello ourensán de Coles. Segundo o IGE a súa poboación en 2011 era de 178 persoas (91 homes e 87 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Vilarchao é a capital do concello de Coles.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.