Cocido de Lalín

O cocido de Lalín é un prato típico da vila galega de Lalín e, en xeral de toda a comarca do Deza, elaborado a partir dos produtos procedentes do porco.

Ao redor deste prato, moi popular na gastronomía galega, celébranse, na mesma vila, a Feira do cocido de Lalín ou Festa do cocido e o Mes do cocido.

Existe, ademais, unha Orde protectora, a Encomenda do cocido.

Impulsado polo concello, pola Concellería de Promoción Económica, esta especialidade culinaria está presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) e noutros moitos certames deste tipo.

Cocido de Lalín
Cocido de Lalín.

Feiras

A feira do cocido

Artigo principal: Feira do cocido de Lalín.

As orixes da feira do cocido de Lalín, que se celebra o domingo anterior ao domingo de entroido, encóntranse nunha reunión que os alcaldes da comarca de Deza tiveron en 1968 destinada a encontrar estratexias de difusión e comercialización dos produtos típicos da gastronomía da comarca.

En 1999 esta festa foi declarada de Interese Turístico autonómico e, en 2010, de Interese Turístico Nacional.

A festa compleméntase cunha serie de actos festivos como bailes, desfile de carrozas e a Gala da Gastronomía de Galicia.

O mes do cocido

Artigo principal: Mes do cocido de Lalín.

Desde o día 15 de xaneiro até o 14 de febreiro, o concello de Lalín organiza o chamado mes do cocido que ten como finalidade a de impulsar o sector hostaleiro da comarca baseándose no típico e famoso prato do cocido. O lema que se utiliza é De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín.

Conta coa participación da Concellería de Promoción Económica e de varios restaurantes da vila (en 2006 máis de 26 establecementos e máis de 3.000 prazas de comedor) que se comprometen a realizar o prato a diario.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Cocido

Un cocido é unha preparación gastronómica feita nunha ola con auga, na que se cocen conxuntamente carnes (de porco, tenreira, polo ou cordeiro), embutidos, verduras (como coles, verzas, nabizas, grelos ou repolo), patacas, legumes (garavanzos, fabas) e outros elementos que ás veces son engadidos no momento de servir.

Debido ás súas numerosas variantes territoriais, o nome adoita ir acompañado do xentilicio relativo á súa orixe xeográfica (madrileño, maragato, lebaniego, galego etc.)

Encomenda do Cocido

A Encomenda do Cocido é unha sociedade gastronómica promovida polo concello de Lalín.

É unha sociedade gastronómica sen ánimo de lucro, nada no ano 2000 por iniciativa do Concello de Lalín coa finalidade de promover o cocido desta vila, e de grande importancia neste concello e, en xeral, de toda a comarca do Deza.

Acada a súa máxima expresión durante a celebración da Feira do cocido de Lalín (festa gastronómica celebrada dende o ano 1969 o domingo antes do entroido).

Entre os ilustres comendadores atópanse, por exemplo, o maxistrado Baltasar Garzón, o cantante Julio Iglesias, o presidente do Goberno Mariano Rajoy, o humorista Moncho Borrajo, a cociñeira Toñi Vicente ou o ex xogador do Deportivo e do Real Madrid Amancio Amaro.

Feira do cocido de Lalín

A Feira do Cocido de Lalín é unha festa gastronómica que se celebra cada ano o domingo antes do Entroido en Lalín. A feira xorde no ano 1968 como iniciativa de difusión e comercialización dos produtos típicos da comarca do Deza levada a cabo polos seis concellos dezaos (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón).

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Gala da Gastronomía de Galicia

Desde o ano 1995, Lalín celebra a Gran Gala de Gastronomía de Galicia.

Neste acto, que transmite en directo Televisión de Galicia, faise entrega dos Premios de Gastronomía de Galicia e do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro".

Na actualidade a Gran Gala da Gastronomía ten lugar, no curso da Feira do cocido de Lalín, no Pavillón Municipal de Deportes de Lalín, cunha capacidade aproximado de 2.500 localidades.

Galería de imaxes de festas de Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia.

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia.

Garavanzo

O garavanzo (Cicer arietinum) é unha planta da familia das leguminosas, igual que o chícharo. Cultívase nas rexións mediterráneas e produce un gran comestíbel. Presenta unha dobre vantaxe: alto contido de glícidos asimilábeis e unha porcentaxe elevada en proteínas vexetais.

A planta do garavanzo mide de 20 a 50 cm de altura. O gran, tamén chamado de garavanzo, é redondo e acaba nunha punta. Ao cociñalo (sobre unha hora) conserva a súa forma.

Os seus principais constituíntes son: lípidos, amidón, azucres, sales minerais (fósforo, potasio, magnesio, calcio, sodio, silicio, ferro), arsénico, asparaxina e vitaminas C e B.

A produción mundial de garavanzo está cerca dos oito millóns de toneladas. O garavanzo está ben adaptado aos climas de tipo mediterráneo, como España, Turquía, o Magreb e o sur da Francia. En Galicia pode cultivarse mais non é tan común coma en zonas máis secas coma Castela e o mediterráneo español. O seu cultivo mellora os solos secos e é excelente en rotación, principalmente ao terceiro ano despois do trigo duro.

José Antonio Fondevila

José Antonio Fondevila García, nado en Fiestras (Silleda) o 20 de agosto de 1952, é un pintor galego. Actualmente reside en Lalín.

Luis González Taboada

Luis González Taboada, nado en Lalín o 4 de xuño de 1918 e finado na mesma vila o 1 de agosto de 2009, foi un médico e político galego, alcalde de Lalín.

Mes do cocido de Lalín

O mes do cocido de Lalín é unha iniciativa do concello de Lalín que ten como principal finalidade potenciar o sector da hostalaría local mediante unha campaña de mercadotecnia específica, que se desenvolve desde hai anos desde o 15 de xaneiro ata o 14 de febreiro, facendo bo o lema "De San Amaro a San Valentín, Mes do cocido en Lalín".

A Concellería de Comercio difunde o nome, a dirección e o teléfono dos case 30 restaurantes lalinenses que colaboran no Mes do Cocido para que calquera persoa ou colectivo que desexe acudir a Lalín a comer cocido entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro teña cumprida información sobre a totalidade dos establecementos nos que pode facer a súa reserva.

O feito de que nesta iniciativa se implicaran no ano 2011 un total de 29 restaurantes achegaran até 4.000 prazas á capacidade diaria que ofertan todos estes establecementos, ofrecendo ao mesmo tempo un amplo abano de posibilidades en canto a modalidades de preparación do cocido e tamén no referente aos prezos (que podían oscilar entre os 12 e os 45 euros, dependendo de variábeis como a categoría do establecemento, os viños servidos ou as sobremesas).

O obxectivo do Mes do Cocido é que colectivos, grupos de amigos ou familias se acheguen a Lalín a celebrar os seus encontros, compartindo un cocido preparado coas mellores viandas. A Concellería de Comercio pretende que esta convocatoria sirva como revulsivo do sector da hostalaría e da restauración na costa de xaneiro, garantindo a presenza de milleiros de persoas en Lalín para comer e mercar nos comercios locais.

Os Tonechos

Os Tonechos foi un dúo humorístico formado polos actores galegos Roberto Vilar ("Tonecho") e Víctor Fábregas ("Tucho").

Pepe Fechoría

José Alberte Rodríguez, chamado Pepe Fechoría, nado na Arnoia en 1931 e finado no mesmo concello o 22 de abril de 2016, foi un restaurador galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.