Colectivos da Mocidade Comunista

Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) son a organización xuvenil do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), aínda que historicamente foi coñecida por estar vinculada ao Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

O seu órgano de expresión é Tinta Roja, revista que se edita dende o ano 2006 en papel e dende o 2012 en formato dixital.

Os CMC foron creados o 13 de xaneiro de 1985 a iniciativa do recentemente fundado PCPE como a súa organización xuvenil. A principios dos anos 90 un sector dos CMC integrouse na Xuventude Comunista, referente xuvenil do Partido Comunista de España (PCE). En 2017, no marco do cisma xurdido no seo do PCPE, posicionaronse xunto a Ástor García, o que os converteu a partir do 3 de marzo de 2019 na mocidade de facto do PCTE.

Os Congresos celébranse cada tres anos por mandato estatutario. O último foi o X Congreso celebrado en marzo de 2019.[1]

O nome en castelán é Colectivos de Jóvenes Comunistas (CJC) e o nome varía segundo o territorio e a lingua local. Por exemplo, en Cataluña son os Joves Comunistes do Poble Català (CJC-JCPC), en Asturias chámanse Coleutivos de Mocedaes Comunistes (CJC-CMC), en Galicia Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) e no País Vasco e Navarra Gazte Komunisten Kolektiboak (GKK-CJC).

Os CMC organizan cada ano diversos eventos destinados á formación política dos militantes. Dende fai máis de 20 anos celebran a Escola de Formación "Trifón Medrano", á que acoden militantes de todos os puntos de España, ademais de invitados doutras organizacións xuvenís.

A nivel internacional, os CMC forman parte da Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD) dende a súa creación.

Colectivos da Mocidade Comunista
Cjc
Dirixentes e organización
LíderJavier Martín
Historia
Fundación13 de xaneiro de 1985
Outros datos
SedeMadrid
PublicaciónTinta Roja
Páxina webwww.cjc.es
Mocidades do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE). Até 2017 foron as mocidades do PCPE.

Historia

Primeiros anos de existencia (1985-1989)

Os CMC foron creados en 1985 por iniciativa do PCPE, coa idea de ser o novo referente dos mozos comunistas de España. O I Congreso celebrouse en Madrid entre os días 6 e 8 de decembro de 1986. Coa presenza duns 400 delegados, elaboráronse as teses que ditaron o traballo a realizar polos CMC nos vindeiros anos, que naqueles anos eran, principalmente, a loita contra a total integración de España na OTAN e a solidariedade cos países entón socialistas como Cuba, Nicaragua ou a Unión Soviética, ademais da solidariedade coa oposición ao réxime de Augusto Pinochet en Chile. O seu primeiro secretario xeral foi Josep Miquel Céspedes, que posteriormente destacaou como político de Esquerra Unida i Alternativa (EUiA) en Cataluña.

Tres anos despois, en 1989 e tamén en Madrid, tivo lugar o II Congreso dos CMC. Naqueles días as organizacións comunistas de todo o mundo vían o seu proxecto perigar ante a progresiva restauración do capitalismo que se ía suceder paulatinamente en Europa do Leste e outros lugares do mundo. Isto causou que unha boa parte da militancia, tanto do PCPE como dos CMC, regresase ao PCE e ao seu referente xuvenil, a UJCE. Con todo, unha dirección profesionalizada e enfrontada ao PCPE fíxose co control dos CMC.

Os CMC tras a caída da Unión Soviética (1993-1997)

En 1993 celebrouse en Mollina, localidade da provincia de Málaga un conflitivo III Congreso dos CMC. A dirección daquel momento, enfrontada ao PCPE, propuxo neste Congreso a independencia orgánica dos CMC, e que o referente partidario destes variase segundo a zona de España na que se atopasen. Esta proposta foi rexeitada pola gran maioría da organización e provocou que unha gran parte da militancia se integrase en Esquerda Unida (EU) e na UJCE.

Entre 1994 e 1997 os CMC experimentaron unha dura época xa que as súas células, repartidas por todo o territorio de España, estaban moi illadas e pouco coordinadas entre si. Con todo, en 1997 celebrouse o IV Congreso dos CMC, que marcou o xerme do que son hoxe. Neste Congreso formouse tamén un novo Comité Central, e a secretaría xeral recaeu en Diana Bazo, cargo que exercería até 2005, tras a celebración do VI Congreso dos CMC.

Rexurdimento da organización (2001-2009)

En decembro de 2001 celebrouse o V Congreso dos CMC, caracterizado pola celebración, o ano anterior, dun Congreso de Unificación entre o PCPE e o PCOE. Unha nova xeración de militantes comezou a facerse notar e a poñer en práctica os principios do marxismo-leninismo que caracterizaron a creación dos CMC.

Tras o VI Congreso dos CMC, celebrado en 2005, os CMC reactivaron as relacións con outras mocidades comunistas do mundo, así como a participación na Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD), organización internacional que agrupa a mocidades comunistas e socialistas de todos os continentes desde o final da Segunda guerra mundial. Así mesmo, elixiuse a Emma Esplá como secretaria xeral dos CMC, cargo que ostentou até 2009.

A partir do seu VI Congreso en 2005 os CMC experimentaron un notorio crecemento, coa creación de diferentes colectivos en Canarias, Aragón, Cantabria, as illas Baleares, Galicia, Andalucía ou a provincia de León.

Crecemento e expansión dos CMC

En 2009 celebrouse o VII Congreso dos CMC, nos que se aprobaron unha serie de teses que definiron ideolóxicamente aos CMC de hoxe en día: utilización do marxismo-leninismo como ciencia para analizar a realidade, a aspiración de construír a república socialista de carácter confederal e o exercicio do dereito de autodeterminación para as nacionalidades históricas de España. Neste Congreso elixiuse como secretario xeral a Juan Nogueira, que exerceu o cargo até o seguinte Congreso, celebrado en 2013.

En 2010, unha escisión da Mocidade Comunista en Asturias (JCA), o referente xuvenil do PCE nese territorio, desvinculouse do Partido Comunista de Asturias.[2] Este proceso culminou coa integración deste sector da JCA nos CMC en marzo de 2011.

En decembro dese mesmo ano os CMC comezaron un proceso de unidade coa Unión de Mozos Comunistas de Madrid (UJC-M), unha organización xuvenil comunista xurdida como unha escisión da Unión de Mocidades Comunistas de España (UJCE) e vinculada até aquel momento ao PCE.

Os CMC celebran cada mes de xullo a Escola Central de Formación "Trifón Medrano" (á parte das escolas formativas territoriais ou nacionais), que vai variando de sede cada ano, e a Brigada de Solidariedade a Cuba "Antonio Gades". A finais de 2011 os CMC celebraron en Madrid xunto a Gazte Komunisten Batasuna (colectivo xuvenil comunista do País Vasco e Navarra), UJC-M e a Mocidade Comunista de España (marxista-leninista) a I Escola Unitaria de Mozos Comunistas.[3]

En 2012 a Escola de Formación "Trifón Medrano" sofreu un cambio no seu desenvolvemento. >Nesta ocasión, debido ao gran aumento no número de militantes de CMC, pasou a ter tres sedes: unha en Madrid, outra en Medina del Campo e unha terceira en Valencia.

Para setembro de 2012 os CMC organizaron a I Brigada de Solidariedade a Corea do Norte, que toma o nome de Ri In-mo, reporteiro de guerra coreano que loitou contra o imperialismo estadounidense e estivo preso durante máis de 3 décadas nos cárceres de Corea do Sur. Ademais, en xullo do ano tamén se celebrou a III Brigada de Solidariedade "Antonio Gades" a Cuba, na que os CMC recibiron a medalla de ouro da UJC de Cuba.[4]

En marzo de 2013 os CMC celebraron o seu VIII Congreso, no que adaptaron as súas teses ás do IX Congreso do PCPE e resultou elixido Sócrates Fernández como novo secretario xeral, en substitución de Nogueira.[5].

En marzo de 2016 os CMC organizaron a II Brigada de Solidariedade "Sahid O Ouali" aos campamentos de refuxiados saharauís en Alxeria.[6] Para ese mesmo mes os CMC celebraron o seu IX Congreso, no que Marina Gómez resultou elixida como secretaria xeral dos CMC.[7][8]

Cisma no PCPE

En 2017, a raíz da ruptura no seo do PCPE, os CJC permaneceron xunto ao sector encabezado por Ástor García.[9] Os militantes de CMC leais a Carmelo Suárez abandonaron a organización e creouse a Mocidade do PCPE, que funciona como organización xuvenil do sector do PCPE encabezado por Suárez.

En marzo de 2019, ao permanecer leais a Ástor García, pasaron a ser automaticamente a organización xuvenil do PCTE. Ao mesmo tempo que a fundación do novo partido, celebraron o seu X Congreso, no que Javier Martín foi elixido novo secretario xeral.[1][10]

Organización territorial

Os CMC están organizados en Comités Intermedios, que agrupan ás diversas células ou colectivos da organización dun territorio. Estes Comités (agás no País Vasco e Navarra) divídense por comunidades autónomas e son:

Territorio Comité
 Andalucía Comité Rexional de Andalucía
 Aragón Comité Rexional de Aragón
 Asturias Comité Rexonal d'Asturies
 Cantabria Comité Rexional de Cantabria
Castela-A Mancha Castela-A Mancha Comité Rexional de Castela-A Mancha
Castela e León Castela e León Comité Rexional de Castela e León
 Cataluña Comité Nacional de Catalunya
Madrid Comunidade de Madrid Comité Rexional de Madrid
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Comité do País Valencià
 Galicia Comité Nacional da Galiza
 Navarra e País Vasco País Vasco Comité Nacional de Euskal Herria (GKK-CMC)
A Rioxa A Rioxa Comité Rexional da Rioxa

Secretarios xerais

Período
Secretario Xeral
1985 - 1988 Josep Miquel Céspedes
1988 - 1993 Vicente Serrano
1993 - 1997 Comité Estatal de Dirección
1997 - 2005 Diana Bazo
2005 - 2009 Emma Esplá
2009 - 2013 Juan Nogueira
2013 - 2016 Sócrates Fernández
2016 - 2019 Marina Gómez
Dende 2019 Javier Martín

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. 1,0 1,1 "Reivindicar el pasado, organizar el presente y traer el futuro: el X Congreso de los CJC" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
  2. "La Juventud Comunista de Asturias se desvincula del PCE e inicia un proceso de unidad comunista con los CJC" (en castelán). 17 de novembro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. "Éxito de la I Escuela Unitaria de Formación Comunista y del Homenaje a las JJCC y la JSU" (en castelán). 7 de decembro de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2019.
  4. https://www.facebook.com/photo.php?fbid=447506958615875&set=a.446579162041988.110466.148047305228510&type=1&theater
  5. "Discurso de Sócrates Fernández, nuevo Secretario General de los CJC, en el cierre del 8º Congreso." (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
  6. "CJC | Colectivos de Jóvenes Comunistas (CMC-JCPC-GKK) - II Brigada al Sahara " Sahid El Ouali "". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 15 de julio de 2016.
  7. "Marina Gómez: Nueva Secretaria General tras el IX Congreso de los CJC" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
  8. "Éxito en el IX Congreso de la Juventud Comunista" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
  9. "Los Colectivos de Jóvenes Comunistas reconocen a Ástor García como Secretario General del PCPE" (en castelán). 8 de maio de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2019.
  10. "Javier Martín elegido nuevo secretario general". Twitter (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Partido Comunista dos Traballadores de España

O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

Ástor García

Ástor García Suárez, nado en Oviedo en 1978, é un profesor e político comunista español. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Traballadores de España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.