Clima subtropical

O Clima subtropical é característico das áreas xeográficas polas que pasa o Trópico de Capricornio, con temperaturas medias abaixo dos 20 °C. Hai tamén alternancia anual entre 9 °C e 13 °C.

En áreas máis elevadas, o inverno é intenso, con nevadas esporádicas], e o verán é suave. A precipitación de choivas é intensa, acadando unha media de ata 2.000 mm/ano, de forma ben distribuída ao longo das estacións. A vexetación nas áreas de clima subtropical é diferente conforme a altitude do lugar. Nas partes máis altas, presenta piñeirais e araucarias. En planicies, hai predominancia de gramíneas.

Subtropical
Clima subtropical
Carolina do Norte

Carolina do Norte (North Carolina en inglés) é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América. Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno británico na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, e o fogar da primeira colonia británica en América. Está situado na rexión Sur e limita ao oeste con Tennessee, ao sur con Carolina do Sur, ao suroeste con Xeorxia, ao norte con Virxinia e ao leste co océano Atlántico. O nome do estado foi elixido polo rei Carlos II de Inglaterra, en honra ao seu pai o rei Carlos I. Carolina do Norte posúe 3 áreas metropolitanas cuxas poboacións superan o millón de habitantes. O 1 de xullo de 2006, a súa poboación estimada era de 8 856 505 habitantes, un 10% máis que en abril de 2001. É o terceiro estado máis poboado do sueste do país, por detrás de Florida e de Xeorxia.

Debido á variedade de elevacións, desde o nivel do mar na costa ata 2.000 metros nas montañas, Carolina do Norte ten un dos climas máis variados dos estados do sueste da nación. O clima na costa e o centro de Carolina do Norte é similar ao clima de Xeorxia e Carolina do Sur, mentres que o clima nas montañas do oeste é similar ao de Nova Inglaterra. Sendo así, o clima do estado varía desde un cálido e húmido clima subtropical preto da costa, ata un clima húmido continental nas montañas.

Clima

O clima comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

A definición polo glosario IPCC é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate ChangeOs límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

Clima da Península Ibérica

O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas. A península atópase nunha zona tépeda, non tendo características climáticas homogéneas ao ser zonas de mestura entre zonas de aire cálido e zonas de aire frío (subtropicales e polares).

A variada orografía así como a súa situación xeográfica, en latitudes medias da zona tépeda do hemisferio Norte, fai que o país teña unha notable diversidade climática. Así pasamos de lugares con suaves temperaturas, ao redor dos 15 °C, a outros que superan os 40 °C, sobre todo no verán, e de sitios onde as precipitacións non superan os 150 mm, a outros que rexistran máis de 2500 mm anuais.

Clima da Área da Baía de Tampa

A área da Baía de Tampa ten un clima subtropical húmido (Köppen Cfa), con veráns cálidos e húmidos e abundantes treboadas e invernos secos con temperaturas baixo cero que se dan cada 2-3 anos. A zona presenta unha importante estación chuviosa durante o verán, xa que case dous terzos das precipitacións se dan entre xuño e setembro. A área esta catalogada polo Departamento de Agricultura como zona de rusticidade 10, onde se poden cultivar cocos e palmeiras reais. As máximas oscilan entre 18 e 35 °C) durante todo o ano. A pesar de que os veráns son calorosos, as temperaturas máximas de Tampa nunca chegaron os 38 °C; a máxima histórica foi da cidade foi de 37 °C. A máxima histórica de San Petersburgo foi de 38 °C.O Condado de Pinellas localízase nunha península entre a Baía de Tampa e o Golfo de México, e a maior parte da cidade se Tampa atópase nunha pequena península que sobresae da Baía de Tampa. A proximidade a grandes masas de auga suaviza as temperaturas e aporta grandes cantidades de humidade á atmosfera. En xeral, os barrios máis afastados da costa teñen unha amplitude técnica maior, tanto durante o día coma no conxunto das estacións.

Clima temperado

Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.

Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen augas temperadas.

Deserto do Pacífico

O deserto do Pacífico, tamén chamado deserto de Atacama-Sechura polo Fondo Mundial para a Natureza, é un extenso deserto costeiro de clima subtropical atravesado por ríos curtos de réxime estacional. Percorre o litoral occidental de América do Sur dende o océano Pacífico até a cordilleira dos Andes, entre as latitudes 6°S e 27°S, aproximadamente, en territorios que pertencen ao Perú e a Chile.

Florida do Norte Central

Florida do Norte Central (inglés: North Central Florida) é unha rexión de tipo direccional dentro do estado de Florida, nos Estados Unidos, que comprende a parte norte central do Estado e engloba a Área Metropolitana de Gainesville (nos condados de Alachua e Gilchrist) e os condados da super-rexión de Florida do Norte de Bradford, Columbia, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e Union. A maior cidade da rexión é Gainesville (sede da Universidade de Florida), mentres que a maior área metropolitana é a Área Metropolitana de Ocala. Outras cidades de importancia na rexión son Lake City, Live Oak e Palatka. No ano 2010 a rexión acadou unha poboación de 873.189 habitantes.

Do mesmo xeito que a chamada rexión da Franxa de Florida, esta rexión é recoñecida a miúdo como parte do chamado Sur Profundo, igual có resto do Estado. A maioría dos brancos americanos en Florida do Norte Central son tradicionalmente descendentes de devanceiros ingleses sen mesturas.

A paisaxe e o clima de Florida do Norte Central non responde ao clima subtropical, típico de Florida. A súa paisaxe é de suaves outeiros dominados por magnolios e grandes aciñeiros do sur cubertos de brións españois.

A rexión tamén dispón de grandes bosques de piñeiros. O clima é bastante amornado durante todo o ano, pero ten invernos moi diferentes con temperaturas que caen por baixo de cero con bastante frecuencia.

Illa de Madeira

A illa de Madeira (en portugués, ilha da Madeira), é unha illa do arquipélago homónimo situado no océano Atlántico, ao oeste da costa africana, e que constitúe conxuntamente con Porto Santo, as Illas Desertas e as Illas Salvaxes, a Rexión Autónoma de Madeira, en Portugal.

Illa de Pascua

A Illa de Pascua é unha illa oceánica que pertence a Chile, famosa polas súas enormes estatuas de pedra coñecidas como moais. Fai parte da V Rexión de Valparaíso. En rapanui, o idioma local, é denominada Rapa Nui (illa grande), Te pito o te henúa (embigo do mundo) e Mata ki te ranxi (ollos fixos no ceo).

Mar del Plata

Mar del Plata é unha importante cidade porto e balneario arxentina emprazada no litoral do Mar Arxentino, ó sueste da provincia de Buenos Aires. É a cabeceira do partido de ”General Pueyrredón” e a cidade turística máis importante da Arxentina, contando coa infraestrutura hoteleira máis ampla do país. Está emprazada 404 km ó sueste da Cidade de Buenos Aires.

Mbombela

Mbombela (oficialmente Nelspruit ata 2009) é unha cidade de 221.474 habitantes (2000) situada no nordeste de Suráfrica. É a capital da Provincia de Mpumalanga (antigamente Transvaal oriental). Situada sobre o Río Crocodilo (chamada Krokodil en afrikaans), Nelspruit atópase a uns 100 quilómetros (60 millas) ao oeste do límite Mozambique e a 330 quilómetros (205 millas) ao leste de Johannesburgo. A cidade máis próxima é KaNyamazane, uns poucos quilómetros ao leste de Nelspruit.

Níxer

Níxer é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benín e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.

Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.

Certos animais, coma os elefantes, os leóns e mailas xirafas están en perigo de desaparición en razón da destrución das fragas.

Okinawa Honto

A Illa de Okinawa (沖縄本島 Okinawa-hontō) é a maior das illas Ryūkyū cunha superficie de 1201´03 km², onde se sitúa a cidade de Naha, capital da prefectura de Okinawa. Na illa localízanse as ruínas de seis Gusuku, fortalezas típicas da cultura de Okinawa, que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Orlando, Florida

A cidade de Orlando é a sede do Condado de Orange e é cidade central da zona metropolitana do mesmo nome, así como tamén cabeceira da rexión coñecida como Florida Central, no estado de Florida, no sueste dos Estados Unidos. Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a cidade tiña unha poboación de 185.951 (a poboación no área metropolitana é de 1.644.561). Un conteo local da poboación en 2003 deu o resultado de 199.336. É a sexta cidade máis grande de Florida e a cidade non costeira máis grande. É ademais a cabeceira da terceira área metropolitana máis grande do estado, detrás de Miami-Fort Lauderdale e Tampa, Florida-San Petersburgo.

A cidade é moi coñecida polas súas atraccións turísticas, particularmente polo Walt Disney World Resort. Outras atraccións son SeaWorld e o Universal Orlando Resort. O centro da cidade de Orlando, máis coñecido coma Downtown Orlando, foi obxecto de continua reestruturación, a pesar de estar afastada das principais atraccións turísticas. É sede de Orlando Sentinel, un dos periódicos máis grandes do estado, e dos Orlando Magic, equipo profesional de baloncesto da NBA.

O seu actual alcalde é Buddy Dyer.

Península de Crimea

A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada por a auga.

Os seus nomes oficiais son:

півострів Кримський, en ucraíno

полуостров Крымский, en ruso

Qırım Yarimadasi, en tártaroA península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014.

Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.

Está rodeada por dous mares, o mar de Azov e o mar Negro, e só se conecta coa parte continental de Ucraína a través do istmo de Perekop de 8 km de ancho.

Crimea formou parte do Khanato de Crimea e do Imperio otomán. O 8 de abril de 1783, Catarina II de Rusia anexionou de facto ao Imperio ruso a península integrándoa na gobernatura de Táuride.

Na actualidade, a República Autónoma de Crimea compón a maior parte da península.

Populus

Os chopos ou álamos son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros ou lamigueiros e chopos brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.

Raleigh, Carolina do Norte

A cidade de Raleigh é a capital do estado de Carolina do Norte, Estados Unidos. De acordo co censo do ano 2000, tiña unha poboación de 276.093 habitantes, o que a converte na segunda cidade máis habitada do estado logo de Charlotte. Raleigh é coñecida como a cidade dos carballos pola enorme cantidade de árbores desta especie que se atopan no seu territorio.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Té bravo

O té bravo, de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides, é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.

Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.