Clima mediterráneo

As rexións de clima mediterráneo combinan veráns quentes e secos con invernos fríos e pouco chuvosos. Como o propio nome indica, este tipo de clima é o típico da zona do mar Mediterráneo.

O clima mediterráneo é quente e seco no verán e é moderado e húmido no inverno. As precipitacións ocorren sobre todo durante 2 a 4 meses, no inverno, sendo raras no resto do ano.

Nas rexións situadas a rentes do mar Mediterráneo os veráns son menos secos que os das outras rexións deste clima.

Medclim
Áreas con clima mediterráneo.

Flora

A vexetación, na súa forma orixinal, caracterizábase sobre todo por árbores; debido á intervención humana e problemas ambientais, as árbores foron sendo substituídas por arbustos, especialmente arbustos esclerófitos, aparecendo herbas aromáticas, gramíneas e, por suposto, árbores.

Esta vexetación é predominante, de folla persistente e presenta follas espesas e pequenas, o que axuda a reducir as perdas de auga por transpiración. Algunhas plantas poden tamén ter espiños, o que as protexe de seren comidas polos animais.

As árbores son, normalmente, de pequeno porte. Posúen cascas gordas e duras e grandes ramificacións. Predominan os carballos: carballo, carballo negral, sobreiras, carrascos e aciñeiras. Outra árbore moi común na área mediterránea é a oliveira. Nalgunhas rexións aparecen aínda piñeiros (como o piñeiro manso) e o acivro.

Nas áreas con pouca precipitación, as plantas adaptáronse a condicións secas, sendo as súas follas pequenas e por veces, tan reducidas que semellan agullas, o que lles permite conservar a auga. Outras teñen as follas cubertas por unha película cerosa e noutras as follas reflicten a luz solar.

Algunhas plantas desenvolveron, mesmo, adaptacións que lles permiten resistir os lumes frecuentes que ocorren na estación seca: algunhas reprodúcense moi axiña a partir das raíces, despois de arder a parte aérea; noutras, a brea que reviste as piñas derrete durante o incendio permitindo que abran os froitos e se espallen as sementes; noutras incluso as sementes, que teñen condicións para vivir durante moito tempo, xermolan despois do lume.

Fauna

A fauna é moi variada e tamén se encontra adaptada ás condicións ambientais. Por exemplo, os animais son acotío pequenos, necesitando de pouca auga e teñen hábitos nocturnos.

Aparecen coellos, lebres, porcos bravos, ratos, veados, porco teixos, diversos tipos de réptiles, unha grande variedade de aves, sobre todo aves migratorias e insectos.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alcipreste

Os alciprestes ou cipreses son árbores coníferas do xénero Cupressus. Téñense naturalizado en moitas rexións temperadas do Hemisferio Norte, especialmente de clima mediterráneo, coas temperaturas e solos axeitados, medrando espontaneamente e polo xeral de xeito espallado. Cultívanse comercialmente en África oriental, Suráfrica e Nova Zelandia. Moitas das especies cultívanse coma árbore ornamental en parques e xardíns de Europa. En Galicia só os atopamos en xardíns formais, sendo comúns na xardinaxe de pazos e cemiterios, especialmente a especie Cupressus sempervirens.

Carballo (árbore)

Para atopar máis información ou consultar a especie normalmente chamada "carballo", véxase o artigo Carballo común.

Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do xénero Quercus da familia Fagaceae. O xénero é nativo do hemisferio norte e inclúe tanto especies caducifolias coma persistentes. Os Querci (carballos) esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Eurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Cómpre ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus.

Diferentes especies de carballos son moi frecuentes en toda Galicia, salientando o carballo común (ver lista de especies habituais en Galicia abaixo). De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.

As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, a extensión das carballeiras incrementouse nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Cidade Real

Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha cidade do centro de España, na Meseta Sur, capital da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha.

Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2009. A cidade atópase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².

A cidade foi fundada por Afonso X o Sabio co nome de Villa-Real. A cidade é sede da Universidade de Castela-A Mancha e da Deputación Provincial.

Clima

O clima comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

A definición polo glosario IPCC é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate ChangeOs límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

Clima da Península Ibérica

O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas. A península atópase nunha zona tépeda, non tendo características climáticas homogéneas ao ser zonas de mestura entre zonas de aire cálido e zonas de aire frío (subtropicales e polares).

A variada orografía así como a súa situación xeográfica, en latitudes medias da zona tépeda do hemisferio Norte, fai que o país teña unha notable diversidade climática. Así pasamos de lugares con suaves temperaturas, ao redor dos 15 °C, a outros que superan os 40 °C, sobre todo no verán, e de sitios onde as precipitacións non superan os 150 mm, a outros que rexistran máis de 2500 mm anuais.

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia de outros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

Conca do Mediterráneo

A conca do Mediterráneo é un concepto xeográfico con connotaciones históricas e culturais.

Nela desenvolvéronse as denominadas civilizacións mediterráneas, cuxa continuidade no tempo ata a actualidade maniféstase nunha cultura mediterránea en gran parte común por riba das fondas diferenzas políticas e relixiosas. Tal unidade de cultura ou civilización viuse afectada na época contemporánea por varios factores: por unha banda aparece homoxeneizada coas do resto do mundo por efecto da globalización; e doutra banda presenta unha contraditoria relación co fenómeno do turismo, que por unha banda a magnifica e por outro a desvirtúa. Adoitan definirse como trazos comúns desa cultura mediterránea, ademais da herdanza cultural da Antigüidade clásica e do enfrontamento secular de civilizacións (grecorromana, xudeocristiá, islámica), moitos da vida cotiá, como a dieta mediterránea (legumes, froitas e verduras, peixe; e os tres alimentos básicos elaborados dende a máis remota antigüidade a partir de produtos agrícolas e cultivos especificamente adaptados á rexión: pan do trigo, aceite da oliveira e viño da vide -ás veces denominados triloxía mediterránea-); a animada vida e o espírito de festa estimuladas pola benignidade do clima mediterráneo; multitude de tópicos e estereotipos, como unha certa forma, á vez vitalista e fatalista, de entendela vida.A unidade do Mediterráneo preténdese activar periódicamente por certas iniciativas políticas (Proceso de Barcelona: Unión para o Mediterráneo) e ata deportivas (Xogos do Mediterráneo).

Estepona

Estepona é un municipio da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. Está situada na Costa do Sol e é un destino turístico popular, especialmente durante o verán polo seu clima mediterráneo e os seus 21 km de praias.

Ten unha pequena actividade pesqueira e agrícola. A súa poboación censada é de ao redor de 60.000 habitantes, en continuo crecemento demográfico, que destaca pola súa composición multicultural. Está integrada na Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol Occidental.

Os seus habitantes denomínanse esteponeiros.

Europa meridional

Europa meridional ou Europa do sur ás veces chamada a Europa mediterránea é unha subrexión do continente europeo. Actualmente non existe unha definición definitiva xa que hai moitos factores que inflúen coma a lingua, a relixión, a cultura, a historia e a xeografía. Xeralmente inclúense nesta definición a España, a Portugal, a Italia e a Grecia, xeralmente ós países mediterráneos do continente europeo. O sur de Francia e o 3% do territorio turco na Europa, adoitan incluírse nesta definición.

Grazalema

Grazalema é un municipio da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 2.227 habitantes. A súa extensión superficial é de 121 km² e dista 142 quilómetros da capital provincial, Cádiz. Cabe destacar que neste concello rexístranse máis de 1.962 mm de precipitación ao ano, un valor pouco común para unha zona de clima mediterráneo. Atópase situado a unha altitude de 812 metros, na estrada que une Arcos de la Frontera con Ronda (na provincia de Málaga), aos pés da Serra do Pinar, dentro do Parque Natural Serra de Grazalema.

Llíria

Llíria é un concello do leste de España, pertencente á provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana. Forma parte da comarca do Camp de Túria. Segundo os datos do INE de 2009, conta con 22.706 habitantes, en 228 km² de superficie.

O termo municipal esténdese desde as montañas de Alcublas e Marines, ata o val do río Turia.

Na economía do concello ten grande importancia a agricultura, moi apta debido ó tipo de terreo e ó clima mediterráneo.

Meseta Norte

Meseta Norte ou Submeseta Norte é a denominación que recibe a parte norte da Meseta Central española, situada ao norte do Sistema Central. Abarca a maior parte da Comunidade Autónoma de Castela e León. Caracterízase por un clima mediterráneo con trazos de continentalidade: invernos longos e fríos e veráns curtos e cálidos. A súa peculiar paisaxe, chairo e desprovisto de vexetación deu lugar á imaxe tradicional da España interior.

Ata datas recentes a agricultura de secaño foi o principal recurso económico desta rexión. Con todo, desde que en 1986 España ingresase na entón Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea), a agricultura tivo que deixar o seu sitio a outras actividades e a poboación activa do sector primario reduciuse enormemente.

Olesa de Montserrat

Olesa de Montserrat é un concello da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca do Baix Llobregat e por onde pasa o río Llobregat.

Patras

Patras (en grego: Πάτρα grego antigo e Katharevousa: Πάτραι Pátrai, latín Patrae) é a terceira cidade máis grande de Grecia. É o centro político, económico, administrativo e cultural do oeste de Grecia.

A cidade é a capital da prefectura de Grecia de Acaia e da periferia de Grecia Occidental, e é o principal centro urbano da península do Peloponeso, ao pé do monte Panacaico, que domina o Golfo de Patras), que é, de feito, unha enseada do mar Xónico.

Patras está situada a 215 km ao oeste de Atenas por estrada, a 94 km ao nordeste de Pyrgos, a 7 km ao sur de Rio, a 134 km ao oeste de Corinto, a 77 km ao noroeste de Kalavryta, e a 144 km ao noroeste de Tripoli.

O concello de Patras tiña unha poboación de 213.984 (en 2011). O asentamento central ten unha historia que abarca catro milenios, no período romano converteuse nun centro cosmopolita do Mediterráneo oriental mentres que, segundo a tradición cristiá, era tamén o lugar do mártir de Santo André. De acordo cos resultados do censo de 2011, a área metropolitana ten unha poboación de 260.308 habitantes e esténdese por unha área de 738´87 km².

Coñecida como a porta occidental de Grecia, Patras é un centro comercial, mentres que o seu axetreado porto é un punto nodal para o comercio e a comunicación con Italia e co resto de Europa occidental. A cidade conta con dúas universidades públicas e un Instituto Tecnolóxico, onde se atopa unha gran poboación estudantil e fai de Patras un importante centro científico. A ponte Rio-Antirio conecta o suburbio máis próximo ao Río de Patras coa cidade de Antirio, conectando a península do Peloponeso coa Grecia continental.

Todos os anos, en febreiro, a cidade alberga un dos entroidos máis grandes de Europa, as características destacadas do Entroidol de Patras inclúen as súas xigantescas carrozas, bailes e desfiles satíricos, que gozan centos de miles de visitantes baixo o clima mediterráneo. Patras tamén é famosa por apoiar unha activa escena cultural indíxena principalmente nas artes escénicas e unha literatura urbana moderna. Foi Capital Europea da Cultura en 2006.

Provincia de Nápoles

Nápoles (en italiano Nápoli) é unha provincia da rexión de Campania, con capital en Nápoles, no sur de Italia. Conta cunha poboación de 3.079.685 habitantes, nunha extensión de 1.171 km².

A provincia esténdese por unha estreita chaira costeira con numerosos cantís e cuberta por estribacións montañosas apeninas e formacións volcánicas entre as que destaca o Vesuvio, volcán sobre o que se asentan poboacións con importantes restos romanos, como Pompeia e Herculano, destruídas no 79 por unha erupción.

De clima mediterráneo, destacan os cultivos de trigo, vides, oliveiras e cítricos). A industria concéntrase en Nápoles e as súas poboacións máis próximas e o turismo é unha fonte de ingresos moi importante na que é unha das zonas con menor renda per cápita de Italia.

Rincón de Soto

Rincón de Soto é un municipio rioxano, situado ao leste de Logroño e pertencente á comarca de Alfaro. Ten 3.710 habitantes segundo os datos do INE a 1 de xaneiro do 2008.

O norte do municipio está atravesado polo río Ebro. O cultivo principal da localidade é a pera que conta coa «denominación de orixe Rincón de Soto».

Rincón de Soto ten un clima mediterráneo coa correspondente flora característica. A súa situación xunto ao Ebro fai que o seu territorio sexa principalmente chairo e estea cheo de hortas con produtos típicos que son parte da paisaxe. Crecen, ademais, nestes campos os tamarices, salgueiros e chopos.

O concello é moi coñecido na Rioxa polas súas casas do século XVIII, que chaman a atención polos seus fermosos patios; polas súas dúas avenidas que se cruzan perpendicularmente; e pola súa igrexa de estilo barroco.

África do Norte

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

Érbedo

O érbedo (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos ou morotes). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.