Clima continental

O clima continental é un clima rigoroso no cal as diferenzas de temperaturas entre inverno e verán, día e a noite, son enormes. Os veráns son quentes e os invernos moi fríos con xeadas acotío (por atinxir temperaturas baixo 0 °C) e chuvias escasas. Estas características prodúcense por localizarse no interior dos continentes ou por rexións illadas por cadeas montañas que impiden a influencia marítima.

Aínda que por clima continental entendemos aquel que con características específicas, se dá en territorios de latitude media, outros climas poden presentar influencia da continentalidade (escaso atemperamento das temperaturas por influencia do mar); así nas zonas interiores ecuatoriais de Brasil e o centro de África o clima tropical está continentalizado, pois son as maiores amplitudes térmicas diarias. Os desertos extensos como o Sáhara tamén poderían presentar un "clima con influencia continental" onde o mar non atempera. Agora ben, estritamente falando é "clima continental" unicamente o que se acha na zona de latitude media do planeta.

Montreal - Plateau, day of snow - 200312
Nevada na cidade canadense de Montreal, que posúe un acentuado clima continental.

Distribución

ClimateMoscowRussia
O clima da cidade de Moscova é un bo exemplo de continentalidade, invernos longos e con moi baixas temperaturas e grande amplitude térmica anual, ademais de escasas chuvias.

O clima continental aparece especialmente no hemisferio norte do planeta: Siberia (exceptuando o norte), o interior dos Estados Unidos e o Canadá, Europa central e oriental, Asia central, interior da China, Irán e certas zonas do norte de África e o cono sur.

O fenómeno do clima continental amplíase a outros climas que se modifican pola presenza de barreiras montañosas que impiden a influencia mariña ou ventos fríos procedentes dos polos que poden influír en extremar as temperaturas e levar a continentalidade ata o mar (a costa leste de Estados Unidos, as beiras do mar Negro ou mar Báltico etc).

O clima continental está case limitado ao hemisferio norte do planeta, basicamente porque a maioría de terras emerxidas nesa latitude media se atopan alí, coa excepción de zonas da Arxentina en Sudamérica, pero neste subcontinente a parte de latitude media é estreita, sendo escasas as zonas de clima continental.

Suráfrica e Australia localizadas en latitudes medias no hemisferio sur, non posúen clima continental, pola estreiteza no caso do primeiro, e pola creación do deserto nas zonas interiores do segundo.

Cidades con clima continental

Malia o desapracible do clima continental, boa parte das maiores cidades do mundo, tanto en poboación como desenvolvemento económico están en zonas con este clima, pénsese en Chicago, Montreal, Toronto, Teherán, Berlín, Madrid, Minsk, Kiev, Pequín, Saraxevo, Viena, Múnic, Milán, Turín, Ankara, Belgrado, Bucarest, Budapest, Praga, Sofía, Varsovia...

Das capitais de países co clima continental máis severo no mundo é Moscova en Rusia, Astana, en Casaquistán, Ulan Bator, en Mongolia...

Tipos de clima continental

Como o clima continental é en realidade a dexeneración dun clima determinado, hai infinidade de tipos cuxos trazos en común son as temperaturas extremas:

  • Clima continental frío ou siberiano: é o máis severo, dáse en toda Siberia exceptuando o norte (que é nival), e o centro leste do Canadá, a media anual está por baixo dos 0 °C, con longos invernos, a amplitude térmica é enorme de máis de 50 °C, os curtos veráns son mornos.
  • Clima continental monzónico ou manchuriano: dáse no norte de China, Corea do Norte, os arredores da cidades rusas como Vladivostok. Menos extremado có siberiano, posúe veráns máis cálidos, a media anual é superior aos 0 °C aínda que inferior aos 10 °C. Ademais dun período maior de choivas en torno aos 500mm. É basicamente un clima monzónico temperado extremado en amplitude térmica.
  • Clima temperado continental húmido: dáse na Rusia Europea (exceptuando a franxa norte) a maior parte de Europa oriental e central, centro e nordés de Estados Unidos, e sueste do Canadá. Similar ao manchuriano, aínda que con temperaturas medias algo máis baixas e menos precipitacións, así como máis irregulares. É a dexeneración do clima atlántico ou marítimo.
  • Clima mediterráneo continentalizado: dáse no interior da Península Ibérica, norte de Italia, as zonas amesetadas de Suíza, interior de Grecia, interior de Anatolia, o atlas sahariano e zonas amesetadas de Alxeria.
  • Clima continental árido: dáse en Asia central, Mongolia, centro-oeste de América do Norte nos lindes das montañas rochosas.
A Bola

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Autol

Autol é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, España. Polo municipio transcorre o río Cidacos.

Avión

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é avionés.

Cabalar, A Capela

Santa María de Cabalar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 300 habitantes distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Carballo (árbore)

Para atopar máis información ou consultar a especie normalmente chamada "carballo", véxase o artigo Carballo común.

Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do xénero Quercus da familia Fagaceae. O xénero é nativo do hemisferio norte e inclúe tanto especies caducifolias coma persistentes. Os Querci (carballos) esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Eurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Cómpre ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus.

Diferentes especies de carballos son moi frecuentes en toda Galicia, salientando o carballo común (ver lista de especies habituais en Galicia abaixo). De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.

As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, a extensión das carballeiras incrementouse nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.

Clasificación climática de Köppen

A clasificación climática de Köppen é unha clasificación fisionómica dos climas da Terra, desenvolta por primeira vez polo científico ruso-alemán Wladimir Köppen en 1884 e modificada posteriormente por el mesmo en 1918 e 1936, e polo climatólogo alemán Rudolf Geiger en 1961.

Establece unha tipoloxía climática baseada en combinacións das medias anuais e mensuais dos valores termopluviométricos. Estas combinacións dan lugar a cinco tipos principais de clima correspondidos a outros tantos conxuntos de vexetación: a selva ecuatorial, a sabana e a estepa, os bosques de caducifolias e de coníferas, a tundra e o deserto. A estes cinco tipos se lle engaden dous que responden ás particularidades climáticas das zonas de montaña e de alta montaña.

Deste xeito, os sete principais tipos climáticos, que atenden a valores das temperaturas e coinciden na súa maior parte coas grandes zonas climáticas terrestres, se representan por letras maiúsculas. Logo, tendo en conta a distribución zonal das precipitacións, faise unha división dos grupos anteriores en subgrupos designados por letras minúsculas. Por último, realiza unha caracterización máis específica das características térmicas engadindo unha terceira letra, tamén minúscula.

Cleveland, Ohio

Cleveland é unha cidade estadounidense que pertence ao estado de Ohio. É a sede do condado de Cuyahoga, o máis poboado deste estado. Segundo o censo de 2010, a cidade de seu ten un total de 396.815 habitantes, convertendo a Cleveland na cuadraxésimo quinta cidade máis grande dos Estados Unidos, e na segunda máis grande de Ohio.

Clima

O clima comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

A definición polo glosario IPCC é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate ChangeOs límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

Idaho

Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, tiña o 2007 unha poboación de 1 499 402 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.

Iowa

Iowa, é un dos 50 estados dos EEUU. A súa capital é Des Moines. Ten unha superficie de 145.743 qm2, e 2 926 324 habitantes. Ingresou na unión o 28 de decembro de 1846.

O nome de Iowa está tomado da tribo do mesmo nome, os iowa.

Minneapolis, Minnesota

Minneapolis é a maior cidade de Minnesota e o centro do Condado de Hennepin. Linda con Saint Paul, a capital e segunda maior cidade do estado. Xuntas forman o centro da área metropolitana das Cidades Xemelgas, a décimo quinta maior aglomeración urbana do país, cuns tres millóns de residentes. No censo de 2000, a cidade tiña unha poboación total de 382.618 habitantes, o que a convertía na cuadraxesimoséptima maior cidade dos Estados Unidos.

A cidade atópase na parte suroeste do estado e esténdese ao longo do río Mississippi. Tamén hai 24 lagos na cidade. Este feito levou a Charles Hoag, o primeiro mestre de escola de Minneapolis, a suxerir un nome derivado de minne, a palabra dakota para auga, e polis, a palabra grega para cidade. Outros nomes considerados no seu tempo foron Brooklyn e Albion. A cidade é coñecida tamén como a "Cidade de Lagos", unha expresión que aparece en moitos vehículos e propiedades municipais. O centro xeográfico da cidade está xusto nos 45 graos de latitude norte. Hai unha pedra na parte norte do Parque Wirth que ten unha placa que marca o lugar exacto por onde pasa o paralelo.

Montefurado, Quiroga

San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. En 2011, segundo o IGE, tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).

Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

O Parque nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici foi creado en 1955 e é o único parque nacional español situado na comunidade autónoma de Cataluña.

Está situado na parte central dos Pireneos repartido entre catro comarcas pirenaicas: a Alta Ribagorça, o Pallars Sobirà, o Pallars Jussà e o Val de Arán, na provincia de Lleida, abarcando, no seu parte central, territorio dos termos municipais de Espot e La Vall de Boí.

Presenta dúas áreas: a oriental, de clima continental e regada polos afluentes do Noguera Pallaresa, que alimentan o lago de Sant Maurici, e a occidental (Aigüestortes), de clima atlántico de alta montaña e bañada polos tributarios do Noguera Ribagorzana.

A xeografía do parque é de alta montaña porque gran parte do territorio excede os 1.000 msnm, con picos que superan os 3.000 msnm. Abundan os lagos de orixe glaciar cuaternario. Destacan, entre todos, dous vales: ao oeste o val do río San Nicolás, cos seus característicos prados e meandros dos que provén o nome de "Aigüestortes" (augas tortuosas). Ao leste o val de río Escrita co lago de Sant Maurici.

O parque ten un gran valor biolóxico. Os grandes desniveis que presenta orixinan os diferentes ecosistemas: prados, cultivos e bosques caducifolios nas cotas máis baixas, bosques de folla perenne nas cotas medias, e prados e rocas de alta montaña nas cotas máis altas. Dado que desde fai anos foi un espazo protexido e o seu acceso relativamente inaccesible, preservou a flora e a fauna nun estado bastante salvaxe. A pesar de todo, a pegada do home é inevitable e o parque aínda está explotado polo gando, o turismo e as centrais hidroeléctricas.

Península de Crimea

A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada por a auga.

Os seus nomes oficiais son:

півострів Кримський, en ucraíno

полуостров Крымский, en ruso

Qırım Yarimadasi, en tártaroA península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014.

Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.

Está rodeada por dous mares, o mar de Azov e o mar Negro, e só se conecta coa parte continental de Ucraína a través do istmo de Perekop de 8 km de ancho.

Crimea formou parte do Khanato de Crimea e do Imperio otomán. O 8 de abril de 1783, Catarina II de Rusia anexionou de facto ao Imperio ruso a península integrándoa na gobernatura de Táuride.

Na actualidade, a República Autónoma de Crimea compón a maior parte da península.

Provincia de Ávila

A provincia de Ávila forma parte da comunidade autónoma de Castela e León. A súa capital é Ávila e conta cunha poboación de 167.032 habitantes e unha superficie de 8.050 km².

Xeograficamente distínguense tres rexións diferenciadas:

A zona norte, continuación da Meseta Norte, caracterizada polas súa paisaxe chá e os seus materiais sedimentarios. É unha zona de clima continental con longos e fríos invernos e veráns curtos pero calorosos. Comprende as comarcas da Moraña e a Terra de Arévalo.

A zona central, onde se localizan as zonas de montaña (Serra de Gredos, Serra da Paramera, Serra de Ávila, Serra de Villafranca) coas súas grandes formacións de granito que alcanzan a súa maior altitude na Praza do Mouro Almanzor, que con 2.596 metros é o cume culminante da Serra de Gredos e a máis elevada de todo o Sistema Central. O seu clima de montaña caracterízase en moitas zonas por temperaturas moi baixas no período invernal e veráns curtos e pouco calorosos.

Para rematar, a zona sur que comprende o Val do Tiétar e o Val do Alberche, caracterizado pola súa baixa altitude e un clima máis benigno. Nesta parte é fácil atopar cultivos de laranxeiras e de oliveiras. As poboacións máis importantes desta zona son Areas de San Pedro e Candeleda.

San Petersburgo

San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), coñecida noutras épocas como Leningrado e Petrogrado, é unha cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Neva no golfo de Finlandia.

Tampere

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 habitantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo.

Villaescusa de Haro

Villaescusa de Haro é unha localidade do sur-oeste da provincia de Cuenca, en Castela A Mancha, España. No ano 2014 a poboación era de 550 habitantes.

Zagreb

Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 779.145 habitantes (2001), 1.200.000 contando a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.