Coirós

Coirós é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1747 habitantes (1765 no 2012, 1771 no 2011, 1722 no 2010). O seu xentilicio é coirense (non oficial).

Coordenadas: 43°14′59″N 08°09′55″O / 43.24972, -8.16528

Coirós
Escudo de Coirós
P1090468 Casa concello Coirós
Casa do concello
Situacion Coirós
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación1.824 hab. (2018)
Área33,9 km²
Densidade53,81 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloCoirós
Política (2019[2])
AlcaldeFrancisco Quintela Requeijo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Coirós
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes51,92%
Na rede
www.coiros.es

Xeografía

Situación

O concello, de 32,8 km², abrangue seis parroquias. Está situado ó noroeste da provincia da Coruña, e limita ao norte con Betanzos e Paderne, ao sur con e Aranga, ao leste con Aranga e Irixoa e ao oeste con Oza-Cesuras. Está atravesado pola estrada N-VI e a autovía A-6 que unen Madrid e A Coruña.

Hidrografía, orografía e clima

Está atravesado polos ríos Mandeo e Mendo, xunto cos seus afluentes rego de Tararou do Mendo e río Vexo, regato das Pías e rego das Bouzas do Mandeo. Os cumios máis destacados son o Pico da Felga (506 m), Fonte do Oso (448 m) e o monte da Retorta (502 m). Ten un clima oceánico suave.

Demografía

Censo total 2014 1747 habitantes
Menores de 15 anos 174 (9,96 %)
Entre 15 e 64 anos 1037 (59,36 %)
Maiores de 65 anos 536 (30,68 %)
Evolución da poboación de Coirós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2550 2292 2209 1606 1650 1713 1771 1765 1751 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Patrimonio

P1090557 Moura Pena Furada (Coirós, Coruña)
Petróglifo da Moura, en Pena Furada.

No lugar de Figueiras (Santa Mariña de Lesa) están os petróglifos de Pena Furada.

No monte da Espenuca está a ermida de Santa Eulalia.

Economía

O concello de Coirós ten unha base económica agraria e forestal. Nos últimos anos creouse o Polígono industrial de Coirós, situado entre a A-6 e a N-VI con acceso á N-VI. Neste polígono instaláronse empresas como Emesa, Cementos Estrella, Disashop ou Prefabricados Castelo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Coirós.
Igrexa de San Salvador de Colantres, Coirós

Igrexa de San Salvador de Colantres.

Igrexa de San Xulián de Coirós, Coirós

Igrexa de San Xulián de Coirós.

Capela da Espenuca Coirós 3

Igrexa de Santa Baia de Espenuca.

Capela da Espenuca Coirós 10

Un "roga pro nós" a bendición da virxe dos remedios na Espenuca.

Igrexa de Santa Mariña de Lesa, Coirós

Igrexa de Santa Mariña de Lesa.

Sta-maria-ois-coiros

Igrexa da Santa María de Oís.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Berbecha, Santa María de Ois, Coirós

A Berbecha é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres).

A Costa, Santa María de Ois, Coirós

A Costa é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres).

A Parada, Santa María de Ois, Coirós

A Parada é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 43 habitantes (16 homes e 27 mulleres).

Aranga

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».

Armea, Coirós

San Vicente de Armea é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 68 habitantes (36 homes e 32 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 62 habitantes.

As Penas, Santa María de Ois, Coirós

As Penas é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres).

Coirós, Coirós

San Xulián de Coirós é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 512 habitantes (257 mulleres e 255 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 423 habitantes.

Colantres, Coirós

San Salvador de Colantres é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (147 mulleres e 142 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Feás, Aranga

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 114 habitantes (62 homes e 52 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

O Castrillón, Santa María de Ois, Coirós

O Castrillón é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 63 habitantes (26 homes e 37 mulleres).

O Fontelo, Santa María de Ois, Coirós

O Fontelo é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 69 habitantes (33 homes e 36 mulleres).

Os Loureiros, Santa María de Ois, Coirós

Os Loureiros é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 65 habitantes (31 homes e 34 mulleres).

Río Mandeo

O Río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.

Santa Mariña de Lesa, Coirós

Santa Mariña de Lesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 248 habitantes (122 mulleres e 126 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 228 habitantes.

Santa María de Ois, Coirós

Santa María de Ois é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 454 habitantes (232 mulleres e 222 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 406 habitantes.

Santiago de Ois, Coirós

Santiago de Ois é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2017 tiña 170 habitantes (92 mulleres e 78 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2013 cando tiña 194 habitantes.

Xora, Santa María de Ois, Coirós

Xora é un lugar da parroquia de Santa María de Ois no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 98 habitantes (46 homes e 52 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.