Coalició Compromís

Coalició Compromís é unha coalición política do País Valenciano formado polo Bloc Nacionalista Valencià (BLOC), Iniciativa del Poble Valencià (IdPV) e Els Verds - Esquerra Ecologista (EV-EE), ademais dun gran número de persoas independentes e outros partidos políticos como Estat Valencià.

Ten actualmente máis de 700 concelleiros, 19 deputados nas Corts Valencianes, 4 no Congreso dos Deputados e 2 no Senado. Tamén ten trinta alcaldes en toda a Comunidade Valenciana.[3]

As liñas directrices de coalición son "a confluencia do valencianismo progresista, da esquerda moderna e ecoloxía política, como unha alternativa electoral real", ou sexa, "a posta en marcha dun novo modelo de desenvolvemento sostible que enfatiza a superar as deficiencias do modelo económico, así como un afondamento na autogoberno da comunidade autónoma e defender o valenciano".[4]

Coalició Compromís
Coalición política do País Valenciano
Compromís
Dirixentes e organización
LíderEnric Morera
Mònica Oltra
MocidadesJoves amb Compromís
(Bloc Jove e Joves d'Iniciativa)
Historia
Fundación25 de Xaneiro de 2010[1]
Posicións políticas
IdeoloxíaValencianismo
Progresismo
Esquerda
Federalismo europeo
Ecoloxismo
Representación
Cortes Valencianas[2]
19 / 99
Congreso dos Deputados
4 / 350
Concelleiros
728 / 5.742
Outros datos
SedeC/ Guillem de Castro 83, 46008 Valencia
PublicacióninfoCOMPROMÍS
Páxina webwww.compromis.net

Resultados electorais

Desde a fundación da Coalición en 2010, este foi sometido a todas as disputas electorais posteriores, quedando en Valencia os seguintes resultados electorais:

Eleccións Votos % votos no PV Asentos Posición no PV
Eleccións as Cortes Valencianas de 2011
175.087
7,03
6
Eleccións municipais de 2011
180.913
7,23
345
Eleccións Xerais de 2011
125.150
4,8
1
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

Véxase tamén

Notas e referencias

  1. BLOC, Iniciativa y Verds reivindican el tercer espacio en Coalició Compromís[Ligazón morta] (en castelán)
  2. Dun total de 6 na Coalició Compromís
  3. Informació local de Compromís relació d'alcaldies a la barra de l'esquerra [consulta:24 d'abril de 2012]
  4. Manifesto da Coalició Compromís 27 de febreiro de 2010 (en catalán)

Ligazóns externas

Bloc Nacionalista Valencià

O Bloc Nacionalista Valencià (BLOC) é un partido político do País Valenciano, de ideoloxía nacionalista valenciana e progresista de esquerdas.

Iniciativa del Poble Valencià

Iniciativa del Poble Valencià (IdPV, en galego: Iniciativa do Pobo Valenciano) é un partido político do País Valenciano creado en 2007 e que forma parte da Coalició Compromís.

Iniciativa ten a súa orixe nunha corrente interna de EUPV (a sección de IU no País Valenciano) chamada Esquerra i País, que representaba en torno ao 30% de EUPV,​ a cal se constituíu en partido político o 20 de outubro de 2007, no medio da crise en EUPV que enfrontaba ao sector maioritario, formado en torno ao Partit Comunista del País Valencià e a coordinadora xeral Glòria Marcos, e os críticos máis próximos ao valencianismo.

Joan Ribó

Joan Ribó i Canut, nado en Manresa (Barcelona) o 17 de setembro de 1947, é un catedrático de secundaria e político español, actual alcalde de Valencia por Compromís per València.

Máis País

Máis País é un partido político progresista e ecoloxista español, fundado en 2019.

Mónica Oltra

Mónica Oltra Jarque, nada en Neuss (Alemaña Occidental) o 20 de decembro de 1969, é unha política do País Valenciano.

Nacionalismo valenciano

O nacionalismo valenciano é unha corrente social estruturada tanto cultural como politicamente que preserva e promove o recoñecemento da personalidade política, lingüística e cultural do País Valencià ou Nación Valenciana. Como ideoloxía, formou parte da sociedade valenciana durante máis de cen anos, cunha incidencia electoral e social variable, contribuíndo á concepción política do antigo Reino de Valencia e sendo un actor decisivo na reivindicación e consolidación do autogoberno da actual Comunidade Valenciana. Baixo a accepción de nacionalismo valenciano a miúdo inclúense grupos que politicamente deberían ser cualificados de "nacionalistas cataláns" ou sinxelamente como catalanistas, xa que entenden que a nación dos valencianos son os Países Cataláns.Historicamente, o valencianismo orixínase no século XIX como un movemento cultural durante a Renaixença valenciana nunha época na que se intentaba recuperar o prestixio social do valenciano e da cultura valenciana despois de séculos de diglosia e da desaparición do reino de Valencia baixo o absolutismo borbónico con iniciativas como a restauración dos Xogos Florais por Lo Rat Penat. Sería no século XX, e como escisións de Lo Rat Penat que xurdirían as primeiras asociacións valencianistas. Un dos seus primeiros fitos sería a Declaración valencianista de 1918, se ben non sería até a Segunda República Española que o nacionalismo valenciano acadaría certa presenza política e un clima favorable á consecución dun estatuto de autonomía. A ditadura franquista acabou coas aspiracións valencianistas, e diluíu a súa tradición. Durante a década de 1960, Joan Fuster i Ortells propuxo un novo valencianismo de tipo catalanista. Estes supostos provocaron a reacción dun sector do valencianismo encabezado por Aldert i Casp que vía nas propostas de Fuster non o tradicional irmandamento con Cataluña, senón un sometemento. A división interna do valencianismo viu aparellada coa intervención do nacionalismo español que atopou nas teorías do pancatalanismo un argumentario idéneo para atacar o catalanismo e ó mesmo tempo debilitar o valencianismo dende dentro na súa reivindicación de nacionalidade histórica durante o proceso estatutario e de recuperación nacional; os episodios máis virulentos deste conflito foron coñecidos co nome de Batalla de Valencia.

Durante a década de 1980 xurdiu o movemento rexionalista chamado blaverismo, caracterizado polo españolismo e o anticatalanismo, que se agrupou politicamente arredor do partido Unió Valenciana. Na década de 1990, os dirixentes deste partido integráronse maioritariamente no Partido Popular e Unió Valenciana practicamente desapareceu sen volver ter representación política nas Corts Valencianes. A comezos do século XXI, Juan García Sentandreu intentou resucitar o blaverismo formando o partido Coalició Valenciana, incidindo coma no pasado no españolismo e no anticatalanismo, pero estas teorías fracasaron na sociedade valenciana actual, o partido non obtivo xamais representación parlamentaria, e acabou por disolverse no 2011.Hoxe en día, os académicos valencianos da Acadèmia Valenciana de la Llengua normalizaron o valenciano deixando claro que «valenciano» e «catalán» son dúas denominacións sinónimas e equivalentes para «un mesmo sistema lingüístico», sentenza filolóxica que foi ratificada legalmente por diversas sentencies xudiciais do Tribunal Supremo. O valencianismo político estivo representado nas Cortes Valencianas por Coalició Compromís. Segundo os estatutos aprovados polo principal partido da coalición, o Bloc Nacionalista Valencià, en 2009, un dos seus obxectivos é "A consecución da plena soberanía nacional do pobo valenciano", se ben contempla a possibilidade de asociarse cos territorios cos que Valencia comparte "unha mesma lingua, cultura ou historia".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.