Club Balonmano Ademar León

O Club Balonmano Ademar León é un equipo de balonmán da cidade de León, Castela e León (España). Actualmente compite na Liga ASOBAL, competición que gañou na tempada 2000-01.

Dende a tempada 2008-09 o equipo pasou a chamarse Reale Ademar León por motivos de patrocinio coa empresa aseguradora Reale.

O club posúe un equipo filial, o Universidad de León Ademar, que competiu no grupo B da 1ª División Estatal ata a tempada 2009-01, na que consiguiu o ascenso á División de Honra Prata.

Ademar León
Nome do club Club Balonmano Ademar León
Fundado 1956
Pavillón Palacio Municipal de Deportes,
León
Capacidade 5.000
Presidente España Carlos Pollán
Adestrador España Jordi Ribera
Liga Liga ASOBAL
2007-08 4º (Liga Asobal)
Equipamentos
Local
Visitante

Historia

O club foi fundado 1956 e ata 1975 xogou en divisións inferiores a causa das carencias económicas que impedían ao club ascender de categoría. En 1975 ascendeu á 1ª División Estatal.

Na tempada 1995-96 conseguíu un sexto posto que lle permitiu disputar ao ano seguinte por primeira vez na súa historia nunha competición europea, a City Cup. Na tempada 1998-99 chegaron os primeiros títulos ás vitrinas do equipo leonés coa consecución do dobrete (Copa ASOBAL e Recopa de Europa). A súa primeira e ata a data única Liga do club chegou na tempada 2000-01, e na tempada seguinte conseguía tamén a súa única Copa do Rei. Gañou o seu último título na tempada 2008-09, ao conseguír a súa segunda Copa ASOBAL en Barcelona ante o FC Barcelona por 31-25.

Equipo 2010/2011

  • 1 España Vicente Álamo
  • 2 España Álvaro Cabanas
  • 4 España Jaime González
  • 5 España Iosu Goñi
  • 6 España Ander Ugarte
  • 7 Flag of Argentina.svg Gonzalo Carou
  • 8 España Ángel Montoro
  • 9 Flag of Portugal.svg Ricardo Costa
  • 10 España Jorge García Vega
  • 11 España Héctor Castresana
  • 12 España Jacob Melián
 
  • 14 España Juan Andreu
  • 15 España Jose Mario Carrillo
  • 16 Croacia Denis Buntic
  • 17 Flag of Russia.svg Denis Krivochlykov
  • 18 Flag of Russia.svg Danil Chernov
  • 20 Croacia Venio Losert
  • 21 España Mikel Aguirrezabalaga
  • 22 España Carlos Ruesga
  • 23 España Javier Ortigosa
  • 24 Flag of Slovakia.svg Martin Stranovsky
  • 25 Flag of Serbia.svg Dalibor Cutura

Palmarés

  • Liga ASOBAL: 1 título
    • Campión: 2000-01
    • Subcampión: 1996-97 e 1998-99
  • Copa do Rei: 1 título
    • Campión: 2001-02
    • Subcampión: 2006-07 e 2009-2010
  • Copa ASOBAL: 2 títulos
    • Campión: 1998-99 e 2008-09
    • Subcampión: 1996-97, 1997-98, 2001-02 e 2007-08
  • Supercopa de España
    • Subcampión: 2001-02 e 2002-03
  • Recopa de Europa: 2 títulos
    • Campión: 1998-99 e 2004-05
    • Subcampión: 2000-01 e 2006-07

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ademar

Ademar é un antropónimo galego masculino. A súa etimoloxía é incerta, pénsase que procedo do antigo alemán athal (nobre) e marus (célebre). Nome pouco frecuente, levábano 7 residentes en Galicia en 2010.

Estadio Municipal Reino de León

O Estadio Municipal Reino de León (chamado ata 2008 Nuevo Estadio Antonio Amilivia) é un estadio de fútbol, situado na cidade de León, en España. O estadio é de propiedade municipal e o seu equipo titular é a Cultural y Deportiva Leonesa, que milita actualmente en Segunda División B.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.