Colección Benito Soto

A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.

Placa Benito Soto
Placa conmemorativa no edificio onde estaba o obradoiro de Gráficas Torres.

O proxecto

Naceu como proxecto para editar os libros de poesía deses autores, convidando aos seus coñecidos a facer o mesmo, tanto en lingua galega como en castelán.

Álvarez Negreira era o máis novo do grupo, pero o que tiña maior entusiasmo, polo que foi designado director nun inicio. As obras imprimíanse en Gráficas Torres, a imprenta do pai de Sabino Torres, polo que foi nomeado editor. As dúas primeiras publicacións editáronse a comezos de 1949: Madrigal, do propio Álvarez Negreira, e Fabulario novo, de Cuña Novás. Entón pediron a colaboración de Celso Emilio Ferreiro, nese momento un poeta xa consagrado que participaba na vida intelectual pontevedresa. Trala súa chegada, Sabino Torres (en certa medida o mecenas do grupo), designouno director, pasando Álvarez Negreira á secretaría. Con todo, a efectos reais seguiu facendo as funcións de dirección, poñéndose en contacto cos autores e seleccionando os textos.

Libros editados

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anjo de terra

Anxo de terra (1ª edición, 1950) ou Anjo de terra (edición de 1980) é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero.

Benito Soto

Benito Soto Aboal, nado na Moureira (Pontevedra) o 22 de marzo de 1805 e falecido en Cádiz ou en Xibraltar entre 1830 e 1833, foi un pirata galego con sona de acadar grandes cotas de crueldade. Moitos datos da súa biografía son confusos e existen fontes contraditorias sobre eles.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Dona do corpo delgado

Dona do corpo delgado é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en (1950) na Colección Benito Soto. Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)

Eliseo Alonso

Eliseo Alonso Rodríguez, nado en Goián (Tomiño) o 1 de marzo de 1924 e finado na Habana o 18 de novembro de 1996, foi un escritor galego en galego e castelán.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Emilio Álvarez Negreira

Emilio Álvarez Negreira, nado en Pontevedra o 9 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2002, foi un xornalista e poeta galego.

Luís Pimentel

Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).

A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.

Manuel Cuña Novás

Manuel Cuña Novás, nado en Pontevedra o 1 de xuño de 1924 e finado o 18 de maio de 1992, foi un escritor e político galego.

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Sabino Torres

Sabino Torres Ferrer, nado en Pontevedra o 24 de xuño de 1924 e finado en Madrid o 23 de maio de 2016, foi un editor e escritor galego.

Sombra do aire na herba

Sombra do aire na herba é un libro de corenta e dous poemas do lugués Luís Pimentel (1895-1958), no que aparece a súa obra fundamental. Publicouse postumamente, en 1959, pola Editorial Galaxia, ao ano seguinte do pasamento do autor,

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.