Col

A col ou coia é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe os nomes dialectais de coia, coella, coube e coubella[1].

Col
Plantas de col brava ou col de pena

Plantas de col brava ou col de pena
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. oleracea
Nome binomial
'Brassica oleracea'
L.,Sp. Pl., vol. 2, p. 667.

1753 [1]

Distribución e hábitat

A col brava é nativa da costa do sur e do oeste de Europa. Ten o seu cultivo unha tolerancia boa aos solos con alto contido de sal e xeso mais posúe unha intolerancia a outros contornos que a fan competir con outras plantas en inferiores condicións. Por esta razón o seu hábitat se reduce a solos de calcaria en cantís.

Descrición

A Brassica oleracea é unha planta bienal que forma unha especie de roseta de follas durante o primeiro ano de cultivo, as follas desta variedade son sempre carnosas e teñen proteínas capaces de lles facer almacenar auga e nutrientes. No seu segundo ano, os almacéns de nutrientes fan que se forme unha inflorescencia amarela dun ou dous metros de altura.

Cultivo e usos

Esta variedade foi cultivada durante centos de anos, e nun amplo abano de cultivos incluso repolo, verza, brócoli, coliflor e outras plantas recoñecíbeis dentro da mesma especie. Trátase dunha das plantas máis importantes para ser empregadas coma alimento humano. De acordo coa teoría do Triángulo da U, a B. oleracea está moi relacionada con outras cinco especies do xénero Brassica. Os grupos de cultivo de B. oleracea están agrupados en sete grupos de cultivo, dos cales o grupo da Acephala ten as variedades máis salvaxes ou bravas en aparencia:

  • Brassica oleracea Grupo Acephala - col de follas (col verde) e verza (col galega)
  • Brassica oleracea Grupo Alboglabra - kai-lan (brócoli chinés)
  • Brassica oleracea Grupo Botrytis - coliflor (e romanesco)
  • Brassica oleracea Grupo Capitata - repolo (e col de Savoia)
  • Brassica oleracea Grupo Gemmifera - col de Bruxelas
  • Brassica oleracea Grupo Gongylodes - col ravo
  • Brassica oleracea Grupo Italica - brócoli

Cómpre mencionar tamén o Brassicoraphanus ou Raphanobrassica, xénero híbrido entre o ravo e o repolo.

Algúns (en especial col de Bruxelas e brócoli) conteñen altos niveis de sinigrina que axudaría a previr o cancro de duodeno.

Brassica-garden
Diversos cultivos de Brassica oleracea, que inclúen a col de follas ou col verde, a col de Bruxelas, a col de Savoia e maila col verde chinesa.

Pragas e enfermidades

  • - Helicoverpa armigera Cadela da verdura, eiruga da coia[2].
  • - Pulgóns.
  • - Vermes cinsentos
  • - Gurgullo das coles.
  • - Hernia da col[3].
  • - Brevicoryne brassicae pulgón da verza[4].
  • - Pieris brassicae bolboreta da col, bolboreta da verza.
  • - Pieris rapae bolboreta pequena da col.

Etnografía

Refráns

  • As coles de San Antoniño manteñen ao dono e ao veciño.
  • Coles e nabos, pra nunha son entrambos [5].
  • Dálle coles por San Xoán a quen queiras de fame matar.
  • Entre col e col, leituga.
  • Nabos e coles, comer de señores.
  • O que quer a col, quer as follas do seu arredor.
  • Regoldádevos, coles, que andan os nabos cocendo no pote [6].

Sinonimia

  • Brassica alba Boiss. nom. illeg.
  • Brassica alboglabra L.H.Bailey
  • Brassica arborea Steud.
  • Brassica bullata Pasq.
  • Brassica campestris subsp. sylvestris (L.) Janch.
  • Brassica capitala DC. ex H.Lév.
  • Brassica cauliflora Garsault nom. invalid.
  • Brassica caulorapa (DC.) Pasq.
  • Brassica cephala DC. ex H.Lév.
  • Brassica fimbriata Steud.
  • Brassica gemmifera H.Lév.
  • Brassica laciniata Steud.
  • Brassica maritima Tardent
  • Brassica millecapitata H.Lév.
  • Brassica muscovita Steud. nom. invalid.
  • Brassica odorata Schrank ex Steud. nom. invalid.
  • Brassica peregrina Steud. nom. invalid.
  • Brassica quercifolia DC. ex H.Lév.
  • Brassica rubra Steud.
  • Brassica sabauda (L.) Lizg.
  • Brassica sabellica Pers. nom. invalid.
  • Brassica suttoniana H.Lév.
  • Brassica sylvestris (L.) Mill.
  • Crucifera brassicaE.H.L.Krause
  •  ?Rapa rotunda Mill. Unresolved
  • Raphanus brassica Crantz nom. illeg.

Ademais, todos os innumerábeis táxones infraespecíficos descritos son meros sinónimos da especie [7].

Notas

  1. Estes dous últimos non recollidos pola RAG, aínda que si por diferentes fontes.
  2. Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988.
  3. Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  4. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991
  5. Para nunha (familia, comida, grupo, cousa) son ... É dicir son comida do mesmo tipo, son compatibles, casan ben. Pardo Bazán (Los pazos de Ulloa, 1886) utilizou esta expresión: " Las familias no podían ser mejores ni más para en una; las clases, iguales...". O refrán tamén corre en castelán: Coles y nabos para en una son entreambos.
  6. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  7. Brassica en The Plant List
Cancro de pulmón

O cancro de pulmón é un conxunto de enfermidades resultantes do crecemento maligno de células do tracto respiratorio, en particular do tecido pulmonar, e un dos tipos de cancro máis frecuentes a nivel mundial.

O cancro de pulmón adoita orixinarse a partir de células epiteliales, e pode derivar en metástase e infiltración a outros tecidos do corpo. Exclúese do cancro de pulmón aquelas neoplasias que fan metástasis no pulmón provenientes de tumoré doutras partes do corpo.

Os síntomas máis frecuentes adoitan ser dificultade respiratoria, tose —incluíndo tose sanguinolenta— e perda de peso, así como dor torácica, roqueira e inchazón no pescozo e a cara.

O cancro de pulmón é clasificado en dous tipos principais en función do tamaño e aparencia das células malignas: o cancro pulmonar de células pequenas (microcítico) e o de células non pequenas (non microcítico). Esta distinción condiciona o tratamento e así, mentres o primeiro polo xeral é tratado con quimioterapia e radiación, o segundo tende a selo ademais mediante cirurxía, láser

e, en casos selectos, terapia fotodinámica.A causa máis común de cancro de pulmón é o tabaquismo, sendo o 95% de pacientes con cancro de pulmón fumadores e ex-fumadores. Nas persoas non-fumadoras, a aparición do cancro de pulmón é resultado dunha combinación de factores xenéticos, exposición ao gas radon, asbesto, e contaminación atmosférica, incluíndo fume secundario (fumadores pasivos).O diagnóstico temperán do cancro de pulmón é o principal condicionante para o éxito no seu tratamento. En estadios temperáns, o cancro de pulmón pode, en ao redor do 20% dos casos, ser tratado mediante resección cirúrxica con éxito de curación. Con todo, debido á súa virulencia e á dificultade para a súa detección precoz, na maioría dos casos de diagnóstico onde xa ocorre metástase; o cancro de pulmón presenta, xunto co cancro de fígado, páncreas e esófago, os prognósticos peores, cunha esperanza de vida media de aproximadamente 8 meses.

O cancro de pulmón é unha das enfermidadeé máis graves e un dos cancros con maior incidencia no ser humano, responsable dos maiores índices de mortalidade oncolóxica a escala mundial. É a primeira causa de mortalidade por cancro no home e a terceira, despois do de colon e mama, na muller, causando máis dun millón de mortes cada ano no mundo. No Reino Unido (2004) e nos Estados Unidos (2006) representa a primeira causa de morte por cancro en mulleres e homes. En España son diagnosticados anualmente uns 20.000 casos, o que representa o 18,4% dos tumores entre os homes (18.000 casos) e o 3,2% entre as mulleres (2.000 casos). A pesar da dificultade para atopar estatísticas consistentes entre os diferentes países de Iberoamérica e o Caribe, a supervivencia global ha ir aumentando, especialmente en pacientes en tratamento regular con quimioterapia.

Caracol

O caracol, cascarolo ou cosco é o nome común que reciben os moluscos gasterópodos con cuncha en espiral, a diferenza dos que non a posúen, que se chaman lesmas (terrestres) ou dos que a teñen pero non é espiral, que son as lapas.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Col de Bruxelas

As couves de Bruxelas ou coias de Bruxelas (do Grupo Gemmifera de Brassica oleracea; o seu nome científico é Brassica oleracea var. gemmifera) é un grupo cultivar (sobre todo en inverno) das coles caracterizado polo seu pequeno diámetro (xeralmente de 2.5–4 cm de diámetro) que se asemella a repolos miúdos. O nome débese ao seu lugar orixinario de cultivo, non por mor a que sexan sonadas na vila de Bruxelas. É coñecida polo seu alto contido en Vitamina A e C e ácido fólico.

Como cultivo moderno que é, en Galiza introduciuse hai poucas décadas como alimento. O sabor é semellante ao do repolo e os grelos.

Columba

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pomba (homónimos), Columba (homónimos).Columba ou Pomba, é unha pequena constelación xusto ó sur de Canis Major e Lepus. Foi sacada da constelación Canis Major por Augustin Royer, en 1679.

Eos

Na mitoloxía grega, Eos (do grego Ἠώς, ou Ἕως), "amencer", é unha dos titáns e a deusa da alborada, que sae cada mañá do seu fogar na beira do Océano para anunciar ó seu irmán Helios, o Sol.

Eos era filla de Hiperión e Tea (ou Palas e Estixia) e irmá de Helios e Selene (a Lúa), «que brilla sobre todos os que están na Terra e sobre os immortais deuses que viven no amplo ceo», en verbas de Hesíodo (Teogonía 371-374).

A adoración da alborada como deusa foi herdada dos tempos indoeuropeos. O seu equivalente na mitoloxía romana era Aurora («Eos» é un conato do latín «Aurora» e do sánscrito (védico) Ushás ‘Aurora’, sánscrito Uṣánas ‘estela da alba, Venus’), e na mitoloxía etrusca Thesan. A alborada asociouse na relixión romana con Matuta, máis tarde coñecida como Mater Matuta e tamén asociada cos portos marítimos.

Tiña un templo no Foro Boario. O 11 de xuño celébrase a Matralia neste templo na honra de Mater Matuta.

Internet Movie Database

A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

Lingua maia iucateca

O maia iucateco (màaya t'àan; lit. "fala maia") ou iucateco é unha lingua maia falada na península do Iucatán e no norte de Belize. Para os seus falantes, o nome da lingua é sinxelamente maia. O identificador "iucateca" é unha etiqueta lingüística empregada para distinguila doutras linguas maias (como o k'iche' e o itza'). Por ese motivo, o emprego do termo maia iucateca é unha nomenclatura científica.Nos estados mexicanos do Iucatán, algunhas partes de Campeche, Tabasco, Chiapas e Quintana Roo, o maia é a primeira lingua de moitas persoas, con máis de 800 000 falantes. Tamén hai uns 6 000 falantes en Belize.

Mar Céltico

O mar Céltico (Mhuir Cheilteach en irlandés, Y Môr Celtaidd en galés, Mor Keltek en córnico, Mor Keltiek en bretón, Celtic Sea en inglés, Mer Celtique en francés) é unha área do océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda. Limita ó leste co canal de San Xurxo, co canle de Bristol e co canal da Mancha. As súas augas bañan as costas adxacentes de Irlanda, Gales, Cornualles, Devon e Bretaña. As fronteiras sur e oeste son delimitados pola plataforma continental, que cae abruptamente. Ten unha fondura que varía entre os 50 e os 200 metros. Trátase dun mar rico en peixe no que abundan as sardiñas.

Nappa

Nappa (ナッパ) é un personaxe de ficción no manga e anime Dragon Ball. O seu nome provén dunha deformación do xaponés 菜っ葉 (Nappa, Col chinesa).

París-Niza

París-Niza (en francés Paris-Nice) é unha carreira ciclista francesa por etapas creada en 1933 por Albert Lejeune, director do xornal Le Petit Niçois. É coñecida como a Carreira do Sol pola mellora meteorolóxica que adoita acompañalo tránsito da carreira do norte ao sur de Francia.

Por mor da Segunda Guerra Mundial, a París-Niza desaparece trala edición de 1939. En maio de 1946 vólvese a celebrar, pero non ten continuidade os anos seguintes.

En 1951, o xornalista Jean Leulliot recupera a carreira, que dende entón se disputa ininterrompidamente cada mes de marzo. Entre 1951 e 1953 toma o nome de « Paris-Côte-d'Azur ». En 1954 retoma o nome orixinal de « París-Niza », que só se modifica en 1959 cando se disputa como París-Niza-Roma. Esta foi a edición máis longa da historia da carreira, con 1955 km percorridos en 11 etapas.

Dende 1982 ata 1999, Josette Leulliot, filla de Jean Leulliot, asume a dirección da carreira, que é traspasada a Laurent Fignon en 2000 e 2001. Dende 2002, a carreira de París-Niza é propiedade da sociedade A.S.O., organizadora do Tour de Francia e o París-Dakar entre outros eventos deportivos.

Dende a súa creación, a París-Niza foi unha das probas máis importantes do calendario, e por iso, entre os seus gañadores se atopa un gran número de ciclistas ilustres, entre os que destacan Sean Kelly (vencedor de sete edicións consecutivas de 1982 a 1988), Jacques Anquetil, Fred De Bruyne, Eddy Merckx, Raymond Poulidor, Joop Zoetemelk, Miguel Indurain, Tony Rominger, Laurent Jalabert ou Alberto Contador.

A pesar do seu nome, a carreira non sempre comeza en París senón en cidades próximas ou do sur da capital francesa. Dende 1998, a última etapa finaliza no paseo da Promenade des Anglais de Niza. Con anterioridade, dende 1973 ata 1995, a carreira terminaba nunha cronoescalada ao Col d'Eze. Como transición, as edicións de 1996 e 1997 finalizaron cun sector contra o reloxo entre Antibes e Niza. A derradeira ou penúltima etapa acostuma ter un longo percorrido de montaña pasando polo alto da Turbie e a Col d'Eze. Outro fin de etapa habitual é o Mont Faron, nas proximidades de Toulon.

Química

A química é a ciencia que estuda a constitución, a estrutura e as propiedades da materia, así como as transformacións desta mediante reaccións químicas e os cambios enerxéticos implicados nestes procesos. En contraposición á física, ciencia que estuda as propiedades xerais da materia e establece as leis que explican os fenómenos materiais, o estudo fundamental desta son as transformacións que sofre a materia.

Os científicos dedicados ao seu estudo son os químicos e as químicas.

Rafinosa

A rafinosa ou melitosa é un trisacárido composto por galactosa, frutosa, e glicosa . Pode encontrarse en feixóns, repolo, col de Bruxelas, brócoli, espárragos, e outras hortalizas e cereais. A rafinosa pode ser hidrolizada a D-galactosa e sacarosa polo encima α-galactosidase (α-GAL), un encima que non se atopa no tracto dixestivo humano. A α-GAL tamén hidroliza outros α-galactósidos como a estaquiosa, e a verbascosa. O encima non rompe enlaces O-glicosídicos β .

A familia dos oligosacáridos da rafinosa son alfa-galactosil derivados da sacarosa (sacarosa unida a galactosa), e os máis comúns deles son o trisacárido rafinosa, o tetrasacárido estaquiosa, e o pentasacárido verbascosa. Estes oligosacáridos están moi estendidos no reino das plantas, poden atoparse en numerosas familias, e entre os carbohidratos solubles máis abundantes só estarían por detrás da sacrosa. Nas plantas poderían servir de protección contra o estrés oxidativo .

Os humanos e outros animais non ruminantes, como os porcos e polos, non posúen o encima α-GAL que degrada esta familia de oligosacáridos, polo que pasan polo tubo dixestivo sen dixerir, e chegan á metade final do intestino, onde son fermentados polas flora bacteriana intestinal, producindo moitos gases. As bacterias si teñen o encima α-GAL e producen nas súas fermentacións moito dióxido de carbono, metano, e/ou hidróxeno, orixinando a flatulencia típica despois da inxestión de feixóns e outros vexetais que conteñen estes azucres. O encima α-GAL é un compoñente de produtos que axudan á dixestión como certos suplementos dietéticos ou pode utilizarse para o tratamento previo de certos alimentos .

Diversos procedementos de criopreservación utilizan a rafinosa para proporcionar hipertonicidade para facilitar a deshidratación antes do conxelado . A rafinosa e a sacarosa utilízanse como substancias básicas para a produción do edulcorante sucralosa.

Repolo

O repolo (Brassica oleraceae var. capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Verdura

As verduras son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Verza

Este artigo trata sobra a hortaliza, para a alga véxase verza de mar.

A verza, tamén coñecida coma col galega, coia galega ou verza galega, é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas largas, usada no típico caldo de verzas da Galiza e de Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde, típica de Portugal. Tamén é popular en Asturias, Cantabria e o País Vasco e Navarra, así como no norte de Castela e León (Burgos, Palencia, León).

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Tamén se lle chama verza á folla das coias en xeral.

Xabier P. DoCampo

Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946 e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018, foi un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.