Club Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña, tamén coñecido coma Leyma Coruña por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto galego, que xoga na liga Liga LEB Ouro do baloncesto español e que disputa os seus encontros como local no Pazo dos Deportes de Riazor.

Leyma Coruña
Información xeral
Liga Liga LEB Ouro
Fundación 1996
Historia Club Básquet Coruña
(dende 1996)
Cores           Azul e laranxa
Presidente Juan Carlos Herrero
Adestrador España Sergio García
Patrocinador Leyma
Localización
Cidade Galicia A Coruña
Pavillón Pazo dos Deportes de Riazor
http://www.basquetcoruna.com

Historia

Fundación

En xaneiro de 1995, o Clube Baloncesto Arteixo asina un Convenio de colaboración coa Agrupación Deportiva Ventorrillo, coincidindo coa inauguración da Polideportiva do Ventorrillo. O convenio especifica que dito equipo pasa a pertencer á Agrupación Deportiva e que conxuntamente se crearán as Escolas de Baloncesto do Ventorrillo. O equipo que estaba na Liga Autonómica, acadaba posteriormente o ascenso á Liga Nacional.

En xuño de 1996, a directiva do Clube Baloncesto Arteixo propón á directiva da Agrupación Deportiva Ventorrillo, ao disolverse o C.A.B., equipo de baloncesto da Coruña que militaba na Liga EBA, a posibilidade de levar para a capital coruñesa o equipo de Arteixo, que tamén militaba na Liga EBA e que tiña xogado os play-offs de ascenso á ACB contra o Bilbao.

Así nace o Club Básquet Coruña, da fusión do Clube Baloncesto Arteixo e da Agrupación Deportiva Ventorrillo. E así comeza a nova estrutura do Club, cun equipo na Liga EBA e outro na Liga Nacional; un xoga os seus partidos na Polideportiva de Riazor e o outro na Polideportiva do Ventorrillo. A sede social establécese no local que a Asociación de Veciños do Ventorrillo cede á Directiva conformada coa fusión dos dous clubs.

Conversión en SAD

O 24 de outubro de 2018 a Asemblea Xeral do club aprobou por unanimidade a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) logo de ter cumprido todos os requisitos marcados polo Consello Superior de Deportes (CSD).[1] Á Asemblea, celebrada no hotel Eurostars, asistiron un total de 65 dos 151 socios do club. O obxectivo desta conversión era cumprir co capital mínimo de 60 000 euros esixido polo CSD de cara a un posible futuro ascenso á Liga ACB e profesionalizar o club. Na Asemblea aprobaouse a emisión dun total de 1 200 accións cun valor de 50 euros para as persoas socias dende antes do 23 de outubro e cun máximo de sete por persoa.[2]

Pavillón

P1120848 Pazo dos Deportes de Riazor-taquilla-A Coruña-2012
Pazo dos Deportes de Riazor, onde o club xoga como local.
Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

O Basquet Coruña xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, un pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros. O recinto é tamén o fogar do Hockey Club Liceo, o principal equipo de hóckey a patíns da cidade e o club deportivo máis laureado de Galiza.[3] A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 , baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[4] e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.[5]

Equipo 2019-20

Leyma Coruña 2019–2020 (LEB Ouro)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
B 0 España Ferreiro, Pablo 1.91 m (6 ft 3 in) 78 kg (173 lb)
AP 7 Flag of Slovenia.svg Bulic, Mirza 2.08 m (6 ft 10 in)
A 18 España Martínez, Carlos 2.03 m (6 ft 8 in)
E 28 Flag of Cape Verde.svg Xavier, Jeff 1.85 m (6 ft 1 in) 82 kg (181 lb)
B - España Maiza, Gaizka 1.91 m (6 ft 3 in) 79 kg (174 lb)
A - Flag of Canada.svg Kamba, Mathieu 1.96 m (6 ft 5 in)
P - Flag of Senegal.svg Thiam, Abdou 2.13 m (7 ft 0 in) 95 kg (210 lb)
E/A - Flag of Serbia.svg Djuran, Filip 1.96 m (6 ft 5 in) 90 kg (198 lb)
P - Flag of the United States.svg Green, Anthony 2.08 m (6 ft 10 in) 114 kg (252 lb)
B - Flag of the United States.svg DiNunno, Mike 1.8 m (5 ft 11 in) 87 kg (192 lb)
AP - España Smith, Sean 2.03 m (6 ft 8 in)
Adestrador
  • España Sergio García

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 14-08-2019

Adestradores

Véxase tamén: Adestradores do Club Basquet Coruña

O Club Basquet Coruña tivo nove adestradores ao longo da súa historia. O adestrador que máis tempo estivo vinculado ao banco herculino foi Antonio Pérez Caínzos, que exerceu de adestrador durante sete tempadas entre 2005 e 2012, nas que conseguiu o ascenso da Liga EBA á Liga LEB Prata. Os seguintes son todos os adestradores que dirixiron ao Breogán ao longo de toda a súa historia:[6]

  • Galicia Javier Castroverde (1996-1999)[7]
  • Flag of Venezuela.svg Juan Díaz Vázquez (1999-2002)
  • España Miguel Ángel Hoyo (2002-2003)
  • Galicia Javier Rodríguez (2003-2004)
  • Galicia Nacho Rama (2004-2005)
  • Galicia Antonio Pérez (2005-2012)
  • España Antonio Herrera (2012-2013)
  • Galicia Tito Díaz (2013-2017)
  • España Gustavo Aranzana (2017-2019)
  • España Sergio García (2019-)

Presidentes

O primeiro presidente da entidade foi Enrique Vázquez Caruncho, que estivo á fronte do club durante nove anos, entre 1996 e 2005. Os seguintes son todos os presidentes que dirixiron ao Basquet Coruña ao longo de toda a súa historia:[8]

  • Enrique Vázquez Caruncho (1996-2005)
  • Julio Flores Pérez (2005-2011)
  • Carlos Lamora (2011-2014)
  • Manuel García Fandiño (2014)
  • Juan Carlos Fernández Herrero (2014-)

Traxectoria

Tempada División Pos. Postempada Copa
1996–97 Liga EBA 1 Semifinalista Subcampión Copa EBA
1997–98 Liga EBA 1 Semifinalista Semifinalista Copa EBA
1998–99 Liga LEB 13 Playoffs de descenso
1999–00 Liga LEB 13
2000–01 Liga LEB 14 Playoffs de descenso
2001–02 Liga LEB 14 Playoffs de descenso
2002–03 Liga EBA 4
2003–04 Liga EBA 3 Semifinalista
2004–05 Non disputou ningunha competición
2005–06 Liga EBA 8
2006–07 Liga EBA 2 Semifinalista
2007–08 LEB Bronce 3 Ascenso
2008–09 LEB Prata 15 Descenso
2009–10 LEB Prata 10
2010–11 LEB Prata 11
2011–12 LEB Prata 7 Cuartos de final
2012–13 LEB Ouro 9 Cuartos de final
2013–14 LEB Ouro 5 Cuartos de final
2014–15 LEB Ouro 10
2015–16 LEB Ouro 5 Semifinalista
2016–17 LEB Ouro 6 Cuartos de final
2017–18 LEB Ouro 8 Cuartos de final
2018–19 LEB Ouro 12

Indícanse con fondo de cor verde as tempadas nas que houbo ascenso de categoría.

Palmarés

Notas

  1. "BASQUET CORUÑA INICIA O PERÍODO DE SUBSCRICIÓN DE ACCIÓNS PARA OS SEUS SOCIOS". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.
  2. "Unanimidad para un Básquet Coruña SAD". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2018. Consultado o 3 de marzo de 2019.
  3. "A Coruña, sede del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaje. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018.
  4. "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1970. p. 66.
  5. "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018.
  6. "ENTRENADORES". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.
  7. "HISTORIA". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.
  8. "PRESIDENTES". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Beka Burjanadze

Beka Burjanadze (en xeorxiano: ბექა ბურჯანაძე), nado o 3 de xaneiro de 1994 en Tbilisi, é un xogador profesional de baloncesto xeorxiano que xoga para o Herbalife Gran Canaria da Liga ACB. Cunha estatura de 2,01 metros xoga na posición de ala.

Camilo Riveiro

Juan Camilo Riveiro Lebrato, nado o 5 de marzo de 1977 en Montevideo, é un ex-xogador profesional de baloncesto uruguaio con ascendencia galega. Xogaba na posición de ala-pivote cunha alzada de 1,99 metros.

Carlos Martínez Pardo

Carlos Martínez Pardo, nado o 19 de xaneiro de 1996 na Coruña, é un xogador galego de baloncesto profesional que xoga no Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.

Dagoberto Peña

Dagoberto Miguel Peña Rincón, nado o 14 de xuño de 1988 en Santo Domingo, é un xogador profesional de baloncesto dominicano que xoga para o Leite Río Breogán da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de ala.

Eduardo Hernández-Sonseca

Eduardo Hernández-Sonseca Lorenzo, nado o 21 de xuño de 1983 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que dende 2017 xoga no Leyma Natura Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 2,12 metros xoga na posición de pivote.

Filip Djuran

Filip Djuran, nado o 24 de novembro de 1988 en Belgrado, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no Força Lleida CE da Liga LEB Ouro.

Gaizka Maiza

Gaizka Maiza Apecechea, nado o 14 de xuño de 1996 en Ibarra (Guipúscoa), é un xogador español de baloncesto profesional que xoga no Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.

Jason Cain

Jason Cain, nado o 31 de marzo de 1985 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Amics Castelló da Liga LEB Ouro. Cunha altura de 2,08 metros, xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Javier Román

Javier Román Maseda, nado o 5 de agosto de 1980 en Caracas, Venezuela, é un xogador profesional de baloncesto. Cunha estatura de 2,07 metros xoga na posición de pivote.

Jeff Xavier

Jeffrey Nunes Xavier, nado o 7 de setembro de 1985 en Pawtucket (Rhode Island, Estados Unidos), é un xogador profesional de baloncesto internacional caboverdiano que actualmente xoga para o Leyma Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,86 metros xoga na posición de escolta.

Jonathan Gilling

Jonathan Gilling, nado o 29 de xuño de 1991 en Vaduz (Liechtenstein), é un xogador profesional internacional de baloncesto dinamarqués. Actualmente forma parte do Afanion CB Almansa da LEB Ouro, onde xoga na posicións de ala ou ala-pivote cunha altura de 2,03 metros.

Jorge Sanz

Jorge Sanz Rodríguez, nado o 1 de abril de 1993 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Leyma Natura Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.

Lino López

Lino López Amado, nado o 1 de febreiro de 1976 en Ferrol, é un antigo xogador e un adestrador de baloncesto galego.

Mathieu Kamba

Mathieu Kamba, nado o 5 de outubro de 1995 en Calgary, Alberta, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga no Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.

Mirza Bulic

Mirza Bulic, nado o 27 de xuño de 1992 en Celje, é un xogador esloveno de baloncesto profesional que xoga no Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.

Pablo Almazán

Pablo Almazán Sierra, nado o 15 de xaneiro de 1989 en Granada, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Real Betis Energía Plus da LEB Ouro, no que xoga na posición de ala cunha alzada de 2,00 metros.

Pazo dos Deportes de Riazor

O Pazo dos Deportes de Riazor é un pavillón polideportivo situado na cidade da Coruña (Galiza), situado á beira do paseo marítimo da capital coruñesa, na Rúa de Manuel Murguía, xusto ao carón do Estadio Municipal de Riazor. O edificio, obra de Santiago Rey Pedreira, foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e ten capacidade para 5.000 espectadores. Está catalogado como elemento patrimonial.

Sean Ogirri

Sean David Ogirri Then, nado o 21 de febreiro de 1986 no Bronx, Nova York, Estados Unidos, é un xogador profesional de baloncesto con pasaporte dominicano que xoga para o Club Baloncesto Clavijo na Liga LEB Ouro. Cunha altura de 1,91 metros, xoga na posición de escolta.

Tito Díaz

José Antonio Díaz López, coñecido como Tito Díaz, nado en Lugo o 20 de novembro de 1957, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto galego. Actualmente exerce como director xeral do Club Baloncesto Breogán. Como xogador xogou durante sete tempadas no Breogán na máxima categoría do baloncesto estatal.

Liga LEB Ouro 2019−20
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns
Páxina web
Deporte na Coruña
Equipos
Instalacións
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.