Coia, Vigo

San Martiño de Coia-As Travesas é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Matamá e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono.

Ten dúas entidades de poboación (Coia e As Travesas), 4 lugares e máis de 30.000 veciños (2013).[Cómpre referencia] Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Adro, Carballa, O Castro Castriño, O Chouzo A Espedrigada, Esturáns, Figueirido, Lavadouro e Quintela.

Coia
Avenida de Castelao, Coia, Vigo
Situación Coia, Vigo
ConcelloVigo
Poboación30.000 hab. (2013)
Entidades de poboación4

Historia

Antigamente nas Travesas atopábanse as cocheiras dos tranvías. En 1941 levantouse na praza de Travesas (actual praza de América) o IES Santa Irene, grazas á doazón de Policarpo Sanz cando morreu a súa muller Irene Ceballos.

Os primeiros edificios foron construídos pola Promotora Benéfico Popular da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. O proxecto foi para o arquitecto Desiderio Pernas, mais o barrio non se desenvolveu segundo os seus plans.[1] Despois construíronse vivendas promovidas en cooperativa por empresas como Citroën e os estaleiros Vulcano, amais de vivendas de protección oficial.

No seu momento o barrio foi criticado polos desmáns urbanísticos, que deron pé á construción de edificios sumamente altos, e pola alta criminalidade e marxinalidade na zona[Cómpre referencia].

Descrición

Na actualidade é un tranquilo barrio residencial con numerosas zonas verdes. É un dos barrios máis poboados da cidade, estruturado en torno á Avenida de Castelao, que vai dende a Praza de América ata a Avenida de Europa (camiño para ir a Samil).

No barrio hai varios colectivos cidadáns: as asociacións de veciños "Camiño Vello" (organizadora da famosa Marcha Ciclista de Coia, creada pola fundadora da Asociación Xuvenil desta AAVV: Nelly Pérez Giráldez) e "Cristo da Vitoria" (organizadora do Medio-Maratón de Coia), o comité de solidariedade Óscar Romero, a Asociación Xuvenil Luar, o Club Vigo Voleibol (con sede no Pavillón de Coia) e o C.D. Coya.

O calendario estival acolle en xullo as Festas da Consolación cos seus conseguintes fogos artificiais.

Instalacións

Pavillón Municipal de Coia, Vigo
Polideportivo de Coia.[2]

Na parroquia atópase o Pavillón Polideportivo Coia, lugar en que xoga os seus partidos o Club Vigo Voleibol, equipo profesional de voleibol que milita na Superliga. Tamén se atopa o Complexo Deportivo das Travesas, onde se celebran partidos de fútbol sala, voleibol, hóckey a patíns, baloncesto etc., así coma mitins e outros actos políticos e numerosos concertos de música.

O campo de fútbol da Bouza é o feudo do C. D. Coia e do Club Victoria. Outro club de relevancia é o Seis do Nadal de balonmán.

O campo de fútbol de Coia acolleu os partidos do Real Club Celta de Vigo até a construción do Estadio de Balaídos. Ademais, en 1922 acolleu a final da Copa do Rei de fútbol.

Galería de imaxes

Parroquia do Cristo da Victoria, Coia, Vigo
Igrexa do Cristo da Vitoria.[3]
Nosa Señora do Rocío, Coia
Igrexa de N.ª S.ª do Rocío.[4]
Igrexa parroquial do Perpetuo Socorro, Vigo
Igrexa do Perpetuo Socorro.[5]
Xulgados de Vigo
Xulgados de Vigo.
Edificio dos Xulgados de Vigo, Seccións da Audiencia
Seccións da Audiencia.
Edificio do Ministerio de Facenda, Vigo
Delegación de Facenda.
Espadana Praza da Consolación, Vigo
Espadana na praza da Consolación
Barco Alfageme na rotonda de Coia, Vigo (2)
Buque Bernardo Alfageme situado na rotonda da Avenida de Castelao, Rúa O Grove e a Rúa Martín Echegaray.

Notas

  1. Iglesias, Suso (marzo de 2018). "La Insurgencia". Luzes (54): 76.
  2. Ficha na web do concello.
  3. Igrexa parroquial na Rúa Baiona, 42.214919° N 8.749979° W
  4. Igrexa parroquial na Avenida de Castelao, 42.218188° N 8.748546° W
  5. Igrexa parroquial na Rúa Lalín, 42.221145° N 8.733999° W

Lugares e parroquias

Parroquias de Vigo

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Campionato de Galicia de fútbol 1913/14

O Campionato de Galicia 1913/14 foi a primeira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Disputouse durante o mes de xaneiro de 1914. Nesta edición o torneo aínda non outorgaba a representanción galega na Copa de España, que na tempada en curso xa fora dirimida noutra competición eliminatoria xogada con anterioridade á data de realización do Campionato de Galicia.

Inscribíronse o Vigo Sporting Club e o Fortuna de Vigo, resultando gañador do torneo o Vigo Sporting. As bases do torneo establecían a disputa do torneo en formato de liga a dúas voltas, mais como só se inscribiron dous equipos na práctica tratouse dunha eliminatoria directa entre eles.

Campionato de Galicia de fútbol 1914/15

O Campionato de Galicia 1914/15 foi a segunda edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1914 e rematou en marzo de 1915. Nesta edición por primeira vez o Campionato de Galicia outorgaba tamén a clasificación para a Copa de España.

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club e o Real Club Coruña. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Durante un partido entre o Coruña e o Fortuna, os coruñistas retiráronse do campo 25 minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola arbitraxe sufrida, actuando como detonante que o árbitro sancionase con penalti unha carga no centro do campo. Isto supuxo a descualificación do conxunto herculino, que naquela altura lideraba o campionato, e deixou o torneo nun cara a cara entre os dous clubs vigueses, que remataron a liga empatados e tiveron que xogar unha final de desempate na que foi vencedor o Fortuna.

Campionato de Galicia de fútbol 1916/17

O Campionato de Galicia 1916/17 foi a terceira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1917 e rematou en abril do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña e o Deportivo Auténtico Foot-ball Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas. Proclamouse campión o Vigo Sporting.

Campionato de Galicia de fútbol 1917/18

O Campionato de Galicia 1917/18 foi a cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1918 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Pontevedra Sporting Club e o Deportivo Auténtico Foot-ball Club. O torneo disputouse en dúas fases. A primeira delas foi unha fase de grupos na que competiron os equipos do norte (Coruña e Deportivo Auténtico) nun grupo e os equipos do sur (Vigo, Fortuna e Pontevedra Sporting) noutro. O gañador de cada grupo clasificouse para a final. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Fortuna de Vigo. Porén, este campionato foi anulado nunha asemblea da FGF o 15 novembro de 1919.

Campionato de Galicia de fútbol 1918/19

O Campionato de Galicia 1918/19 foi a quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1919 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de EspañaInscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Pontevedra Athletic foi descualificado por se retirar do campo poucos minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola actuación do árbitro durante un partido fronte ó Coruña. Proclamouse campión o Vigo Sporting Club.

Campionato de Galicia de fútbol 1920/21

O Campionato de Galicia da Serie A 1920/21 foi a sétima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1921 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Pontevedra Athletic Club e o Real Alfonso XIII de Vilagarcía. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Real Alfonso retirouse do campionato antes da súa conclusión, após ser sancionado co peche do seu campo ata a fin da tempada por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro na Lomba fronte ó Vigo Sporting. Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1921/22

O Campionato de Galicia da Serie A 1921/22 foi a oitava edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1921 e rematou en marzo de 1922. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Deportivo da Coruña foi descualificado por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro en Riazor fronte ó Pontevedra Athletic. Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1922/23

O Campionato de Galicia da Serie A 1922/23 foi a novena edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1922 e rematou en abril de 1923. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Vigo Sporting.

Campo de Coia

O campo de Coia foi un campo de fútbol en Coia, Vigo no que o Celta de Vigo e o seu predecesor o Vigo Sporting Club xogaron os seus partidos como locais, entre o 9 de febreiro de 1908 e decembro de 1928.

O 14 de maio de 1922 albergou a final da Copa do Rei de 1922 entre o FC Barcelona e o Real Unión na que o Barcelona gañou 5-1.

O derradeiro partido xogado en Coia foi a ida dos cuartos de final da Copa de España, o 9 de decembro de 1928, entre o Celta e o Athletic Club, que rematou con vitoria 2-1 para o equipo local.

No lugar onde estaba situado hai unha tenda de xoguetes, un parque e vivendas.

Español FC

O Español FC foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo fundado en 1905 e absorbido en 1910 polo Vigo FC, que tras varias fusións remataría chamándose Real Vigo Sporting Club. O seu uniforme era camisola e pantalón negros.

Galería de imaxes de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Galería de imaxes Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

José María Acuña López

José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.

Primeira División Nacional de Balonmán

A Primeira División Nacional de Balonmán é a terceira categoría do balonmán de España e a segunda competición en importancia organizada pola Federación Española de Balonmán.

Real Club Fortuna de Vigo

O Real Club Fortuna de Vigo foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Real Vigo Sporting Club

O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo.

Selección de fútbol de Galicia

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a Selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.

Silvia Rodríguez

Silvia Rodríguez Pena, chamada Sax, nada en Coia, Vigo, en 1980, é unha artista graffiteira galega.

Vigo Foot-ball Club

O Vigo Foot-ball Club foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.