Club Waterpolo Santiago

O Club Waterpolo Santiago é un club de waterpolo con incidencia na cidade de Santiago de Compostela e tamén en toda a comarca de Santiago. Fundouse no ano 2004 ao separarse do Club Natación Santiago, que non só abarcaba o deporte do waterpolo, se non tamén a natación. Conta na actualidade con 90 socios e un orzamento de 17.000 euros. O Waterpolo Santiago ten como piscina de xogo a de Santa Isabel, á que se lle suma a piscina do Sar nos adestramentos. Conta con equipos alevín mixto, infantil mixto, cadete mixto, xuvenil e absoluto, cun total de 60 waterpolistas entre tódalas categorías.

CW Santiago
Cidade Santiago de Compostela Flag of Galicia.svg
País España
Ano de Fundación: 2004
Pabillón
 - Nome
 - Capacidade

Piscina de Santa Isabel
-
Seareiros: 90
Orzamento: 17.000
Tempadas
 - Primeira
 - Segunda
 - Liga Galega

0
0
4
Títulos 1 Copas Galegas
Adestrador
Páxina oficial do club

Logros deportivos

Tempada 2004-05

  • Categoría infantil: 2º posición no campionato galego de inverno e 2º posición no campionato galego de verán.
  • Categoría xuvenil: 3º posto na liga e na copa.
  • Categoría absoluta: 2º posto na liga e na copa

Tempada 2005-06

  • Categoría infantil: 4º na liga e nos campionatos galegos de inverno e verán.
  • Categoría xuvenil: 2ª posición na liga, 2ª posición na copa.
  • Categoría absoluta: 2º posto na liga, 2º posto na copa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Liga Galega de Wáter-polo

A Liga Galega de Wáter-polo é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación. Constitúe a máxima categoría da Liga Galega de Wáter-polo, e o vencedor desta ten dereito a disputar o play-off de ascenso á Terceira división española. Só tres equipos fixéronse co título de liga, o CN Coruña, o CW Santiago e o CW Galaico.

Liga do Noroeste Wáter-polo-ACW

A Liga Noroeste de Wáter-polo é unha competición non oficial na que participan equipos de Galicia, Castela e León e Asturias. Xurdiu no ano 2009 por iniciativa da Asociación Galega de Wáter-polo. Non se descarta no futuro que os demais equipos galegos e incluso portugueses se adhiran á competición.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Segunda División Galega de Wáter-polo

A Liga Galega de Wáter-polo división 2 é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación . É a categoría inmediatamente inferior á Liga Galega de Wáter-polo. Foi disputada por primeira vez na tempada 2012-2013.

Wáter-polo

O wáter-polo, tamén chamado polo acuático[Cómpre referencia], é un deporte que se practica nunha piscina onde se enfrontan dous equipos. O obxectivo do xogo é marcar o maior número de goles na portería do equipo contrario.

O campo de xogo e un rectángulo de 30 por 20 metros e as porterías son de 90 cm de alto e 3 metros de longo.

Os equipos contan con seis xogadores máis un porteiro. Diferéncianse pola cor do gorro de natación, que pode ser azul ou branca, exceptuando a dos porteiros que sempre son vermellas.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros
Wáter-polo masculino en Galicia
Federación :
Selección :
Equipos :
Outras competicións:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.