Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

Libros editados

Notas

  1. Salterio de Fingoy en Google Books.
  2. Bailada dos anxos en Google Books.
  3. Arredores en Google Books.
  4. Longa noite de pedra en Google Books.
  5. Pombal en Google Books.
  6. As dornas da preguiza en Google Books.
  7. A saudade i outros poemas en Google Books.
  8. Voz fuxida en Google Books.
  9. Palabra de honor en Google Books.
  10. Mecer de lúas en Google Books.
  11. Canta de lonxe o corazón do tempo en Google Books.

Véxase tamén

Outros artigos

Anne Marie Morris

Anne Marie Morris, nada en Evanston (Illinois) o 30 de maio de 1916 e finada en Gresham (Oregón) o 3 de outubro de 1999, foi unha escritora estadounidense

Antón Tovar

Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus. Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Augusto Casas

Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Colección Dombate

A colección Dombate foi unha colección literaria de Editorial Galaxia, dedicada á edición de poesía en lingua galega.

Colección Illa Nova

A colección Illa Nova foi unha colección literaria de Editorial Galaxia creada en 1957 e dedicada a primeiras edicións de literatura contemporánea en lingua galega, nos xéneros teatro, narrativa e ensaio.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Florencio Delgado

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un escritor galego.

Longa noite de pedra

Longa noite de pedra é unha obra poética de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1962 por Editorial Galaxia dentro da Colección Salnés. É a obra máis coñecida e representativa da lírica galega de posguerra, constituíndo un libro chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.

Manuel José Arce y Valladares

Manuel José Arce y Valladares, nado en Guatemala en 1907 e finado en 1970, foi un xornalista, diplomático e escritor guatemalteco. Debido ás influencia de Antonio Rey Soto e Antón Avilés de Taramancos escribiu en galego o poemario Dende o fondo canta o río en 1966 (Colección Salnés, Editorial Galaxia).

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Apelaba ao regato do Cepelo como outros autores apelaban ao Miño. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.

Miguel González Garcés

Miguel González Garcés, nado na Coruña o 12 de xaneiro de 1916 e finado o 12 de decembro de 1989, foi un escritor en lingua castelá e galega, xornalista e docente, pertencente á Xeración do 36, chamado pola crítica o "mineiro de luz".

Ramón María Blanco González

Ramón María Blanco González, nado en Toubes (A Peroxa) en 1912, foi un sacerdote e poeta galego. Asinou os seus libros como Ramón María.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

Salterio de Fingoi

Salterio de Fingoy (na edición orixinal) ou Salterio de Fingoi, é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1961 por Editorial Galaxia dentro da Colección Salnés, e reeditado en 1980.

Xosé Díaz Jácome

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Ánxel Sevillano

Non confundir con Angel Sevillano Estremera (Vigo 1942), pintor.Ánxel Sevillano García, nado en Vigo o 25 de xullo de 1906 e finado en Pontevedra o 31 de decembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.