Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Clodio González Pérez
Clodio González Pérez
Nacemento16 de setembro de 1947
 Cenlle
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónetnógrafo

Traxectoria

Exerce o labor docente ata 2012. Participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (A Lanzada, Porta de Arcos-Rodeiro, Pipín-O Hío etc.) con Francisco Fariña Busto, e traballos etnográficos de campo en Galicia e León con Xosé Manuel González Reboredo.

É membro da sección de Arte Popular, do padroado e da xunta reitora -secretario, 1992-1997- do Museo do Pobo Galego; da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega.[1]; do Instituto de Estudios Tudenses; do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego; vogal suplente da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega etc. Pertenceu á sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (secretario, 1984-1994) e á “Fundación Pro–Patrimonio de Rois”, e foi representante do Consello da Cultura Galega na Comisión Técnica de Etnografía órgano asesor da Consellería de Cultura e Deporte.

Formou parte do equipo asesor do consello consultivo da Enciclopedia Galega Universal, e foi asesor e colaborador da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, coordinador das coleccións “Os nosos humoristas” de Ed. do Castro, e “Raizame” de Ir Indo Edicións, e desde 2013 é director adxunto e coordinador da Editorial Toxosoutos.

Obra

En 1965 publicou os primeiros artigos, e viu colaborando desde entón en xornais, revistas, actas de congresos e libros, sobre cultura popular, etnografía e historia: La Voz de Galicia (suplemento “La Voz de la Escuela”, 1983-1988), Faro de Vigo (suplemento “Artes e Letras”, 1983-1985), O Correo Galego (2000-2003), Galicia Hoxe (2003-2011) etc., e nas revistas Encrucillada, Museo de Pontevedra, Boletín Avriense, Grial, Cuadernos de Estudios Gallegos, Pontevedra Arqueológica, Brigantium, Anuario Brigantino, Gallaecia, Portugalia etc.

Publicacións

  • San Pedro de Angoares. Módulo para la memoria de una parroquia, Museo de Pontevedra – Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1975
  • Os maios, Concello de Santiago de Compostela – Museo do Pobo Galego, 1984
  • A Coca, Concello de Redondela, 1987
  • As penlas e a danza de espadas, Concello de Redondela, 1987
  • O refraneiro do mar, Deputación de Pontevedra, 1988 (2ª ed. Ed. do Castro, 1993)
  • A festa dos maios, Edicións Ir Indo, 1989, ISBN 84-7680-014-2
  • A festa dos maios en Galicia (Unha aproximación histórico-antropolóxica), Deputación de Pontevedra, 1989, ISBN 84-86845-17-3
  • A apicultura tradicional no concello de Navia de Suarna (Lugo), Deputación de Lugo, 1989
  • O concello de Rois: Historia, economía e arte. Catálogo arqueolóxico, artístico e monumental, Concello de Rois, 1990, ISBN 84-505-9820-6
  • As festas cíclicas do ano, Museo do Pobo Galego, 1991, ISBN 84-600-7897-3
  • A coca e o mito do dragón, Ir Indo Edicións, 1993, ISBN 84-7680-127-0
  • A producción tradicional do ferro en Galicia: As grandes ferrerías da provincia de Lugo, Deputación de Lugo, 1994, ISBN 84-86824-49-4
  • Xesús Ferro Couselo: vida e obra, Ed. Toxosoutos, 1996, ISBN 84-89129-19-3
  • Meendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas, Ed. Toxosoutos, 1997, ISBN 84-89129-42-8
  • Roberto Blanco Torres: vida e obra, Ed. Toxosoutos, 1998, ISBN 84-89129-22-3
  • Antonio Fraguas Fraguas: profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo: galego de ben, Ed. Ir Indo, 1998, ISBN 84-7680-274-9
  • Brión. Historia, economía, cultura e arte, Concello de Brión - Ed. Toxosoutos, 1998, ISBN 84-89129-09-6
  • Eladio Rodríguez González: vida e obra, Ed. Toxosoutos, 2000, ISBN 84-95622-03-3
  • Os cruceiros, Museo do Pobo Galego, 2003
  • Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas) 1907-1989, Ed.Toxosoutos, 2004, ISBN 84-96259-08-0
  • Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”, Xunta de Galicia, 2004
  • Historia do traxe galego, Xunta de Galicia, 2005, ISBN 84-453-4196-0
  • Xosé María Álvarez Blázquez 1915-1985, Ed. Toxosoutos, 2008, ISBN 84-96673-36-6
  • O traxe tradicional galego, Ed. Nigra-Trea, 2014, ISBN 978-84-15-07836-4
  • Os maios en Redondela, Concello de Redondela, 2014
  • Concello de Lousame. Patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e arquitectónico, Concello de Lousame – Ed. Toxosoutos, 2014

Publicacións colectivas

  • Historia de Puenteareas, Ayuntamiento de Ponteareas, 1983, ISBN 84-500-9173-X.
  • Castelao, Ministerio de Cultura, Madrid, 1986,
  • Antropología y Etnografìa de las proximidades de la Sierra de Ancares, II, Deputación de Lugo, 1991.
  • Fermín Bouza Brey, estudios e escolmas, Xunta de Galicia, 1992, ISBN 84-453-0410-0.
  • Sociedade e Tecnoloxía tradicionais do val de Ancares, Consello da Cultura Galega, 1997, ISBN 84-87172-13-X
  • Pontevedra, Ed. Mediterráneo, Madrid, 1998.
  • Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial Galego, II, Museo do Pobo Galego, 1998.
  • Galicia-Antropoloxía, XXIV, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1998.
  • Castelao. Exposición 50 aniversario, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2000.
  • O Ribeiro. O viño da cultura. A cultura do viño, Mirabel Editorial, 2001.
  • Nos lindeiros da galeguidade: Estudio antropolóxico do val de Fornela. Etnohistoria, Etnomusicoloxía, Etnografía, Consello da Cultura Galega, 2002, ISBN 84-95415-56-9.[2].
  • Historia e arte na “Casa Grande do pozo”, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2002.
  • O Ribeiro: Terra, auga e viño, Deputación de Ourense, 2003, ISBN 84-96011-40-2.
  • Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa, Deputación de Pontevedra – Museo do Pobo Galego, 2003. ISBN 84-8457-169-6.
  • La iglesia y el cementerio de Santa María a Nova de Noia, Deputación da Coruña, 2003, ISBN 84-95950-45-6.
  • Xoaquín Lorenzo, Unha fotobiografía, 1907 -1989, Ed. Xerais – Museo do Pobo Galego – Consello da Cultura Galega, 2004.
  • Levántate, Maio..., Concello de Ourense, 2004.
  • Contos de trabes, animais, parvos e un ensaio, Xunta de Galicia, 2004.
  • Minaría. Expedientes de explotacións mineiras no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Xunta de Galicia, 2004.
  • O viño. Conversas no Ribeiro. Encontros coa tradición, Asociación “Álvaro das Casas”, Esposende - Ribadavia, 2005.
  • Arte e cultura de Galicia e Norte de Portugal”, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2006.
  • A Gandería, tesouro de Galicia, Xunta de Galicia – Ternera Gallega – Museo do Pobo Galego, 2006.
  • Román Martínez de Montaos, un facendista galego do século XIX : Porto do Son, 1776-Vigo, 1856, Ed. Toxosoutos, 2006, ISBN 84-96673-05-7.
  • Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999, Museo do Pobo Galego, 2006.
  • Tempos de festa en Galicia, I. Entre os Reis e o mes de Maio, Fundación Caixa Galicia, 2006.
  • Achegamento á indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros, Deputación da Coruña, 2008.
  • A Semana Santa en Galicia, I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 2008.
  • Tempos de festa en Galicia, II. Entre o Corpus e o mes de agosto, Fundación Caixa Galicia, 2008.
  • As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro, Deputación de Ourense, 2008.
  • Mar adiante: As xeiras dos Ultreias, Xunta de Galicia – Asociación Álvaro das Casas – Fundación Premios Crítica Galicia, 2008
  • As caras do Entroido ourensán, Deputación de Ourense, 2009.
  • A pesca da lamprea no río Tambre. Historia, artes e gastronomía, Ed. Toxosoutos, 2010.
  • Fermín Bouza Brey. Xuíz e Galeguista, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Vigo, 2011.
  • Monção, entre muralhas, com tantas portas quantos os sentidos, Casa Museu de Monção – Universidade do Minho, 2014.
  • A festa dos maios de Marín, Deputación de Pontevedra, 2014.
  • Piornedo. Unha comunidade de alta montaña dos Ancares. Concello de Cervantes, Difusora de Letras, Artes e Ideas - Deputación de Lugo, 2015.
  • Arredor das Irmandades da Fala, Xerais, 2016.

Edicións e antoloxías

Clodio e Xusto placa casa natal Antonio Fraguas
Clodio González con Xusto Beramendi na inauguración dunha placa en lembranza de Antón Fraguas en 2019.
  • Castelao: cousas de nenos, Edicións Castrelos, Vigo, 1976.
  • Os nosos humoristas: Castelao, Ed. do Castro, 1982.
  • Os nosos humoristas: Vidales Tomé, Ed. do Castro, 1982.
  • Os nosos humoristas: Padín, Ed. do Castro, 1983.
  • Os nosos humoristas: Maside, Ed. do Castro, 1983, ISBN 84-95622-40-8.
  • Os nosos humoristas: Xaime Prada, Ed. do Castro, 1984, ISBN 84-95622-88-2.
  • Os nosos humoristas:Torres, Ed. do Castro, 1985.
  • Castelao: caricaturas e autocaricaturas, Ediciós do Castro, 1986, ISBN 84-7492-286-0.
  • Os nosos humoristas: Cebreiro, Ed. do Castro, 1986.
  • Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado de F. Ávila y La Cueva, Consello da Cultura Galega, 1995.
  • Roberto Blanco Torres: Artigos e poemas galegos, Ed. Toxosoutos, 1999.
  • Atomé. O debuxante e humorista de Santa Comba, Asociación Cultural “Comarca do Xallas”, Santa Comba, 2000.
  • "Cousas da vida” no Faro de Vigo, por Castelao, Consello da Cultura Galega, 2001.
  • Meco-Moro-Agudo: Epítetos del impostor Mahoma... Fr. Martín Sarmiento, Ed.Toxosoutos, 2001.
  • Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carquesa, conocida en Galicia por el nombre de Carqueixa,... Escribiola el Rmo. P. M. Fr. Martín Sarmiento, Ed. Toxosoutos, 2002, ISBN 84-95622-40-8.
  • Vasco da Ponte: Relación dalgunhas casas e liñaxes do reino de Galiza, Ed.Toxosoutos, 2008.
  • Bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia e o famoso libro de San Cibrán de Bernardo Barreiro, Ed. Toxosoutos, 2008.
  • O Gran Libro de San Cibrán ou Tesouro do Feiticeiro, Ed. Toxosoutos, 2014.

Premios e recoñecementos

  • Premio Ayuntamiento de Ponteareas, 1983 por Aproximación a la historia de Ponteareas.
  • Premio Artes y tradiciones populares (premio A la mejor labor continuada en prensa) do Ministerio de Cultura, en 1984, 1985, 1986 (mención de honra) e 1987 (ex aequo), pola colaboración no suplemento “La Voz de la Escuela” de La Voz de Galicia.
  • Premio de Investigación 1987 da Deputación de Pontevedra, por A festa dos maios en Galicia (Unha aproximación histórico-antropolóxica ó Ciclo de Maio).
  • Premio O Maio da Asociación de Veciños Casco Vello de Vigo, 1990, polo libro anterior.
  • Premio do concurso xornalístico “O castelo de Sobroso e D. Alejo Carrera Muñoz", Concello de Ponteareas, 1992.
  • Premio de Investigación 1992 da Deputación de Pontevedra, por A producción tradicional do ferro en Galicia: as grandes ferrerías da provincia de Lugo.
  • Coruxa de honra, 1999 do Museo do Humor de Fene.
  • Premio Gourmand World Wine Books Award 2001 á mellor obra sobre o viño publicada no mundo polo libro colectivo O Ribeiro. O viño da cultura. A cultura do viño.
  • 1º Premio de Investigación Etnográfica “VII Romaría Etnográfica Raigame”, Vilanova dos Infantes, 2008, por As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro.
  • Premio Lois Peña Novo, 2013.
  • Confrade de honra da Confraría de Mareantes San Miguel de Marín, 2014, polos traballos sobre a nosa cultura, tradición e difusión.
  • Premio Adolfo Enríquez da Romaría Etnográfica Raigame, Vilanova dos Infantes, 2016.
  • Socio de Honra da Asociación do Traxe Galego, 2016, polas publicacións sobre a vestimenta tradicional.

Notas

  1. Recensión biográfica do autor na páxina do Concello de Ribadavia tirada do libro (Barrera, ed. 2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI.
  2. Nos lindeiros da galeguidade, en formato pdf

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 274. ISBN 84-8064-113-4.
  • FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega, Ediciós do Castro, p. 195.
  • VILAVEDRA, D. coord. (1995). Diccionario da literatura galega, I, Autores, Ed. Galaxia, p. 273.
  • Enciclopedia Galega Universal (1999), Ir Indo Edicións, 10, p. 53.
  • Gran Enciclopedia Gallega, Santiago - Gijón: Silverio Cañada, Editor, 16, p. 120.
  • Gran Enciclopedia Gallega', (2000), Álvarez Conde, S.A., 34, p. 193.

Ligazóns externas

16 de setembro

O 16 de setembro é o 259º día do ano do calendario gregoriano e o 260º nos anos bisestos. Quedan 106 días para finalizar o ano.

A sardiña na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou a sardiña na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).

Din os mariñeiros que os bancos de sardiña aparecen ó mencer e, sobre todo, ó solpor e de noite, á luzada, e que durante o día a sardiña descende e permanece acamada no fondo do mar, repousando semienterradas de cabeza no limo .

Alberto Fortes

Alberto Fortes López, nado en Pontevedra en 1964, é un escritor galego.

Biblioteca 114

A Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións coma primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá, da Editorial Compostela-El Correo Gallego.

Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".

como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño,, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Ignacio Vidales Tomé

Ignacio Vidales Tomé, nado en Ponteareas o 30 de marzo de 1896 e falecido no mesmo concello o 11 de agosto de 1963, foi un xornalista, debuxante e caricaturista galego.

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Ribeira

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Rois

Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é roisense.

Vilaoudriz, A Pontenova

Santiago de Vilaoudriz é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xosé Manuel González Reboredo

Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.