Coalición Popular

Coalición Popular (CP, AP-PDL-UL) foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983[1] e eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos:

Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico:

Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne.

Coalición Popular obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados.

Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiana e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.

Coalicion Popular logo
Logo do Coalición Popular.

Referencias

  1. Elecciones municipales de Cantabria de 1983
Alianza Popular

Alianza Popular, coñecida tamén polas siglas AP, foi unha federación de pequenos partidos conservadores, liderados na súa maioría por ex ministros franquistas.

Coalición Democrática

Coalición Democrática (CD) foi unha coalición electoral española formada en 1979 para concorrer ás eleccións xerais, trala aprobación da Constitución en decembro do ano anterior. Nun primeiro momento adoptou o nome de Confederación Democrática Española.

A coalición agrupaba a diversos partidos de centro dereita: Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Ciudadana Liberal, de José María de Areilza e Alfonso Osorio, Partido Demócrata Progresista, Renovación Española e Partido Popular de Cataluña, de Luis Montal. Alfonso Osorio e José María de Areilza foran ministros nos gobernos da UCD, dos que saíran por discrepancias co presidente Suárez. O candidato á presidencia do goberno era Manuel Fraga.

Acadou 9 escanos no Congreso, case a metade dos que a súa predecesora, Alianza Popular, acadara nas do 1977. Diante dos pésimos resultados, Fraga presentou a súa dimisión como líder da coalición e proseguiu en solitario á fronte de Alianza Popular. En 1982, Alianza Popular formou con outros partidos unha ampla coalición, Coalición Popular.

Coalición Galega

Coalición Galega é un partido político galego nacionalista e de centro que dende o 4 de novembro de 2005 formou parte de Terra Galega ata 2010. Nas eleccións xerais de 2015 concorreu na coalición Nós - Candidatura Galega.

Coalición Progresista Galega

Coalición Progresista Galega, foi unha coalición de partidos galeguistas e de centro que nas eleccións municipais de 10 de xuño de 1987, foi a terceira forza política de Galicia.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.

En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.

Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.

En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.

Eleccións municipais no Rosal

Corporacións democráticas no Rosal desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — INDEP

1983 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — CP - Coalición Popular (AP-PDL-UL - Alianza Popular-Partido Demócrata Popular-Unión Liberal)

1987 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — AP

1991 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — PPdeG

1995 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — PPdeG

1999 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG

2003 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG2007 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG2011 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG2015 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG. Despois da súa xubilación e foi subsistido en 10 febreiro 2018 pola alcaldesa María del Carmen Alonso Alonso — PPdeG.2019 Alcaldesa: Ánxela Fernández Callís — BNG

Eleccións xerais de España de 1986

O 22 de xuño de 1986, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por cuarta vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o goberno de Felipe González (PSOE) revalidou a súa maioría absoluta obtida en 1982 aínda que con 18 escanos menos. A Coalición Popular (agora Partido Popular) consolidouse como segunda forza política tras a desaparición da UCD.

Respecto as eleccións de 1982, o PSOE perde as provincias de Zamora e Guadalaxara, así como a cidade autónoma de Melilla, que pasan a Coalición Popular. Esta formación política á súa vez perde a de Ávila, onde o CDS de Adolfo Suárez obtén un respaldo maioritario. O partido CiU arrebata Lleida ao PSOE.

Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:(*) Tomando como base os escanos do Partido Comunista

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1983

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1983, as primeiras eleccións autonómicas en democracia, tiveron lugar o 8 de maio de 1983. Resultou gañador por maioría absoluta oPSOE. Como consecuencia, Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos foi investido presidente do Principado de Asturias, sucedendo a Rafael Fernández Álvarez, que ocupaba o cargo desde a aprobación do Estatuto de Autonomía en 1982.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1987

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1987 celebráronse o 10 de xuño. Resultou vencedor de novo o PSOE, aínda que nesta ocasión con 6 escanos menos. Alianza Popular, anteriormente dentro de Coalición Popular, tamén baixou de escanos, neste caso 1. Estes 7 escanos, máis un que tamén perdeu o PCE, agora baixo o nome de Izquierda Unida, foron para o Centro Democrático y Social. Pedro de Silva repetiu mandato á fronte do Principado.

Jaime Mayor Oreja

Jaime Mayor Oreja, nado en Donostia (Guipúscoa) o 12 de xullo de 1951, é un político vasco militante do Partido Popular. Está Casado, con catro fillos. En 2011 era eurodiputado (dende 2004), entre outros cargos. É sobriño do ex-ministro Marcelino Oreja Aguirre.

José Ignacio Wert

José Ignacio Wert Ortega, nado en Madrid o 18 de febreiro de 1950, é un político, profesor e avogado español.

La Coruña Unida

La Coruña Unida foi unha formación política coruñesa de ámbito local xurdida co fin de reivindicar a capitalidade galega por parte da cidade da Coruña en detrimento de Santiago de Compostela durante a etapa coñecida como Transición cara a un estado das autonomías.O seu fundador e máximo dirixente foi o ex-alcalde Joaquín López Menéndez que, tras abandonar UCD ao non acadar apoios abondos para manter a capitalidade autonómica na Coruña, se presentou ás eleccións municipais do ano 1983 á fronte deste partido. O resultado foi de cinco edís, insuficientes para contrarrestar xunto coa Coalición Popular a maioría absoluta obtida polo PSdeG-PSOE, que tiña a Paco Vázquez á fronte. CP renunciaría a presentar formalmente candidato á alcaldía tras saber o resultados e os seus oito concelleiros votarían en branco .

Manuel Fraga

Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego.

Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido. Tivo as carteiras de ministro de Gobernación e vicepresidente segundo do Goberno durante o mandato de Arias Navarro. Foi un dos pais da Constitución española de 1978.

Presidiu Alianza Popular e o Partido Popular e foi o terceiro presidente da Xunta de Galicia, o que ocupou o Pazo de Raxoi durante máis anos, dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005.

Partido Demócrata Popular

O Partido Demócrata Popular foi un partido español de centro dereita, de inspiración democristiá, que se fundou en 1977 e que axiña quedou integrado na UCD, en 1982 antes das eleccións xerais os antigos dirixentes deixaron a UCD e refundaron o partido que se presentou ás eleccións en coalición con Alianza Popular.

Formou xunto a Alianza Popular e o Partido Liberal a Coalición Popular entre 1982 y 1986.

En 1986 o PDP rompeu os acordos con AP e o seu presidente Óscar Alzaga renunciou ao seu escano, presentouse en solitario ás eleccións municipais de 1987 conseguindo 319.519 votos e 1.520 concelleiros. Nas eleccións europeas tivo 170.866 votos. En 1989 dirixido por Javier Rupérez incorporouse ao Partido Popular.

Entre os seus principais dirixentes, ademais de Óscar Alzaga, atopábanse Jaime Mayor Oreja, Javier Arenas, José María Álvarez del Manzano e Jaime Ignacio del Burgo.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Valle de Villaverde

Valle de Villaverde (oficialmente, até 2005 denominado Villaverde de Trucíos) é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Asón-Agüera. Como enclave cántabro no País Vasco limita cos municipios biscaíños da comarca das Encartacións de Carranza, Arcentales e Trucíos.

Na parte meridional do municipio sitúase a fonte do río Agüera, cuxo val ten altitudes de máis de 400 metros. O municipio é atravesado de oeste a leste pola liña de ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.

Xosé María López Rancaño

Xosé María López Rancaño, nado na Pontenova en 1951, é un empresario e político galego, alcalde de Abadín dende 1983.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.