Col chinesa

A col chinesa, coia chinesa ou repolo chinés (Brassica rapa, ssp. chinensis ; (en chinés); cantonés 黃芽白 wong ah bahk), (tamén hakusai, pak choy, pok choi, bae-chu (en Corea), bok choy ou pak choi, tamén ortografado pachoy en Europa Occidental) é unha variedade de col moi empregada como ingrediente dalgunhas cociñas dos países asiáticos, en especial na cociña chinesa. Trátase dunha verdura da especie Brassica rapa.

Col chinesa
BrassicaPekinensis

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. rapa
Nome binomial
Brassica rapa
Nome trinomial
Brassica rapa L. ssp. pekinensis[1]
(Lour.) Hanelt
Sinonimia
  • Brassica chinensis Regel
  • B. pekinensis (Lour.) Rupr.
  • B. pet-sai Bailey
  • Sinapis pekinensis Lour.
Brassica rapa subsp. chinensis - Pak choi from lalbagh 2289
Brassica rapa subsp. chinensis
Starr 081031-0419 Brassica campestris var. chinensis
Flores.

Descrición

Plantas parcialmente autoincompatíbeis. As follas son comestíbeis, de cor verde clara e brillante. As silicuas miden de 2,5 a 6 cm de longo e rematan nun bico curto e firme.[1]

Historia

É unha verdura oriúnda do Extremo Oriente. Atopáronse as súas sementes nas escavacións neolíticas dos asentamentos de Banpo. Cultívase na China dende hai máis de 1.500 anos, dende onde chegou ao Xapón a finais do século XIX. Nos últimos anos o seu consumo e produción experimentaron paseniñamente unha difusión aos países de Europa e ás Américas. Formaba parte da dieta culinaria dos chineses do sur no século V. O botanista Li Shizhen xa estudara as propiedades medicinais desta planta.

Actualmente cultívase en Europa, China, EUA e Guatemala.[1]

Usos

Sayur asin pickles
Conserva en vinagre de coles chinesas.

Semellante a unha acelga (Beta vulgaris var. cicla), as súas follas verdes e os seus talos brancos utilízanse na cociña asiática, en especial na cociña chinesa cantonesa. Adoitan prepararse cocidas, salgadas ou en vinagre. Unhas das operacións máis típicas cando se adquiren frescas é:

  • Separar as follas e lavalas por separado.
  • As follas verdes cocíñanse separadas a miúdo dos talos.
  • Nun stir frying, cómpre separar os talos e deben ser cortados á xuliana. As follas férvense durante uns dous minutos antes de ser cociñadas.

Unha receita rápida sería cortar as follas moi finas e cocelas uns 3-4 minutos. Sérvense con salsa de soia e sementes de sésamo lixeiramente torradas.

Valor nutricional

Contén altas cantidades de vitamina A, por 4 onzas, arredor de 3500 IU (3086 IU por cada 100 gramos),[2] tamén contén altas cantidades de vitamina C, aproximadamente 50 mg por 4 onzas (44 mg por cada 100 gramos)[2]

Efectos tóxicos

As coias chinesas conteñen glicosinolatos. Estes compostos foron reportados para previr o cancro en pequenas doses, mais a doses moi elevadas resultan tóxicos para os seres humanos. En 2009, unha anciá que estivera consumindo 1 a 1.5 kg de coias chinesas diariamente terminou padecendo hipotiroidismo, chegando a unha coma mixedematosa.[3]

Hai outros síntomas máis leves dun exceso de consumo de coia chinesa, tales como náuseas, mareos e a indixestión en persoas con feble sistema dixestivo. Ás veces isto é causado pola mala preparación.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Sánchez-Monge, Enrique (1991). Flora agrícola I. Madrid: Ministerio de Agricultura, pesca y alimentación. Secretaría general técnica. ISBN 8474799023.
  2. 2,0 2,1 Harlan, Dr. Timothy S. "Ingredients: Bok Choy". Consultado o 04-08-2010.
  3. Rabin, Roni Caryn (24-05-2010). "Regimens: Eat Your Vegetables, but Not Too Many". Consultado o 03-06-2010.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Repolo
  • Kai-lan (brócoli chinés)
  • Kimchi (Prato coreano encontrado nos restaurantes do mundo, elaborado coa coia fermentada)

Ligazóns externas

Brassica

Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.

Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.

Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus).

Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.

As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.

Historia do sal

A historia do sal trata do uso e comercio que se lle deu durante séculos á única «rocha» comestible polo ser humano.

O seu uso está xeneralizado en todas as gastronomías do mundo, ben sexa como condimento, ben como conservante específico dalgúns alimentos, como é o caso das salgaduras de carne e peixe.Foi a causante de grandes repercusións económicas e crise na civilización.A súa historia está moi unida ás transaccións económicas da historia da humanidade, actividade que deixou nomes como salario, ou de vías tales como a prehistórica Route du Sel (en Francia), a Via Salaria (na Antiga Roma), a localidade Salinas de Léniz en España.

Ademais atribúenselle simbolismos como a fertilidade.

O sal afecta o sentido do gusto debido a que o organismo humano ten sensores especializados na lingua capaces de detectar especificamente o sabor salgado dos alimentos. O seu uso culinario é normalmente o de reforzador dos sabores dos diversos alimentos. O sal extraeuse principalmente da evaporación da auga mariña e da extracción mineira de rochas con cloruro sódico (halita).

Hoxe en día o sal é un ingrediente común máis na comida. A cantidade diaria da súa inxesta contrólase e vixíase desde comezos do século XX na poboación mundial de hipertensos, e nalgúns lugares do mundo é parte dos alimentos funcionais e sérvese iodada para evitar a aparición do bocio (hipotiroidismo).A grande importancia económica que se lle deu ó sal no pasado xa non é a mesma que se lle dá no presente desde finais do século XIX, en parte debido á aparición de diversos medios alternativos e moi efectivos de conservación dos alimentos dentro da industria alimentaria moderna, así como unha gran mellora técnica dos modernos métodos de extracción e elaboración do sal. Estes efectos combinados fan que a demanda mundial do sal decrecese; no entanto, é xa un ingrediente moi común, sendo un elemento imprescindible en calquera cociña.

Kosrae

Kosrae anteriormente coñecida como Kusaie, é unha illa da Micronesia e un estado dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico. Forma parte do arquipélago de illas Carolinas. O Estado de Kosrae é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia, e inclúe a illa principal de Kosrae e algunhas illas próximas e illotes, o máis importante dos cales está habitado (1.500 persoas) Illa Lelu. Ten unha superficie de 110 km² e unha poboación de 6.666 habitantes (segundo o censo de 2010). O estado divídese en catro municipios: Tufunsak, Utwa, Malem e Lelu. A capital do estado é Tofol, no municipio de Lelu. O monte Finkol é o punto máis alto a 634 m.

Nabo

O nabo (Brassica rapa L.), é unha planta da familia das crucíferas ou brasicáceas (a familia das coles e os repolos) cultivada comunmente como hortaliza nos países de climas temperados de todo o mundo pola súa suculenta raíz napiforme, e tamén para o consumo das súas follas. As variedades de raíz tenra utilízanse para o consumo humano, mentres que as maiores se destinan a forraxe para o gando.

Os nabos son moi populares en Europa, en particular nas rexións máis frías, xa que se poden almacenar durante varios meses despois da colleita. Tamén poden crecer en forma silvestre. En Galiza foi un dos cultivos máis estendidos como indica a microtoponimia; hoxe en día o consumo humano da raíz (chamada comunmente carola, cachola ou carocha) non é común, porén si seguen a ser moi populares as nabizas e grelos (follas e rebentos respectivamente da mesma planta).

Nappa

Nappa (ナッパ) é un personaxe de ficción no manga e anime Dragon Ball. O seu nome provén dunha deformación do xaponés 菜っ葉 (Nappa, Col chinesa).

Verdura

As verduras son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.