Cobres, Vilaboa

Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o INE no 2008 tiña 1.416 habitantes (721 mulleres e 695 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.405 habitantes.

O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Coordenadas: 42°18′13″N 08°39′29″O / 42.30361, -8.65806

Santo Adrán de Cobres
ACobres
Igrexa parroquial
ConcelloVilaboa
Área7,56 km²
Poboación1.416 hab. (2013)
Densidade187,3 hab./km²
Entidades de poboación8

Patrimonio

A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.

Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados. A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas.

O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.

Galería de imaxes

Frota mexilloeira en Santo Adrán de Cobres

Frota mexilloeira.

Esquí acuático na Enseada de San Simón

Esquí acuático en Cobres.

Lugares e parroquias

Parroquias de Vilaboa

Véxase tamén

Outros artigos

Advocación

Chámaselle advocación, padroeiro ou patrón (e non padrón) ó santo ó que está encomendada unha parroquia católica. Non debe confundirse haxiotopónimo, pois son distintos en que:

unha advocación é máis inestable no tempo e no espazo, pois a igrexa católica pode mudala, modificar a parroquia (disolvela, segregala ou xuntala con outra) ou instaurar varias advocacións simultáneas (San Cosme e San Damián, por exemplo teñen certa tendencia a ir xuntos, ademais de que en moitas parroquias galegas hai un santo ou unha santa e ademais unha Virxe guardiá); pola contra, un haxiotopónimo é o nome dun lugar e non desaparece ata que alguén non lle chame así a ese sitio (lamentablemente con frecuencia crecente debido á desaparición ou emigración da xente maior e ó esquecemento da xente nova);

unha advocación segue sentíndose como nome de persoa, mentres que un haxiotopónimo perde esta transparencia semántica;

a evolución fonolóxica dunha advocación é máis conservadora pois aínda é transparente (Sanctus Facundus > San Fagundo), mentres que un haxiotopónimo tamén segue as leis fonéticas de evolución da lingua pero podendo diverxer da lingua común (Sanctus Bartolomeus > Samertolameu; Sanctus Hadrianus > Santradán (Cobres, Vilaboa), os dous na Comarca do Morrazo; Sanctus Genesius > concello de Sanxenxo na provincia de Pontevedra; Sanctus Tirsus > concello de Santiso na provincia da Coruña);

unha advocación sempre se refire a unha parroquia, mentres que un haxiotopónimo pode remitirse a unha leira, unha vila ou unha superficie moito maior (por exemplo, os concellos de Santa Comba ou San Sadurniño, na provincia da Coruña ou San Amaro na provincia de Ourense);

unha advocación pode ser composta, pero só dentro dos límites do repertorio do santoral, mentres que un haxiotopónimo ten moita maior variación (San Xoán de Río, San Cristovo de Cea ou San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense ou Santiago de Compostela na provincia da Coruña, tamén concellos);

Alberte Blanco

Alberte Blanco Casal, nado en Cobres (Vilaboa) o 20 de decembro de 1951, é un enxeñeiro, profesor, escritor e político galego do BNG.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Hadrián

Hadrián é un antropónimo galego masculino. Variedades recoñecidas do nome son Hadriano, Hadrán e Hadrao e (ou Adrián, Adriano, Adrán ou Adrao se non conservan o H orixinario). As variantes rematadas en -ano e con -i- son máis cultas, mentres que as variantes sen -i- son máis coloquiais e evolucionadas. A forma feminina é Hadriana ou Adriana. Procede do latín Hadrianus, sobrenome da estirpe romana do emperador Hadriano, derivado á súa vez do topónimo Adria ou de Atri ou Hatria que á súa vez podería ter a súa orixe no etrusco ou podería estar tamén ligada a un Ariainn das linguas célticas (divindade relacionada co pastoreo e a agricultura). Adrián foi o antropónimo máis usado para nomear os bebés na derradeira década do século XX.

Larache

Larache (en bérber: Lleɛrayec, en árabe: العرايش) é unha cidade portuaria localizada no noroeste de Marrocos. É capital da provincia que leva o mesmo nome. Situada dentro da rexión Tánxer-Tetuán, está a uns 85 quilómetros de Tánxer e a 105 de Tetuán. Atópase situada no litoral atlántico, na marxe esquerda do estuario do río Lucus.

Ten unha poboación de 125 008 habitantes. Nas súas inmediacións (na beira esquerda do estuario do Lucus) atópanse as ruínas de Lixus, un asentamento fenicio e posteriormente cartaxinés que máis tarde se converteu en colonia romana e parte da provincia romana de Mauritania Tinxitana.

Miguel Anxo Mouriño

Miguel Anxo Mouriño Fernández, nado en Cambados o 20 de outubro de 1943, é un escritor galego.

Paulo Novás

Paulo Novás Souto, nado en São Paulo en 1900 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Península do Morrazo

O Morrazo é unha península situada no oeste da provincia de Pontevedra, na zona das rías Baixas. Mide uns 40 km. de lonxitude por 10 de ancho, e separa as rías de Vigo e Pontevedra.

Pousada, Cobres, Vilaboa

Pousada é un lugar da parroquia de Cobres, no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 310 habitantes (149 homes e 161 mulleres).

Santa Cristina de Cobres, Vilaboa

Santa Cristina de Cobres é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.220 habitantes (613 mulleres e 6007 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.132 habitantes.

Tuula Ahola

Tuula Marjatta Ahola Rissanen é unha tradutora finlandesa.

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.