Clima oceánico

O clima atlántico ou oceánico é propio das zonas temperadas con gran dinamismo de correntes mariñas e ventos.

Caracterízase por unhas temperaturas suaves e abundantes chuvias por mor da proximidade ao Océano, nas costas occidentais dos continentes. Os invernos son suaves e os veráns frescos cunha oscilación térmica anual pequena (10 °C de media). As precipitacións son abundantes e están ben distribuídas aínda que cun máximo hibernal.

Rexións con clima oceánico

Koppen classification worldmap CfbCfc
Rexións con clima oceánico.

En Europa pódese atopar nas comunidades españolas de Asturias, Cantabria, País Vasco, zona norte de Navarra e algunhas zonas dos Pireneos occidentais. Así mesmo como en Francia e os países do noroeste europeo.

Débese lembrar que, contrariamente á crenza popular, Galicia non forma parte das rexións con clima oceánico, senón que pertence ó clima Csb.

O clima áchase ademais no sur de Chile, na costa central da Arxentina, en Nova Zelandia, Tasmania, Canadá, e Estados Unidos.

A Laracha

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

As Somozas

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.

Cantabria

Cantabria (en cántabro e castelán: Cantabria) é unha comunidade autónoma uniprovincial situada no norte de España, considerada como «comunidade histórica» segundo o seu Estatuto de autonomía. Limita con Asturias ao oeste, con Euskadi (provincia de Biscaia) ao leste, con Castela e León (provincias de León, Palencia e Burgos) ao sur, e co mar Cantábrico ao norte. A súa capital e cidade máis poboada é Santander.

Cantabria está situada na cornixa Cantábrica, nome dado á franxa de terra existente entre o mar Cantábrico e a cordilleira Cantábrica, no norte da Península Ibérica. Posúe un clima oceánico húmido e de temperaturas moderadas, fortemente influenciado polos ventos do océano Atlántico que chocan contra as montañas. A precipitación media é de 1.200 mm, o que permite o crecemento de frondosa vexetación. A súa maior elevación localízase no pico de Torre Blanca (2.619 m). A comunidade está formada por 102 concellos, sendo un deles, Valle de Villaverde, un exclave en Biscaia.

Cantabria é a rexión máis rica do mundo en sitios arqueolóxicos do Paleolítico Superior. Os primeiros signos de ocupación humana datan do Paleolítico Inferior, aínda que este período non estea tan ben representado na rexión. Destacan neste aspecto as pinturas da cova de Altamira, datada entre o 16.000 e 9.000 a.C e declarada, xunto a outras nove covas cántabras máis, Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

As súas primeiras referencias datan do ano 195 a. C., momento en que o escritor romano Catón O Vello fala na súa obra Orixes do nacemento do río Ebro do "país dos cántabros". A moderna provincia de Cantabria constituíuse o 28 de xullo de 1778. A Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Cantabria aprobouse o 30 de decembro de 1981, dotando deste xeito á comunidade autónoma de organismos e institucións de autogoberno, co Parlamento de Cantabria como asemblea lexislativa.

Cerdido

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Clima

O clima comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

A definición polo glosario IPCC é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate ChangeOs límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

Clima da Península Ibérica

O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas. A península atópase nunha zona tépeda, non tendo características climáticas homogéneas ao ser zonas de mestura entre zonas de aire cálido e zonas de aire frío (subtropicales e polares).

A variada orografía así como a súa situación xeográfica, en latitudes medias da zona tépeda do hemisferio Norte, fai que o país teña unha notable diversidade climática. Así pasamos de lugares con suaves temperaturas, ao redor dos 15 °C, a outros que superan os 40 °C, sobre todo no verán, e de sitios onde as precipitacións non superan os 150 mm, a outros que rexistran máis de 2500 mm anuais.

Clima de Galicia

O clima de Galicia sofre unha progresión entre unha predominancia do clima oceánico puro –con tendencia a un repartimento homoxéneo anual das precipitacións– a marxes climáticas que poden ser consideradas como suboceánicas e que mesmo foron caracterizadas como de tendencia mediterránea, aínda que o termo correcto sería o de subtropicalizada, xa que a estacionalidade pluviométrica en Galicia está controlada, en boa medida, pola compoñente climática subtropical.

A distribución espacial das temperaturas presenta unha variación costa-interior, relacionada coa preseza do océano Atlántico -quen ten un efecto de regulador térmico nas zonas costeiras e incluso en zonas máis interiores-, e outra norte-sur, que hai que poñer en relación co balance anual entre as compoñentes climáticas temperada e subtropical.

Coirós

Coirós é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1747 habitantes (1765 no 2012, 1771 no 2011, 1722 no 2010). O seu xentilicio é coirense (non oficial).

Frades

Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Outes

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.412 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «outés» ou «outense» .

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Santurtzi

Santurtzi é un municipio español da provincia de Biscaia, pertencente á comarca do Gran Bilbao. Historicamente, en cambio, formou parte ata comezos do século XIX dos Tres Concellos do Val de Somorrostro en Enkarterri. Ten unha poboación de 47.076 habitantes (2011).

Sobrado

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».

Souto da Retorta

O Souto da Retorta está situado na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.O 25 de febreiro de 2000 foi incluído entre os espazos naturais baixo a figura de monumento natural e en 2007 no "catálogo galego de árbores senlleiras" pola idade e grosor das árbores.

O espazo ten unha superficie de 3,19 ha e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.

Ademais dos eucaliptos centenarios, o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.

Vaga de calor

Unha vaga de calor é un fenómeno meteorolóxico consistente en temperaturas anormalmente altas, tanto as diúrnas como as nocturnas, que pode prolongarse días ou semanas. Estas cálidas temperaturas poden vir acompañadas por unha forte humidade nas zonas de clima oceánico, o que aumenta a sensación de calor facéndoa aínda máis sufocante. Adoita producirse no verán e constitúe un risco para a poboación porque é un dos fenómenos climáticos que máis mortes provoca.

Vilarmaior

Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vilarmaiorés.

Áraba

Áraba, segundo outras fontes Araba ou Álava (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais), é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.