Cogomelo

Un cogomelo[1] ou cogumelo[2] ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña)[3] é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).

A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.

A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

In the forest today.
Na fraga.

Sinónimos

Os cogomelos reciben en Galiza infinidade de denominacións populares coma: pan de raposo, pan de cobra, pan de sapo etc., moitas veces aludindo á toxicidade[4].

Nutrición

Cogomelos (crús)
Valor nutricional por 100 g
Enerxía94 kJ (22 kcal)
4.3 g
0.1 g
2.5 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
9%
0.1 mg
Riboflavina (B2)
42%
0.5 mg
Niacina (B3)
25%
3.8 mg
Ácido pantoteico (B5)
30%
1.5 mg
Vitamina B6
8%
0.11 mg
Ácido fólico (B9)
6%
25 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina D
1%
3 IU
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
18 mg
Ferro
3%
0.4 mg
Magnesio
3%
9 mg
Manganeso
7%
0.142 mg
Fósforo
17%
120 mg
Potasio
10%
448 mg
Sodio
0%
6 mg
Cinc
12%
1.1 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga92.1 g
Selenium26 ug
Copper0.5 mg
Vitamin D (UV exposed)1276 IU

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Os cogomelos en xeral representan unha fonte importante de selenio, elemento moi importante para o metabolismo humano, sendo un dos micronutrientes que posúen un maior efecto antioxidante e de protección contra algúns tipos de cancro. O seu alto contido en polisacáridos comporta unha acción beneficiosa sobre o sistema inmunolóxico.

Os fungos comestébeis conteñen un tipo de glícidos que os encimas humáns non poden dixerir, mais que poden ser fermentados parcialmente polas bacterias do colon de xeito que se comportan no aparato dixestivo humano de xeito semellante á fibra alimentaria. A fibra e estes glícidos inchan coa auga e regulan o tránsito intestinal. Os cogomelos tamén aumentan a excreción de ácidos biliares e teñen propiedades antioxidantes e hipocolesterolemiantes.

Historia do cultivo

A historia do cultivo de cogomelos naceu hai miles de anos en Oriente, os chineses foron os precursores do cultivo de cogomelos para consumilos como alimento e tamén como menciña, xa que moitos teñen interesantes propiedades medicinais. Mesmo os máis populares que atopamos na actualidade no supermercado como o champiñón ou os Pleurotus, etiquetados por erro en ocasións como “cogomelo de cardo”. Xaponeses e mexicanos tamén foron dos primeiros en cultivar cogomelos, sen métodos científicos e con resultados moi desiguais. A Europa chegou a partir do ano 1600 [Cómpre referencia]. Os franceses foron os primeiros en cultivar o champiñón no século XVIII [Cómpre referencia] e por iso ao Agaricus bisporus se lle deu como nome popular champiñón de París.

O cultivo de cogomelos en Galiza

A Galiza non chegaría o cultivo de cogomelos para consumo masivo até o século pasado, circunstancia na que seguro tivo que ver a micofobia existente en Galiza que se arrastra até a actualidade. Hoxe atopamos cogomelos frescos, secos, en tarro... todo o ano. Cultívanse distintas variedades de Pleurotus como: o pleuroto (P. Ostreatus), (Pleurotus cornucopiae) (pleuroto escuro), Pleurotus citrinopileatus (pleuroto tropical amarelo), Pleurotus eryngii (pleuroto de cardo), Pleurotus pulmonarius, Agaricus bisporus (champiñón común) e incluso variedades en ensaio, menos populares, como Coprinus comatus (matacandil) ou Lepista nuda (pé azul)[5].

Festas gastronómicas en Galiza

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de cogomelos de Galicia.
Llaccaria Amethystina,Amanita Citrina

Llaccaria amethystina e francesiña (Amanita citrina).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Cogomelo.
  2. Malia que o VOLGa soamente recolle como válida a forma cogomelo, noutros dicionarios de referencias como o gran Xerais figura como sinónima a variante cogumelo, con U.
  3. "Cogomelo". Portal das Palabras. Consultado o 17 de outubro de 2016.
  4. Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012
  5. http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.6128.php

Véxase tamén

Bibliografía

  • Marcote, J.M.C, Pose, M., Traba, J.M. (2005). Cogomelos de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4094-8.
  • Villar Janeiro, Helena (2005). O sabor da terra. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-879-8.
  • Mínguez González, Alejandro (2009). Cogomelos medicinais. Vilaboa: Editorial Cumio. ISBN 978-84-8289-333-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Agrocybe aegerita

O Agrocybe aegerita, tamén coñecido cos nomes científicos Agrocybe cylindracea e Pholiota aegerita, é un fungo pertencente ao xénero Agrocybe. De orixe foránea, aparece en Galiza en formacións de chopos e umeiros, polo que se coñece vulgarmente como cogomelo dos chopos. O seu apoxeo galego é polo mes de novembro.

Amanita branca

A amanita branca (Amanita ovoidea) é un cogomelo que adoita medrar nos terreos calcarios en toda clase de bosques e bordos destes. É unha especie de fungo presente en Galiza.

Amanita dos Césares

A raíña ou amanita dos Césares (Amanita caesarea), é un cogomelo comestíbel, nativo do sur de Europa e pertencente á familia Amanitaceae e á orde Agaricales. Aseméllase á Amanita arkansana e mais á Amanita jacksonii. As súas esporas son brancas. A súa carne ten un sabor e un recendo agradábeis, polo que é un cogomelo moi apreciado, podendo consumirse incluso cru.

Aínda que ás veces aparece, é rara en Galiza.

Anel (micoloxía)

En micoloxía, un anel (do latín annulus) é a estrutura anular que se pode atopar ás veces no estipe (pé) dalgúns cogomelos. O anel representa o resto que fica do veo parcial, despois de crebar para expor as lamelas ou outro tipo de superficie expositora das esporas. O anel pode ser groso e membranoso ou pode ser coma unha arañeira. Este último tipo de anel é denominado cortina. Os aneis poden ser persistentes, ficando coma unha característica notábel dos fungos maduros, ou poden desaparecer logo trala saída do cogomelo, deixando se cadra un pequeno resto sobre o estipe denominado "zona anular". Para especies comestíbeis de cogomelos, esta zona é amplamente considerada como a máis saborosa.

Os aneis presentan diversas formas que poden ser importantes na identificación do fungo. A seguir indícanse as máis características:

Pendurado: colgando ou a xeito de faldra.

En forma de campá: estendéndose cara fóra dende o estipe.

Envaiñado: aberto cara arriba arredor do estipe.

Cacaforra dourada

A cacaforra dourada (Amanita gemmata) é un cogomelo pequeno e de cor amarelenta. Distintos autores considérano comestible, outros non e para outros mesmo é tóxica. En calquera caso, e debido á posible confusión con outras especies tóxicas, desaconséllase[Cómpre referencia] a súa recolección.

Cantarela

Este artigo trata sobre un cogomelo, para a peza musical, véxase cantiga.

A cantarela ou pan de cabra (Cantharellus cibarius, do latín cantharellus, diminutivo de cantharus –i ‘vasilla’) é un fungo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. É un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Os cataláns denomínano rossinyol. Atópase entre as coníferas e árbores planifolias, na maior parte dos casos á sombra de aciñeiras, corticeiras e carballos. É un ingrediente moi empregado na gastronomía europea. Tamén se lle chama cantarelo ou cacafina.

Cerrote

O choupín, chouparro ou roco (Macrolepiota procera (Scop. ex Fr.) Sing., antes Lepiota) é un cogomelo moi habitual en Galiza, comestíbel e moi apreciado.

Outros nomes deste cogomelo son: cachote ou monxo. O nome de cerrote, cogordo, zarrote e zarrota corresponden ó choupín co sombreiro pechado, cando está xa aberto denomínase patamela. En moitas zonas, o termo cerrote e as súas variantes empréganse como sinónimo do xenérico cogomelo.

Champiñón

Os champiñóns (do francés champignon, procedente do latín vulgar campiniolus, derivado de campania ‘do campo’) chamados formalmente agáricos e tamén chamados cogordas son fungos do xénero Agaricus. O máis coñecido é o champiñón común Agaricus bisporus.

Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.

Cogomelo alucinóxeno

Os cogomelos alucinóxenos son fungos que conteñen substancias psicodélicas, como o psilocybin, psilocin ou muscimol.

Cogomelo da risa

O cogomelo da risa (Gymnopilus junonius ou Gymnopilus spectabilis), é unha especie de fungo basidomicetos do xénero Gymnopilus, que pertence á familia Strophariaceae. Ten propiedades psicoactivas, de aí o seu nome.

Cogomelo psilocibio

Os cogomelos psilocibios son fungos que conteñen substancias psicodélicas como a psilocibina, pscilocina ou muscinol entre outras. Existen moitas clases de cogomelos alucinóxenos, os máis coñecidos son os do xénero Psilocybe aínda que tamén son famosos os do xénero Amanita os cales son altamente tóxicos, pero en doses pequenas son alucinóxenos.

Cortina (micoloxía)

A cortina é un veo que se estende dende a parte superior do pé ao bordo do sombreiro do cogomelo, e serve para protexer as lamelas e evitar a caída das esporas antes de que estean maduras.

A súa función é semellante á que ten o veo no grupo das Amanitas, e atópase principalmente en fungos da familia dos Cortinarius (de onde toman o nome). Ben visible en fungos novos, nos adultos só quedan algúns restos na parte superior do sombreiro, moitas veces evidenciados polas esporas, que se manteñen presas.

Estipe (micoloxía)

En micoloxía un estipe ou pé refírese á estrutura que soporta o sombreiro dun cogomelo.

Como todos os tecidos fúnxicos, tales como o himenio, o estipe componse de tecido estéril hifa. Porén, moitas veces o himenio fértil pode estenderse por debaixo do estipe até certa altura.

Os fungos que posúen estipes cualifícanse de estipitados.

O beneficio evolutivo de contar cun estipe é o de ser un medio excelente de dispersión de esporas. Un cogomelo elevado liberará máis facilmente as súas esporas ás correntes de vento, ou ante o paso de animais.

Moitas especies de cogomelos non teñen estipes, como as Pezizaceae, os Gasteromiceta, as Geastraceae, algúns Polyporaceae, Heterobasidiomycetes, Claviceps e Ustilaginomycetes.

Frecuentemente os trazos ou particularidades do estipe precísanse para facer unha identificación positiva dun cogomelo. Tales características distinguíbeis inclúen:

Textura do estipe (fibrosa, tizosa, crebadiza, correosa, firme etc.).

Se permanece un veo parcial, como serían un anel ou ou veo universal (volva).

Se o estipe de moitos cogomelos se fusionan na súa base.

O tamaño e a forma xeral.

Se se estende baixo terra nunha estrutura parecida a unha raíz (un rizoma).Cando se apañan cogomelos para comer, débense poder identificar fidedignamente logo na casa, polo que é fundamental manter todos estes caracteres intactos, debendo o recolector ser moi coidadoso na extracción do cogomelo do solo, nunca cortándoo a ras do terreo (co que se asegura, por outra parte, a posterior reprodución do fungo).

Francesiña

Este artigo fala dun cogomelo, para o sándwich típico da cociña lusa véxase: francesinha.

A francesiña (Amanita citrina) é un fungo basidiomiceto da orde Agaricales, que habita tanto en bosques de coníferas como de follosas. É unha especie termófila, que non está habituada aos climas fríos. Adóitase atopar en solos areentos, que son acedos e pobres en nutrientes. Forma asociacións micorrícicas, preferentemente con coníferas. O corpo frutífero abrolla dende finais do verán até finais do outono. O seu sabor é desagradábel, polo que non se lle considera un cogomelo comestíbel.

Fungato

O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón, fungo de sapo, bufo de vella. É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas

Matacandil

O matacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales.

Pleuroto

O pleuroto ou cogomelo ostra (Pleurotus ostreatus) é un fungo comestíbel, estreitamente emparentado co cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii), que se consome amplamente polo seu sabor e a facilidade da súa identificación.

É un fungo bastante común en Galiza, e adoita comercializarse para a súa venda, de feito é o cogomelo máis cultivado. Inicialmente foi cultivado en Alemaña como medida de subsistencia, durante a Primeira Guerra Mundial.

Ratiño

O ratiño (Tricholoma terreum), é un cogomelo comestíbel co chapeu cónico cando é novo e plano convexo na madureza, de cor agrisada, máis clara cara á marxe, pé cilíndrico, branco ou con tonalidades agrisadas e sabor doce. Pertence ao xénero Tricholoma. Tricholoma myomyces é un sinónimo da especie.

Orixinalmente, describiuse como Agaricus terreus en 1762 por parte de Jacob Christian Schäffer e, dous anos despois, como Agaricus myomyces por Christian Hendrik Persoon. O seu nome actual débese a Paul Kummer, que o circunscribiu ao xénero en 1871.

Trátase dun fungo cun corpo de frutificación en forma de cogomelo de cor cinsenta, con escamas agrisadas tamén. O estipe carece de anel ou volva. O himenio é laminado e de cor clara, as lamas dispóñense de xeito libre. As esporas son ovais, de 6–7 μm de lonxitude e 3,5-4,4 μm de largura.Considérase un bo comestíbel, aínda que a súa semellanza con especies tóxicas recomendan moita precaución na súa colla e identificación.

Rebentabois

O rebentabois (Amanita muscaria ), tamén chamada bricabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, frecuente en Galicia e en toda Europa, e caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Tamén se coñece como brincabois, obedecendo estes nomes comúns á suposta toxicidade sobre o gando que o poida comer: Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado .

Coñécese en castelán como falsa oronja ou matamoscas; en catalán: reig bord, reig de fageda, reig tinyós ou reig vermell; en vasco: kuleto paltsoa ou kuleto falsoa. En Francia chámase fause oronge.

O nome científico muscaria fai alusión á paralización que parecen sufri-los insectos que pousan sobre este cogomelo.

Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.