Clunia

Clunia Sulpicia foi unha cidade romana situada no Alto de Castro, a máis de 1.000 metros de altitude, entre as localidades de Coruña del Conde e Peñalba de Castro, no sur da provincia de Burgos (Castela). A cidade localizábase na vía que ía de Caesaraugusta (Zaragoza) a Asturica Augusta (Astorga).

Foi unha das cidades romanas máis importantes do norte peninsular e foi capital dun convento xurídico, o denominado Conventus Cluniensis.

Ruinas de Clunia 01
Vestixios arqueolóxicos da cidade romana de Clunia Sulpicia.

Historia

Época celtibérica

A cidade de Clunia fundouse nun outeiro a pouca distancia dun asentamento celtibero denominado Cluniaco ou Kolounioukou, pertencente aos arévacos, unha tribo prerromana que pertencía á familia dos celtíberos.

A fundación da Clunia Romana

En Clunia', o político e militar romano Quinto Sertorio resistiu durante 20 anos a Pompeio, quen destruíu o que existía da cidade no ano 72 a. C.

Anos máis tarde, a cidade fundouse de novo na época do emperador Tiberio, dentro da provincia de Hispania Citerior Tarraconensis. Primeiro concedéuselle o rango de municipium, e emitiu moeda fraccionaria, os ases e os dupondios, nas que aparecen os quattuorviri locais, que foron encargados da súa cuñaxe.

Nalgún momento entre os imperios de Tiberio e de Claudio I, converteuse en sede dun dos Legati Iuridici da provincia Tarraconensis, converténdose en capital do conventus iuridicus Cluniensium.

Clunia e o emperador Galba

Clunia' adquiriu o rango de colonia romana tras autoproclamarse emperador nela o xeneral Galba, quen se refuxiou nela durante a revolución antineroniana; alí tivo noticia da morte de Nerón e de que fora elixido emperador (por iso algúns tratadistas engaden o epíteto de Galba ao nome da cidade). A cristalización do status de colonia debeuse ao emperador Vespasiano. Nos días de Galba, Clunia foi a capital do Imperio.

Clunia como centro administrativo

O esplendor da cidade romana de Clunia estendeuse durante os séculos I e II da nosa era, ao igual que outras cidades da Meseta Norte de Hispania como Asturica Augusta ou Juliobriga, situadas nas provincias de León e Cantabria, respectivamente. Durante o seu máximo apoxeo calcúlase que a cidade de Clunia' chegou a ter ao redor de 30.000 habitantes. A Economía de Clunia no século I d.C baseábase na gandaría, e na agricultura entre outras.

O final da cidade

Ao longo do século III prodúcese unha despoboación paulatina do núcleo urbano, en relación coa crise do século III e a incipiente decadencia do Imperio romano de Occidente. Resulta evidente a existencia de incursións bárbaras en Clunia. De feito, está constatado que, a finais do século III, a cidade foi incendiada por pobos bárbaros, en concreto, polos franco-alemáns. Isto contribuíu á inexorable decadencia da cidade. Non obstante, non parece que se dese unha destrución violenta e xeneralizada, en todo caso predí o final da influencia cultural romana na cidade de Clunia e o seu ámbito.

En plena conquista da Hispania visigoda por parte dos musulmáns, a cidade e o seu ámbito foi conquistado polas tropas do xeneral bérber Táriq ibn Ziyad sobre o ano 713. Máis tarde, os cristiáns repoboárona en 912, emprazando a súa cidade no lugar que ocupa actualmente Coruña del Conde, localidade onde poden considerarse bastantes restos romanos procedentes da cidade de Clunia.

Con posterioridade, construíuse a poboación de Peñalba de Castro que recibiu a meseta do enclave de Clunia a cambio de auga nunha época onde o valor da auga era maior que os poucos restos aínda non enterrados que quedaban da abandonada cidade romana.

Arquitectura civil

Como sucede en toda cidade, a meirande parte do espazo construído en Clunia estaba ocupado por vivendas. As escavacións arqueolóxicas permitiron coñecer a evolución do urbanismo doméstico e comprobar algúns dos seus trazos máis característicos.

As termas públicas ou Os Arcos

A carón do foro romano áchanse as ruínas das termas romanas, de grandes dimensións e cubertas de mosaicos algo máis simples ca as das casas do foro. Tamén aquí é ben visible o sistema de calefacción das distintas dependencias termais, o hipocausto.

O teatro

Teatro de Clunia 01
Vista parcial do Teatro romano de Clunia

O resto máis significativo é o teatro, escavado na rocha, que tivo capacidade para 10.000 espectadores, o que o convertía nun dos maiores da súa época en Hispania. Tiña a finalidade de servir para a interpretación de actos teatrais do período clásico. A súa recuperación foi merecedora do premio na sección de Restauración e rehabilitación outorgado polos Premios bianuais de Arquitectura de Castela e León de 2004-2005. O xurado destacou «a respectuosa recuperación do teatro e o tratamento paisaxístico xeral».

O foro

Artigo principal: Foro romano de Clunia Sulpicia.
Mosaico de Clunia 03
Mosaico da domus do foro da cidade de Clunia.

O centro das cidades romanas alí onde se cruzaban Cardus Maximus e Decumanus Maximus, acolle frecuentemente o foro da cidade, unha praza pública rodeada de pórticos. Nel desenvolvíanse actividades políticas, comerciais, xudiciais e, habitualmente, tamén relixiosas. En Clunia, o foro encóntrase non moi lonxe do teatro, en cuxas inmediacións destacan os restos de tres domus, unha basílica e un macellum (mercado). Chaman a atención os mosaicos, as estanzas subterráneas e os sistemas de calefacción dalgunhas destas casas. Sobre o mercado edificouse no século XVII unha ermida de escaso valor artístico, danando os depósitos.

Outros restos

No subsolo da cidade, non visitables pola súa fraxilidade, son moi interesantes os sistemas de abastecemento de auga, formados por varios alxibes coas súas correspondentes canalizacións de toma de auga, construídos aproveitando as grutas naturais que existen no subsolo calcáreo do espigón sobre o que se levanta a cidade, e tamén un santuario priápico.

Véxase tamén

Outros artigos

Baldo Martínez

Baldo Martínez, nado en Ferrol en 1959, é un contrabaixista e compositor de jazz galego.

Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Clunia Jazz

A Clunia Jazz foi unha banda de Jazz galega-internacional fundada nos anos 80 formada por Nani García (piano), Baldo Martínez (contrabaixo) e Fernando Llorca (batería).

Conventus iuridicus

O conventus iuridicus (convento xurídico) foi unha subdivisión administrativa romana, utilizada nas provincias de Asia, Dalmatia e Hispania, cuxa creación atribúese á época de Augusto. Unha fonte importante para a identificación dos conventus é a Historia Naturalis de Plinio

Coruña del Conde

Coruña del Conde é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León), comarca da Ribeira del Duero, partido xudicial de Aranda de Duero. A súa poboación é de 125 habitantes (INE 2012).

Fernando Llorca

Fernando Llorca, nado en Vigo en 1960, é un batería de jazz.

Foro romano de Clunia Sulpicia

O Foro Romano de Clunia Sulpicia é un complexo monumental construído no século I na antiga cidade de Clunia, situada entre as cidades actuais de Coruña del Conde e Peñalba de Castro, no sur da provincia de Burgos (España).

Galicia altomedieval

A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).

Galiza a José Afonso

Galiza a José Afonso foi o título dun concerto homenaxe celebrado en honra do cantautor portugués José Afonso, o 31 de agosto de 1985 no parque de Castrelos, en Vigo. No ano 2000 saíu unha escolma do mesmo, editada en duplo CD por Edicións do Cumio, tamén baixo o nome de Galiza a José Afonso.

Unha das intencións do acto era recadar cartos para o cantor, naquela altura gravemente enfermo. Os beneficios foron recollidos pola Associação José Afonso. O propio José Afonso daría o seu visto e prace, pedindo unha serie de condicións, entre as que se contou a incorporación dun grupo de Timor-Leste, naquela altura ocupada militarmente por Indonesia. A grave enfermidade do cantor, que xa lle impedía cantar e que o levaría o 23 de febreiro de 1987, impediríalle tamén asistir en persoa.

O concerto xuntou a unhas vinte mil persoas e prolongouse durante máis de doce horas. Entre os participantes, ademais dos timorenses, xuntáronse músicos, grupos e poetas tanto da Galiza como de Portugal. Entre os portugueses poden contarse a Amélia Muge e Vitorino, mentres que a parte galega dividiuse en canto a estilos. Como representantes do xa extinto colectivo Voces Ceibes, actuaron Benedicto, Suso Vaamonde e Miro Casabella, aínda que tamén actuaron grupos máis vinculados á música tradicional, como Fuxan os ventos, Ricardo Portela e DOA e representantes doutros estilos, como Clunia Jazz, Sui Generis e Jei Noguerol. Xosé María Álvarez Cáccamo, María do Carme Kruckenberg, Manuel Forcadela, Ana Romaní, Xavier Rodríguez Baixeras e Cesáreo Sánchez Iglesias foron algúns dos poetas que recitaron os seus versos.

Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Jazz galego

Pese á existencia de músicos e grupos anteriores, o Jazz comeza a ter importancia en Galiza nos anos 80 do século XX, cando se abren locais (Clavicémbalo en Lugo, Filloa Jazz na Coruña, Dado-Dadá en Compostela, Latino en Ourense..), organízanse festivais, móntanse escolas e funcionan grupos e profesionais que viven do Jazz. Os grupos máis importantes nese período son Filloa Express, Clunia Jazz e Baio Ensemble que despois se disgregarían nun gran número de proxectos. Outro fito importante foi a creación da Escola Estudio en Santiago da que sairían moitos dos grandes músicos de hoxe, entre eles Abe Rábade e Paco Charlín. Xa no século XXI, grazas ao traballo do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, naceu a chamada terceira xeración do jazz galego. A día de hoxe, existen numerosos festivais de jazz ao longo de toda a xeografía galega, e este xénero goza dun público en constante aumento.

Manuel Díez Sanjurjo

Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega

Nani García

Nani García, nado na Coruña o 25 de abril de 1955, é un compositor, arranxador, produtor e pianista galego. Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de televisión, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais e producións para outros artistas.

Peñaranda de Duero

Peñaranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 569 habitantes (INE 2013).

Provincia de Burgos

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Roberto Somoza

Roberto Somoza, nado en Londres, é un saxofonista galego.

Segovia

Segovia é a cidade capital da provincia de Segovia, situada na meseta central española, pertence á comunidade autónoma de Castela e León. Sitúase na parte meridional da comunidade autónoma, na confluencia dos ríos Eresma e Clamores á beira da serra de Guadarrama.

A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, é considerada a obra de enxeñería civil romana máis importante de España, e é un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na península ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

Servio Sulpicio Galba, emperador

Servius Sulpicius Galba (24 de decembro de 3 a.C. - 15 de xaneiro de 69) foi un emperador romano.

Foi un dos gobernadores que se alzou contra a tiranía de Nerón. Era gobernador da provincia Tarraconense e ao seu levantamento pronto se xunguiron os seus colegas de Lusitania, África e Exipto.

Servio Sulpicio Galba foi nomeado emperador polas lexións e os pretorianos en Clunia, na actual provincia de Burgos, inaugurando deste xeito o que acabaría por ser un costume. En efecto, as lexións atoparon a capacidade de presión que podían exercer sobor dunha Roma que só dispuña dunha guarnición de pretorianos. Só era necesario a ratificación do Senado, o que rematou por ser unha mera formalidade.

Marchou a Roma, onde instaurou un poder forte, que pronto recibiu o rechazo pola súa severidade. Os pretorianos, que se uniran á rebelión pra acadar unha recompensa, non a recibiron, así como Marco Salvio Otón, gobernador da Lusitania, quen foi nomeado emperador polos pretorianos despois de asasinar a Galba no ano 69. Só permanecera uns meses como emperador.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.