Colección Dombate

A colección Dombate foi unha colección literaria de Editorial Galaxia, dedicada á edición de poesía en lingua galega.

Ao pé de cada hora. Salvador García-Bodaño. Dombate
Ao pé de cada hora (Salvador García-Bodaño, 1980; 2ª edición).

Libros editados

Véxase tamén

Outros artigos

Antón Tovar

Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus. Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.

Canle segredo

Canle segredo [sic] é un libro de poesía en lingua galega escrito por Xosé María Álvarez Blázquez. Adicado á súa dona, María Luísa Cáccamo Frieben, gañou o Premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires en 1953, se ben non saíu publicado até 1976.

Colección Illa Nova

A colección Illa Nova foi unha colección literaria de Editorial Galaxia creada en 1957 e dedicada a primeiras edicións de literatura contemporánea en lingua galega, nos xéneros teatro, narrativa e ensaio.

Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Luís González Tosar

Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego, residente en Santiago de Compostela.

Premio de poesía Martín Codax

O Premio de Poesía Martín Codax foi un afamado premio literario convocado polas adegas Martín Códax de Cambados durante os anos 1992 a 2000.

O premio estaba patrocinado polo Concello de Vigo e as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. As obras premiadas foron editadas pola Editorial Galaxia dentro da súa colección Dombate.

Sombra do aire na herba

Sombra do aire na herba é un libro de corenta e dous poemas do lugués Luís Pimentel (1895-1958), no que aparece a súa obra fundamental. Publicouse postumamente, en 1959, pola Editorial Galaxia, ao ano seguinte do pasamento do autor,

Tamara Andrés

Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.

Vítor Vaqueiro

Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.

Xohana Torres

Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929 e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017, foi unha escritora galega.

Xosé Díaz Jácome

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.