Clima temperado

Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.

Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen augas temperadas.

Klimagürtel-der-erde
Mapa do mundo coas zonas temperadas marcadas en verde.

Clasificación dos climas temperados

Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrón de precipitación: w indica invernos secos (a media do mes máis seco menor que un décimo da precipitación media do mes de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do mes máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do mes de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións.

A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán: a indica que a media do mes máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do mes máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.

Clima temperado mediterráneo

Este clima sitúase entre as latitudes de 30º e 40 °C. O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvias. Os invernos están caracterizados por temperaturas mornas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno cando se observa algún índice de precipitación, mentres que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano.

Exemplos:

Subtropical húmido (Cfa, Cwa)

É o clima propio do interior de continentes ou nos litorais ao leste de tales continentes, entre latitudes de 25° e 40º. Ao contrario dos climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos debido ás masas tropicais inestables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que noutros lugares con latitudes similares, debido á alta presión atmosférica de Siberia, e veráns húmidos debido á influencia dos monzóns.

Exemplos:

Clima temperado marítimo

Os climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas a unha latitude semellante.

Exemplos:

Temperado subártico (Cfc)

Tal clima acontece máis preto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes ou a illas deses litorais, especialmente no Hemisferio Norte.

Exemplos:

  • Punta Arenas, Chile (precipitación uniforme ao longo do ano)
  • Monte Dinero, Arxentina (verán máis húmido que o inverno)
  • Torshavn, Illas Faroe (verán máis seco que o inverno).
Andoriña dáurica

A andoriña dáurica (Hirundo daurica, para outros autores Cecropis daurica) é un pequeno paxaro da familia das andoriñas. Habita nos países de clima temperado do sur de Europa e Asia, desde a Península Ibérica no oeste ata Xapón no leste, chegando á África tropical polo sur. Os exemplares indios e africanos son residentes, pero as andoriñas europeas e doutras partes de Asia son migratorios, invernando en África e na India.

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Avefría

A avefría, galdaripo ou galo da braña (Vanellus vanellus) é unha ave zancuda da familia carádridos, é común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.

A ave de 30 cm de longo e 68 cm de envergadura, ten a plumaxe verde escura, branca no ventre, ás arrendondeadas, cola curta. É migratoria, chega ata o norte de África, norte da India e China. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén de moluscos.

Ballico

O ballico (Lolium perenne), coñecido tamén co termo inglés galeguizado raigrás (do inglés: ryegrass, literalmente "herba centeo"), é unha gramínea perenne de importancia na creación de céspedes e na produción de forraxes en lugares de clima temperado e subtropical.

Brassica

Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.

Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.

Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus).

Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.

As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.

Cafeeira

Este artigo trata sobre a planta do café, cómpre non confundir co trebello de cociña, a cafeteira.

A cafeeira é calquera arbusto do xénero Coffea L., na familia Rubiaceae e da cal se coñecen 103 especies. Destas, apáñanse as sementes, coas cales se prepara a bebida estimulante coñecida como café. A cafeeira é largamente cultivada en países tropicais, tanto para consumo propio como para exportación a países de clima temperado. O Brasil é o maior produtor e exportador mundial de café, seguido polo Vietnam e Colombia. A planta tamén se coñece co nome de café.

Calandra real

A calandra real ou calandra (Melanocorypha calandra) é unha ave paseriforme da familia dos aláudidos, que se reproduce en países de clima temperado cálido do Mediterráneo e polo leste a través de Turquía ata o norte de Irán e sur de Rusia. Máis ao leste é substituída polo seu parente a Melanocorypha bimaculata.

Cardo de Santa María

O cardo de santa María ou cardo leiteiro é unha planta herbácea da familia das compostas (Asteraceae) orixinaria das rexión mediterráneas de clima temperado de Europa. Cómpre ter en conta que o nome de cardo leiteiro tamén o recibe a especie: Cistanche phelypaea.

Emprégase como planta medicinal, tendo a propiedade de actuar como antioxidante.

Carpe

O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.

Herbívoro

En zooloxía e en ecoloxía, un herbívoro é un animal (mamífero, peixe ou invertebrado) cuxa dieta alimenticia se basea principalmente na inxestión de plantas; aínda que, sendo as plantas herbáceas un subconxunto do reino vexetal, é máis correcto, desde o punto de vista semántico, o uso do termo fitófago.Na práctica, porén, moitos herbívoros tamén se alimentan de proteínas animais como, por exemplo, ovos.

Os humanos que non comen carne non son considerados herbívoros senón vexetarianos.

Na cadea trófica, os herbívoros son os consumidores primarios, mentres que os que se alimentan de carne son consumidores secundarios.

Hidatidose

A hidatidose ou equinococose , é unha enfermidade parasitaria do home e outros animais domésticos producida pola fase larvaria do verme Echinococcus granulosus, parasito do can; tamén pode estar causada por outra tenia semellante, o Echinococcus alveolaris ou multilocularis. A enfermidade alcanza grande importancia nos países de clima temperado.

Leiria

Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Pinhal Litoral, con aproximadamente 42 745 habitantes, capital do concello e do distrito de Leiria.

Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.

É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 126.879 habitantes (INE, 2011), subdividido en 29 freguesías.

Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.

A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 1991 tiña 27.531 residentes, repartidos en seis freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira e Barrosa.

A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.

Lista de froitas

A presente lista pretende enumerar varios tipos de froitas, consideradas comestibles en diversas partes do mundo. Nótese que moitas froitas (dende o punto de vista biolóxico) son consideradas verduras no sentido culinario (por exemplo, o tomate), e non aparecen neste artigo por esa razón. Por outro lado, existen algunhas "froitas", como o amorodo ou o ananás (ou piña) que non son froitos en termos biolóxicos. Resumindo: aquí faise unha listaxe das "froitas" na acepción corrente da palabra e non na acepción científica.

Algunhas familias teñen un maior número de especies cuxos froitos son comestibles: Myrtaceae, Sapotaceae son algunhas delas.

Moucho común

O moucho común (Athene noctua) é unha ave rapaz nocturna da familia das Estrixiformes, de pequeno tamaño, propia de zonas de clima temperado de Eurasia e o norte de África. Forma parte da familia dos "mouchos típicos" (Strigidae), diferenciada da familia Tytonidae, da que forman parte aves coma a curuxa común.

Oxiuríase

A oxiuríase ou enterobíase é unha parasitose intestinal producida por un verme nematodo, Enterobius vermicularis, da orde Rhabditida. É unha enfermidade practicamente universal que afecta exclusivamente ó home, de tódolos grupos socioeconómicos, aínda que resulta moito máis frecuente en zonas de clima temperado e de condicións hixiénicas deficientes. Afecta principalmente meniños e rapaces.

En Europa, África e Asia existe outra especie, E. gregorii, cuxa morfoloxía, ciclo e clínica son idénticos ós da especie tipo.

Polpa de remolacha

A polpa de remolacha é un subproduto da industria do azucre nas rexións de clima temperado. De feito, a principal fonte de azucre alimentario nestas rexións é a remolacha azucreira. Para a extracción do azucre, as raíces da remolacha son esmagadas e o zume doce así obtido recupérase por osmose. O residuo, rico en celulosa, recibe o nome de polpa de remolacha, utilizándose para a alimentación dos ruminantes (capaces, grazas ás bacterias do seu aparello dixestivo, de dixerir a celulosa).

Pode utilizarse como unha pasta rica en auga (con do 15 ao 20 % de materia seca), debendo ser, en xeral, ensilada, ou como polpa desecada envasada en "tortas" que logo poden incorporarse aos pensos compostos.Aínda que a polpa de remolacha é unha excelente fonte de celulosa dixeríbel e de azucres solúbeis para os ruminantes, o seu uso como alimento fresco para as vacas leiteiras cuxo leite se destina a converterse en queixo, é, porén, delicado, debido á presenza frecuente de esporas das bacterias butíricas, que poden afectar ás calidades dos queixos.

Na ceba dos cordeiros, a substitución parcial dos cereais do penso por pulpa de remolacha para a ceba intensiva pode ter, segundo recentes investigacións, un efecto favorábel sobre as condicións do rume, paliando os efectos negativos asociados ao elevado consumo de cereais (aparición de diferentes patoloxías dixestivas, en especial a acidose ruminal).

Populus

Os chopos ou álamos son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros ou lamigueiros e chopos brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.

Xeografía de Australia

A maior parte da xeografía de Australia está composta por desertos ou zonas semiáridas (o 40 % da masa terrestre está cuberta por dunas de area). Só os extremos sueste e suroeste teñen un clima temperado e un chan moderadamente fértil. A parte norte do país ten un clima tropical: parte é bosque tropical, parte son pastos e parte é deserto. A Grande Barreira de Coral, o maior arrecife de coral do mundo, sitúase a pouca distancia da costa nordeste e esténdese por máis de 1.200 km. O Uluru (coñecido como Ayers Rock ata 1986) é o maior monólito do mundo e sitúase na Australia central.

Xeografía de Escocia

A xeografía de Escocia é moi variada, dende as terras baixas do rural ata as terras altas ermas, e dende as grandes cidades ata as illas deshabitadas. Localizada no Norte de Europa, Escocia comprende o terzo norte da illa de Gran Bretaña así como 790 illas, nas que se incluén as dos grandes arquipélagos das Illas Shetland, das Órcadas e das Illas Hébridas interiores e exteriores.A única terra que fai fronteira con Escocia é Inglaterra, que percorre 97 km en dirección nordeste dende o Fiorde de Solway ata o Mar do Norte na costa leste. Separada pola Canle do Norte, a illa de Irlanda está a 31 km da punta suroeste das terras escocesas. Noruega está localizada a 310 km ó norete de Escocia cruzando o Mar do Norte. O Océano Atlántico, que bordea a costa oeste de Escocia e as illas do norte, inflúe no clima temperado e marítimo do país.A topografía de Escocia distínguese pola Falla das Highland, que atravesa as terras de Esocia dende Helensburgh ata Stonehaven. A liña de falla separa dúas rexións físicas, as Highlands no norte e no oeste, e as Lowlands do sur e leste. A rexión máis accidentada das Highland contén a maioría das zonas montañosas de Escocia, onde se sitúa o punto máis alto do país, Ben Nevis. As Lowland, na parte sur de Escocia, son máis chas e o fogar da maior parte da poboación, especialmente na estreita cintura entre Firth of Clyde e Firth of Forth coñecida como Cinto central. Glasgow é a meirande cidade de Escocia, malia que Edimburgo é a capital e o centro político do país.A abundancia de recursos naturais como carbón, ferro e cinc contribuíron significativamente ó crecemento industrial de Escocia durante os séculos XIX e XX. Na actualidade, a enerxía é un elemento fundamental da economía de Escocia. Mentres Escocia é o meirande produtor de petróleo na Unión Europea, o potencial de produción de enerxías renovables emerxeu como un importante tema económico e medioambiental nos anos recentes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.