Coello

O coello,[2] (ou coello europeo, para distiguilo doutras especies da familia), cientificamente Oryctolagus cuniculus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos, a única do xénero Oryctolagus.[3][4]

Orixinario do suroeste de Europa (España, Portugal e o suroeste de Francia) e do noroeste de África (norte de Marrocos e de Alxeria),[5] onde aínda existe (cada vez menos) en estado salvaxe, existen tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola súa pel, usada para confeccionar vestiario.

Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.

Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais.[6]

O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro dentes incisivos no maxilar superior e dous na mandíbula, que medran continuamente durante toda a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto no maxilar superior como no inferior. Os coellos teñen orellas longas, as patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas están revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da subespecie poden atinxir unha velocidade de 15 a 20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar. Os coellos viven entre 4 e 10 anos.

Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.

Coello
Oryctolagus cuniculus
Coello silvestre fotografado en Tasmania

Coello silvestre fotografado en Tasmania
Estado de conservación
Case ameazada (NT)

Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Oryctolagus
Lilljeborg, 1873
Especie: O. cuniculus
Nome binomial
Oryctolagus cuniculus
(Linnaeus, 1758)
Especie tipo
Lepus cuniculus Linnaeus, 1758
Área de distribución de Oryctolagus cuniculus      Área nativa     Introducido

Área de distribución de Oryctolagus cuniculus
     Área nativa     Introducido
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía

Descrición

Xénero

O xénero Oryctolagus foi descrito en 1873 polo zoólogo sueco Wilhelm Lilljeborg, en Sverig. Og Norges Ryggradsdjur, 1: 417.[7]

Especie

A especie describiuna Carl von Linné na páxina 58 do volume 1º do seu Systema Naturae.[3]

Etimoloxía

Xénero

O nome científico do xénero, Oryctolagus está formado polos elementos do latín científico orycto- e -lagus. O primeiro deriva do grego antigo ὀρύκτος orýktos, 'escavaor', termo tirado do verbo ὀρύσσω orýssō, 'escavar', e o segundo do substantivo do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'.[8] Literalmente: a lebre escavadora'.

Especie

O epíteto específico tomouno Linnneo do latín clásico cunīculus, 'coello'.

Rabbit internal anatomy (pt)
Anatomía interna dun coello.

Sinónimos

Xénero

O xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[7]

  • Cuniculus Meyer, 1790
Especie

Os sinónimos cos que se coñeceu tamén a especie foron:[3]

  • Lepus cuniculus Linnaeus (epónimo)
  • Oryctolagus borkumensis Harrison, 1952
  • Oryctolagus campestris (Meyer, 1790)
  • Oryctolagus nigripes Bartlett, 1857

Subespecies

Na actiualidade recoñécense as subespecies seguintes:[7][9]

  • Oryctolagus cuniculus algirus (Loche, 1858)
  • Oryctolagus cuniculus brachyotus Trouessart, 1917
  • Oryctolagus cuniculus cnossius Bate, 1906
  • Oryctolagus cuniculus cuniculus (Linnaeus, 1758)
  • Oryctolagus cuniculus habetensis Cabrera, 1923
  • Oryctolagus cuniculus huxleyi Haeckel, 1874

Os coellos domésticos

Cando os coellos están ben coidados son animais amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e téñense tanto en interior como en exterior.

Os mantidos en interior son máis sans e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas. Os mantidos en exterior necesitan un abrigo que sexa caloroso en inverno e un lugar que lles proporcione sombra no verán.

A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.

O coello na cultura

O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseado precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista Playboy).

Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.

Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.

Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.

Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.

No manga Sailor Moon aparece un personaxe cuxo nome é Usagi (coello en xaponés).

O coello na cultura popular galega

Artigo principal: O coello na cultura popular galega.

En Cambados, para curar a decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.

  • Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
  • Inda o demo ten cara de coello!
  • Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
  • O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
  • Ó abade vello, polos e coello.
  • Ó coello fuxido, consello vido.
  • Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.
Coello GDFL49
Wild rabbit
Coello GDFL51
Baby rabbit on the Lookout - Flickr - gailhampshire

Coello xuvenil axexando

Droppings feral rabbit n2

Excrementos dun coello salvaxe

Rabbit trap

Trampa para coellos

Notas

  1. Smith, A. T. & Boyer, A. F. (2008):European Rabbit. Oryctolagus cuniculus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 21 de decembro de 2018.
  2. coello no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 Oryctolagus Lilljeborg, 1873 en MSW.
  4. Oryctolagus Lilljeborg, 1873 no ITIS.
  5. "ADW: Oryctolagus cuniculus: INFORMATION". Animal Diversity Web.
  6. Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.
  7. 7,0 7,1 7,2 Oryctolagus Lilljeborg, 1873 en MSW.
  8. Oryctolagus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
  9. Oryctolagus cuniculus (Linnaeus, 1758) no ITIS.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

23 de xullo

O 23 de xullo é o 204º día do ano do calendario gregoriano e o 205º nos anos bisestos. Quedan 161 días para finalizar o ano.

Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964, é un escritor en lingua galega.

Bambi

Bambi é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.

Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Carballedo, Cerdedo-Cotobade

San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.

O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.

Carmen Leyte

María del Carmen Leyte Coello, nada en Vigo o 3 de decembro de 1953, é unha médica e política galega vinculada ao PPdeG.

Cobaia

A cobaia, ou coello de Indias, Cavia porcellus (Linnaeus, 1758), é unha especie híbrida doméstica de roedor histricomorfo da familia dos cavíidos, resultado do cruzamento de varias especies do xénero Cavia realizados na rexión andina de América do Sur, con rexistros arqueolóxicos encontrados desde Colombia e Ecuador até Perú e Bolivia.

Alcanza un peso de até 1 kg. Vive entre cinco e oito anos.

A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista suízo Conrad von Gesner en 1554.O seu nome científico débese á descrición de Erxleben en 1777, e é unha mestura da designación do xénero de Pallas (1766) e o nome específico dado por Linneo (1758).

Estevan Coelho

Estevan Coelho foi un trobador portugués, activo a principios do século XIV. Neto de Johan Soarez Coelho, é autor de 2 cantigas de amigo. Unha delas, dialogada, ten influencias da chanson de toile francesa.

Girardot

Girardot é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na Provincia do Alto Magdalena, da cal é capital. Limita polo norte cos concellos de Nariño e Tocaima, polo sur co concello de Flandes e o río Magdalena, polo oeste co municipio de Nariño, o río Magdalena e o municipio de Coello e polo leste co concello de Ricaurte e o río Bogotá. Está situado a 134 km ó suroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 27.8 °C.Girardot é unha das cidades máis importantes de Cundinamarca pola súa poboación, centros de educación superior, economía e extensión urbana. Tamén é unha das cidades con máis afluencia de turistas e poboación flotante do país. Girardot conforma unha conurbación xunto cos conellos de Flandes e Ricaurte, que suman unha poboación de 144.248 habitantes.

Idiotipo

En inmunoloxía, un idiotipo é un determinante antixénico único atopado nunha molécula de inmunoglobulina nas súas rexións hipervariables (por onde se unen antíxeno e receptor) ou compartido por inmunoglobulinas de especificidade idéntica (coa mesma rexión para a unión ao antíxeno) ou polo receptor TCR. O idiotipo confírelle a un anticorpo a súa especificidade antixénica. A rexión variable dos receptores antixénicos das células T (TCRs) e das inmunoglobulinas das células B contén unha rexión determinante de complementariedade (CDR) cunha estrutura de aminoácidos única que determina a especificidade antixénica do receptor. A estrutura formada polo CDR coñécese como idiotopo, que é un termo que ás veces se usa intercambiablemente con idiotipo. As inmunoglobulinas ou os TCRs que comparten un mesmo idiotopo teñen o mesmo idiotipo.

O idiotipo dun anticorpo está determinado por unha serie de fenómenos que se producen durante o desenvolvemento dos linfocitos, como son:

Rearranxo de xenes

Diversidade de unión ou empalme (junctional diversity)

Introdución de P-nucleótidos (nucleótidos palindrómicos que se colocan nos sitios onde hai roturas dunha soa cadea do ADN)

Introdución de N-nucleótidos (nucleótidos introducidos encimaticamente)

Hipermutacións somáticas.Contra a un idiotipo poden orixinarse ouros anticorpos. Descubríronse cando a un coello se lle inxectaron anticorpos doutro coello (do mesmo alotipo) e empezou a producir anticorpos contra o idiotipo do anticorpo inxectado.

O termo idiotipo empezou a usarse moito en inmunoloxía cando Niels Jerne presentou a súa teoría da rede inmunitaria. Foi galardoado co premio Nobel de Medicina de 1984 principalmente polos seus traballos sobre esta teoría. Jerne definiu idiotipo como o conxunto de epitopos da rexión V dunha molécula de anticorpo, onde epitopo significa determinante antixénico. Tamén definiu "parátopo" como a parte da rexión variable do anticorpo que se une ao antíxeno. A versión máis desenvolvida da teoría da rede inmunitaria denomínase teoría da rede simétrica, na cal a distincipon entre idiotipo e parátopo non ten importancia.

Johan Soarez Coelho

Johan Soarez Coelho foi un trobador portugués, que estivo activo entre 1240 e 1280. Membro da fidalguía portuguesa do norte de Portugal, participou na conquista do Algarve e máis tarde tería un papel importante na administración portuguesa, polo que coñece longas estadías na corte de Castela. Dúas das súas cantigas de amor dan lugar a un dos ciclos temáticas da cantiga de escarnio, o ciclo do escándalo das amas e as tecedeiras. É autor de 52 textos: 21 cantigas de amor, 15 cantigas de amigo, 2 sátiras literarias, 1 sirventés moral,8 cantigas de escarnio e 5 tenzóns, 2 con Johan Perez de Aboim e con Juião Bolseiro, Lourenço e Picandon.

Luís Fábrega Coello

Luís Fábrega Coello, nado en Ourense o 5 de maio de 1874 e finado o 27 de decembro de 1960, foi un farmacéutico e político galego.

Nariño, Cundinamarca

Nariño é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na Provincia do Alto Magdalena, a 149 km ó suroeste de Bogotá.

O Coello, Caldelas de Tui, Tui

O Coello é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. O padrón municipal do Instituto Nacional de Estadística adxudicáballe 32 habitantes no ano 2009, 14 homes e 18 mulleres, o que supón un descenso dun 13,5 por cento na poboación. Porén, no 2009 o lugar está a recuperar habitantes, despois de tres anos seguidos de caída demográfica.

O coello na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do coello na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño dormirá despois cos ollos abertos.

Presto (filme)

Presto é unha curtametraxe de animación de Pixar que foi estreada no 2008. Emitiuse nos cines antes da estrea de WALL-E. A curta conta a historia dun mago que trata de representar un espectáculo cun coello pouco colaborativo. Presto foi dirixido por veterán animador de Pixar Doug Sweetland, sendo o seu debut como director.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.